Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





13 ene 2011

IX Premio de composición musical Andrés Gaos

Coa finalidade de recoñecer o nome de tan insigne músico e compositor coruñés e acrecentar a gran tradición musical da nosa provincia, a Deputación da Coruña convoca o IX Premio de composición musical Andrés Gaos,

- Poderán optar ao premio todos os compositores, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade.

- Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

- As obras serán de tema e extensión libres.

- Nas bases aparece o modelo orquestral máximo para a execución das obras.

- Cada obra presentarase baixo o sistema de plica, polo que se enviará acompañada dun sobre aparte. No exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou seudónimo do seu autor. No interior incluirase unha copia do documento de identidade, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico e unha declaración expresa de que a obra é inédita e non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame.

- O prazo de presentación de orixinais finalizará o 15 de febreiro de 2011.

Os orixinais enviaranse a Deputación da Coruña, avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre: “IX Premio de composición musical Andrés Gaos”.

Podes consultar as bases no BOP do 28 de decembro de 2010.