Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





15 jul 2010

CIBER -aula


CIBER aula

Na CASA DA MOCIDADE

NON TES CONEXIÓN NA TÚA CASA?

SÍNTESTE DESCONECTADO???

CONÉCTATE NO NOSO CIBER!!!


Este espazo da Casa da Mocidade está destinado no modo de “acceso libre” a todos os rapaces e rapazas do Concello de Culleredo en idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.
Tamén, de maneira puntual, a determinadas actividades con monitoraxe, poderán ter acceso rapaces entre os 12 e 14 anos.

Está equipado con varios ordenadores con conexión a internet de banda ancha.

Do mesmo xeito, en todas as salas da Casa hai conexión Wi-Fi, así que tamén podes traer o teu portátil.
Só precisas ser soci@ da Zona Moza, e para ver como obtelo simplemente pincha no carné da portada do blog

Carné e ciber son de balde!!!

HORARIO

MAÑÁ: 11:00 A 14:00 h

TARDE: 17:00 A 21:00 h

13 jul 2010

OBRADOIRO DE COCIÑA

NON SABES FRITIR NIN UN OVO???

GUSTARÍACHE VALERTE POR TI MESMO???

Tes entre 12 e 30 anos???

Apúntate xa no Obradoiro de Cociña e vida independente!!!
Deixaras alucinada á túa xente con toda clase de pratos!!!
Todos os venres de 17:30 a 20:00 na cociña da Escada.
Anótate na Casa da Mocidade (O Burgo)
De luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

ESPERÁMOSTE!!!

9 jul 2010

O Mellor Jazz Galego no Burgo




Programación:

Venres 9 de xullo - ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples, actuará "ABE RÁBADE" (Zigurat)
Luns 12 de xullo - ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o "SEXTETO DE SAXOFÓNS DO Conservatorio de Culleredo" e "ART & SOUNDS MUSIC CLUB"
Martes 13 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o grupo "3AZOTEAS"
Mércores 14 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuación de: "ÁNGELES DORRÍO CUARTETO"
Xoves 15 de xullo ás 20:30 h. no Xardín Botánico "Ría do Burgo" "CARLOS CHILDE TROUPE"
Venres 16 de xullo ás 20:30 h. no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo, ocupan o escenario ROBERTO SOMOZA OCTETO - "THE VANGUARD"

Máis información: www.culleredo.es

8 jul 2010

RECORDA QUE NA CASA DA MOCIDADE…

Podes participar en moitas actividades!!!

Este verán, non te aburras e ven a:

- Taller de vídeos musicais: os mércores de 18:30 a 20:00
- Teatro mozo: os martes de 18:30 a 20:00
- Zona de Baile-Batuka: os xoves de 17:30 a 19:00
- Obradoiro de cociña: 0s venres de 17:30 a 20:00

NON O PODES PERDER!!!
TODO MOI PRETO DE TI!!!

NA CASA DA MOCIDADE DO BURGO!!!

7 jul 2010

Ensinanzas Deportivas en Galicia

Convócanse probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2010-2011 (DOG do 2 de xullo de 2010).
1. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en Educación Secundaria e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en Educación Secundaria deberá ter 17 anos e superar a proba de madurez, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madurez poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madurea, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
c) A proba de madurez poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
O prazo para inscribirse nas probas estará aberto ata o día 31 de xullo de 2010.
Máis información no DOG do 2 de xullo e en www.edu.xunta.es/ea
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino

Prazas temporais de Enxeñaría en Informática ou Enxeñaría en Telecomunicacións.

A Universidade da Coruña convoca 5 prazas temporais (2 meses) na facultade de Informática.
O traballo desenvolverase na facultade de Informática no proxecto “Axuda do programa de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitiva”.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 8 de xullo en 4 prazas e ata o 12 de xullo nunha praza.
Máis información : www.udc.es

Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia

A Consellaría de Traballo e Benestar convoca axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
Serán beneficiarias das axudas desta orde as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, unha persoa.
As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:
Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados de forma predominante por homes.
Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas estará aberto ata o 2 de agosto de 2010.
Máis información para coñecer os requisitos, liñas de actuación subvencionables…
DOG do 30 de xuño de 2010
http://traballoebenestar.xunta.es

Subvencións para o desenvolvemento da Sociedade da Información

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza.

As actuacións subvencionables estrutúranse nas seguintes liñas de actuación:
Liña A: eventos de promoción e difusión da Sociedade da Información.
Liña B: actuacións de difusión dirixidas á cidadanía en xeral.
Liña C: actuacións de difusión dirixidas ás pemes.
Liña D: investimentos necesarios para a promoción da sociedade da información nas entidades de interese social.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 2 de agosto de 2010.
Máis información no DOG do 30 de xuño de 2010
http://imit.xunta.es

1 jul 2010

Concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias"



Os Museos Científicos Coruñeses convocan un concurso para a elaboración de audiovisuais relacionados coa Casa das Ciencias, dentro dos actos de celebración do seu 25 aniversario.O obxectivo do concurso "Leva a Cámara á Casa das Ciencias" é promover a produción de dous proxectos audiovisuais en homenaxe a esta institución museística.

Data de inscrición:
ata 9 de xullo de 2010
Dotacion:
1.000 € para cada un dos proxectos gañadores.
Información:
Casa de las Ciencias
tel 981 189844 fax 981 189845 domus@casaciencias.org


Premio Internacional PENTAFINIUM XACOBEO

A Federación Española de Amigos do Camiño de Santiago organiza e convoca este Premio, para promover tanto a Investigación, como a expresión artística xacobea por medio das Belas Artes, Música, Imaxe e Literatura, sobre a rica e diversa realidade que o fenómeno da Peregrinación creou ao longo dos séculos e dos Camiños de Santiago.

Data de inscrición:
ata 26 de xullo de 2010

Dotacion:
Primeiro: 500€
Segundo: 300€
Accésit: 100€

Información:
Federación Española de Asociacións dos Amigos do Camiño de Santiago
Rúa Ruavieja 3, baixo 26001-Logroño (A Rioxa)
Telf: (34) 941-245-674
caminosantiago@caminosantiago.org

Enlace:
http://www.caminosantiago.org

Campamento taller de cine Egaci.

A Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia organiza para o verán 2010 o primeiro campamento Taller de cine dirixido a mozos de 11 a 17 anos.
Horario:
1º quenda: do 15 ao 31 de xullo.
2º quenda: do 1 ao 15 de agosto.
Entrada:
Aloxamento e pensión completa: 800 euros.
Réxime externo (con comidas) 350 euros.
información
EGACI
Avenida da Ponte 80, Cabral
Tel. 986 251 511/ 986 378 467

Revela Oleiros 2010 : Morrer de Infancia



Foro Internacional de fotorreportaxe e sociedade.

Informacion
C. C. A Fábrica, Perillo - Oleiros
20:30 h. [ Rúa do ingles S/N ]

Coloquio "Construíndo Comunidade contra as Violencias Machistas"

A coordenadora comarcal da Marcha Mundial das Mulleres na Coruña convídavos ao coloquio "Construíndo comunidade contra as violencias machistas" .
Enlace:
http://www.feminismo.info/webgalego/

Data:
mércores 30 xuño ás 18:30

Lugar:
Centro Cívico de Pescadores (Rúa Cangas do Morrazo, 10 - detrás do IES Agra do Orzán).

Campamentos deportivos. Verán 2010

Oferta dos Campamentos Deportivos do Verán de 2010, organizados por entidades deportivas da Coruña en colaboración coa Concellería de Deportes.

- Campamento De Equitación E Aventura (1ª quenda)
- Campus De Fútbol AFAC 1ª quenda
- Campus De Ximnasia Rítmica Axiga
- II Campus De Multideporte Ártabro
- Sports Campus In English 3 ao 31 de agosto
- Campus Milenium
- Campamento Urbano Basquet Coruña 1ª quenda
- Campus Tecnificación Moncho López
- Campamento Urbano Basquet Coruña 2ª quenda
- Campamento De Verán La Solana 2010 - 5 ao 6 de xullo
- Campus "Patinarte 2" Maxia De Verán
- Campus Deportivo Zalaeta
- III Campus De Verán De Ximnasia Artística
- IX Campus De hóckey Sobre Patíns 1ª quenda
- Campus De Tenis 30 de xuño
- Multideporte Verán - 1ª quenda
- Campus Supera - 1ª quenda


Enlace:
www.coruna.es/deportes

10 prazas do Corpo de Axudantes Técnicos Sanitarios de Institucións Penais.

O Ministerio do Interior convoca probas selectivas para cubrir 10 prazas do Corpo de Axudantes Técnicos Sanitarios de Institucións Penais polo sistema xeral de acceso libre.

Data:
prazo até 12-07-2010.

55 prazas do Corpo Nacional de Médicos Forenses.

O Minsiterio de Xustiza convoca probas selectivas para cubrir 55 prazas do corpo nacional de médicos forenses, polo sistema de oposición

Data:
prazo até 12-07-2010.

937 prazas do Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.

O Ministerio de Xustiza convoca proceso selectivo para cubrir 937 prazas do Corpo de Auxilio Xudicial.

Data:
prazo até 12-07-2010.

5 prazas de programador no Centro de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións do Congreso dos Deputados.

A Presidencia do Congreso dos Deputados convoca proceso selectivo para cubrir 5 prazas de Programador.

Data:
prazo até 05-07-2010.

10 prazas do Corpo Facultativo de Sanidade Penal.

O Ministerio do Interior convoca probas selectivas para cubrir 10 prazas do Corpo facultativo de sanidade penal polo sistema xeral de acceso libre.

Data:
prazo até 18-07-2010.

Prazas para a administración xeral do estado.

O Ministerio da Presidencia convoca procesos selectivos para o ingreso no corpo xestión da administración civil do estado (ingreso libre, 16 prazas) e no corpo xestión de sitemas e informática da administración do estado (ingreso libre, 30 prazas).

Data:
prazo até 20-07-2010.

1 praza de traballador/a social para o concello de Aranga.

O concello de Aranga convoca concurso-oposición para cubrir unha praza de Traballador/a social.
Data:
prazo até 20 días naturais a partir da publicación no BOE.

2 prazas de xuristas para o concello de Ferrol.

O concello de Ferrol convoca oposición en quenda

Data:
prazo até 18-07-2010.

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010. 3 convocatorias: Convocatoria de maio para Galicia, Convocatoria de outubro para América e Convocatoria de novembro para Galicia, España e Europa,
información
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Gabinete Provincial
Edificio Administrativo de Monelos

Enlace:
http://www.xunta.es/linguagalega/

Publicación:
DOG: 08-02-2010

Probas de selección para gardas particulares do campo e as súas especialidades.

Prazo de inscrición nas probas: Convocatoria 2010/11: até o 02 de marzo de 2010. Convocatoria 2010/2012: do 1 ao 15 de setembro de 2010.

información
Servizo de Protección e Seguridade. Dirección Xeral da policía e da Garda Civil.
C/ de Guzmán o Bo, 110
28003. MADRID.
Publicación:
BOE do 15 de febreiro de 2010

Probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de viaxeir

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras convoca as probas de constatación da capacitación profesional para o exercicio das actividades de transporte interior e internacional de mercadorías e de transporte interior e internacional de viaxeiros. 2 convocatorias: Prazo 1ª convocatoria até 08-03-2010. Prazo 2ª convocatoria: do 2 ao 20 de agosto de 2010.
información
Dirección Xeral de Mobilidade
Santiago de Compostela
Tlf. 981 54 43 89/ 981 54 45 85
Formacion.transportes@xunta.es
Publicación:
D.O.G. 18-02-2010

Exames ordinarios libres para a obtención de titulacións de lecer.

A Consellería do Mar convoca exames ordinarios libres correspondentes a 2010 para a obtención de titulacións de lecer. Modalidades 1. Patrón de navegación básica (PNB). 2. Patrón de embarcación de lecer (PEL). 3. Patrón de iate (PI). 4. Capitán de iate (CI). 5. Patrón de moto náutica A. 6. Patrón de moto náutica B.

información

Delegación Provincial da Consellería
Ramón y Cajal 1, (Casa do Mar)
Tl. 981 182 000
Publicación:
DOG: 25-02-2010

Bolsas Leonardo dá Vinci. Prácticas profesionais na Unión Europea.

A Asociación cultural Integra convoca bolsas para prácticas profesionais en Alemaña, Italia e Portugal.

Requisitos:
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III. Alemaña (Ausburg) Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Medio Ambiente, Xestión Cultural e Social, Enxeñaría.
Ter un nivel B1 ou B2 en alemán.
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III: Italia (Vibo Valentia):
Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Medio Ambiente e desenvolvemento sustentable, Xestión cultural e social, Deseño de interiores.
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III. Portugal (Viseu):
Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Innovación empresarial e Tics, Xestión Cultural e Social.
 Residir ou ser orixinario de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Andalucía.
Non participar con anterioridade no Programa Leonardo dá Vinci Mobilidade.
Data:
Prazo de solicitude até esgotar prazas
Informacion
Integra:
Travesía República Dominicana 6, baixo
15010 A Coruña
Tlf. 981 260 365/ 981 005 194
Web
http://www.integra.org.es

Axudas a traballadores/as afectados/as por situacións de especial dificultade.

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas de carácter extraordinario a traballadores e traballadoras afectados por situacións de especial dificultade como consecuencia de procesos de reestructuración de empresas de Galicia que supoñan a extinción dos seus contratos.

Requisitos:
 As axudas poderán ser solicitadas de xeito individual directamente polas persoas traballadoras ou por unha persoa que as represente ou, en nome dun colectivo e de forma conxunta,
Data:
prazo até 19-07-2010.
Informacion
Consellería de Traballo e Benestar
Departamento Territorial:
Edificio Proa- Matogrande. A Coruña.
Publicación:
DOG: 18-06-2010

Subvención Faro Global.

Subvención para o fomento da mobilidade de estudantes de universidades españolas mediante un programa de prácticas formativas en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia (India, China, Singapura, Corea do Sur, entre outros) (programa Faro Global).
Requisitos:
Poderán acollerse á axuda prevista nesta convocatoria as universidades e entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia
Data:
prazo ata 04-07-2010
Información:
Ministerio de Educación
R/ Los Madrazo, 15-17.
28071 Madrid
Publicación:
BOE: 19-06-2010

Prazas de colaboradores bolseiros nas residencias xuvenís.

A Consellería de Traballo e Benestar convoca prazas de colaboradores bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da consellería.
Requisitos:
 Mozo/as españois, nacionais dalgún país membro da UE ou residentes en España no momento da solicitude.
 Idade mínima de 18 anos e non superar os 30 anos de idade.
 Cursar estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, ou ciclo formativo de grao superior que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
 Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador por causa imputable ao solicitante.
 Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
Data:
prazo até 26-07-2010.

Informacion
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Departamento Teritorial
/Enrique Mariñas s/n. Matogrande. A Coruña. Tfno. 881 881 236.
PUBLICACIÓN:
DOG do 25 de xuño 2010

Prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas.

A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades españolas e estranxeiras.

Requisitos
 Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos países membros da Unión Europea.
 Licenciados/as en filoloxía galega, en filoloxía hispánica (subsección de galego-portugués) ou en filoloxía románica,
 Os licenciados/as en tradución e interpretación poderán solicitar as prazas para os lectorados localizados en Alemaña, Reino Unido, Polonía, Croacia e Francia
Data:
prazo até 26-07-2010.

Informacion
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Departamento Territorial
Edificio Administrativo de Monelos
A Coruña
publicación:
DOG do 25-06-2010

220 Prazas nas residencias xuvenís dependentes da consellaría de traballo e benestar curso 2010/2011 residencia xuvenís de Lugo, Ourense e Vigo

 Mozos/as españois, nacionais dalgún país membro da UE ou estranxeiros residentes en España no momento da solicitude.
 Non superar os 30 anos de idade.
 Non ter no seu lugar de residencia familiar os estudios que desexa realizar.
 Cursar estudos de ciclos formativos de grao medio, de bacharelato, de ciclos formativos de grao superior, estudos universitarios de grao, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

Prazo: até 09-07-2010.

Informacion
Dirección Xeral de xuventude e voluntariado Enrique Mariñas s/n. Matogrande.
A Coruña Tel. 881 881 236
DOG: 22-06-2010

http://www.xuventude.net/web/xuventude/bolsas