Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





26 abr 2010

Proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras

A Consellería do Mar convoca axudas para a realización de proxectos de promoción sociocultural e divulgación nas comunidades pescadoras e no sector pesqueiro.
Poderán acollerse a estas axudas os seguintes proxectos de actuación:
1. Formación: que teñan como finalidade a formación de pescadores e de mulleres do sector pesqueiro en áreas de coñecemento relacionadas coa pesca e a súa tecnoloxía.
2. Ambiente:
2.1. Que teñan como finalidade a formación en materia ambiental sobre o mar e a pesca, a divulgación sobre os valores e o uso sustentable de áreas litorais e sobre a pesca responsable.
2.2. Que teñan como finalidade a protección e conservación de áreas e espazos litorais e marítimos.
2.3. Que fomenten o uso de enerxías e tecnoloxías limpas e de materiais reutilizables e reciclables nas actividades pesqueiras e portuarias.
3. Patrimonio marítimo: que teñan como finalidade a conservación, restauración ou recuperación de elementos do patrimonio marítimo en xeral e da pesca en particular, tanto mobiliario coma inmobiliario, así como a súa posta en uso.
4. Iniciativas culturais vinculadas ao mar: que teñan como finalidade conservar, recuperar, divulgar ou afianzar a cultura marítima e pesqueira en calquera das súas manifestacións e creacións.
Poderán ser beneficiarios das axudas:
1. As confrarías de pescadores e as súas federacións, e as organizacións de produtores pesqueiros recoñecidas. As agrupacións ou asociacións de acuicultores, mariscadores ou outros profesionais do sector marítimo e pesqueiro e as súas federacións.
2. Asociacións declaradas de utilidade pública, fundacións e outras institucións sen ánimo de lucro.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de maio de 2010.
Máis información no DOG do 21 de abril de 2010 e en http://conselleriamar.xunta.es
Información:http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions

No hay comentarios:

Publicar un comentario