Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





21 mar 2011

CONCERTO SOLIDARIO “En clave de solidariedade”


VENRES 25 DE MARZO ÁS 19.30H
Conservatorio de Música



Actúan:

alumnos e alumnas do Conservatorio



Interveñen :

ONGDS Asemblea de Cooperación pola Paz,

Cáritas de Vilaboa, Mestura, Mundo Cooperante ,

Terra de Homes e OMVOL de Culleredo.



Organizan: Conservatorio de Música e Concellaría de Mocidade e Voluntariad

17 mar 2011

XuvenTur - Turismo no rural

Que é?
É un programa con actividades de turismo deportivo e de aventura que se levará a cabo en diferentes establecementos rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo-TURGALICIA.
Ofrécense distintas alternativas de participación, entre os meses de abril a xuño, excluída a Semana Santa.
Quen pode participar?
Poderán participar aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.
Obxectivos do programa
• Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, para promover o seu respecto.
• Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia.
• Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
O programa inclúe
• Aloxamento en casas de turismo rural (noites de venres e sábado). O aloxamento será sempre en cuartos dobres (de unha ou dúas camas) e poderase escoller a persoa con quen compartilos. En caso de inscricións individuais asignarase un compañeiro/a.
• Manutención completa (venres:cea; sábado:almorzo, picnic e cea; e domingo:almorzo).
• Transporte das persoas que participan desde o aloxamento ata o lugar onde se realizarán as actividades.
• Programa de actividades, equipo de monitores, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
• O desprazamento ata os aloxamentos será por conta dos participantes, tanto para o día de incorporación como o día de remate da actividade.
• A incorporación realizarase o venres pola noite antes das 21.00 horas.
Condicións de participación
• Son viaxes en grupo e, polo tanto, terán que respectarse os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas coma para os servizos opcionais.
• Durante a estancia nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
• Os organizadores das actividades reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo,-incluso de cancelalo,- en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
• A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas.
• A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes.
• Se calquera dos participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da viaxe, poderá ser expulsado da actividade correspondente.
• Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante a viaxe.
• A incorporación realizarase o venres pola tarde antes das 21.00 h, e a saída será ao remate da actividade que será sempre os domingos antes do xantar.
• A participación no programa supón a aceptación das condicións deste; noutro caso poderá excluírse do programa ao participante que as incumpra.

Material necesario
Útiles de aseo, roupa e zapatillas deportivas, prendas de abrigo e choiva, calzado forte e cómodo e mochila.
É importante que a roupa sexa axeitada ás actividades para as que se inscribe.
Prazas
O número máximo de persoas que poden participar en cada unha das opcións e fins de semana oscila ao redor de 22 prazas, en función da capacidade das casas de turismo rural correspondente.
Prezo
100 € por praza. As persoas que teñan Carné Xove (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Anulación
Só se procederá á devolución de taxas cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou cando a administración anule a actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).




Inscricións e Reservas
• A reserva de praza efectuarase unicamente por vía telefónica.
• Cada un dos programas ten asinado un número de teléfono, ao cal se debe de chamar para solicitar praza nese programa concreto.
Non se poderán facer reservas nun programa que non corresponda co número de teléfono asignado.
• Logo de confirmarse a adxudicación da/s praza/s na mesma chamada telefónica, haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a seguinte documentación:
1. Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participantes
2. Fotocopia escaneada do carné xove en vixencia (de ser o caso)
3. Fotocopia escaneada do DNI.
4. Fotocopia escaneada da solicitude de inscrición (que se pode descargar na web www.xuventude.net).
Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico indicado para cada programa concreto.
Nota: o envío incorrecto da documentación ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para outros solicitantes.
Prazo de Inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 18 de marzo ás 9.00 horas. O horario de atención ás chamadas, será de 9.00 h. a 14.00 h.
Adxudicación das Prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das chamadas e asignaranse ata esgotar as dispoñibles por programa.
No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
ORGANIZA
Secretaría Xeral para o Turismo • TURGALICIA
Consellería de Cultura e Turismo
www.turgalicia.es
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Consellería de Traballo e Benestar
www.xuventude.net
18 19 20 21 22 23 24
25 ORGANIZA
CALENDARIO DOS PROGRAMAS

MES DE ABRIL:
Días 1, 2, 3 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Trabada, A Pontenova e Lourenzá); Programa 11 (Allariz).
Días 8, 9, 10 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Foz e Cervo); Programa 11 (Allariz).
Días 15, 16, 17 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Foz e Barreiros); Programa 11 (Allariz)
Días 29, 30 Programa 2 (Rois e Padrón); Programa 7 (Bóveda, A Pobra de Brollón e O Incio); Programa 12 (Esgos e Pereiro de Aguiar);
e 1 Maio Programa 15 (Arbo)

MES DE MAIO:
Días 6, 7, 8 Programa 2 (Ames); Programa 7 (O Saviñao e Pantón); Programa 12 (Nogueira de Ramuín); Programa 15 (Gondomar e Baiona).
Días 13, 14, 15 Programa 2 (Padrón, Rianxo e Ribeira); Programa 7 (Pantón); Programa 13 (A Veiga); Programa 15 (O Porriño e Tomiño).
Días 20, 21, 22 Programa 3 (Monfero); Programa 8 (Cervantes); Programa 13 (A Veiga); Programa 17 (A Estrada).
Días 27, 28, 29 Programa 3 (Paderne e Miño): Programa 8 (Cervantes); Programa 16 (Covelo e A Cañiza); Programa 17 (A Estrada e Forcarei).

MES DE XUÑO
CDías 3, 4, 5 Programa 4 (Cariño); Programa 9 (Folgoso do Courel); Programa 14 (Lalín e Rodeiro); Programa 16 (Crecente); Programa 17 (A Estrada).
Días 10, 11, 12 Programa 4 (Ortigueira); Programa 5 (Cabana de Bergantiños); Programa 9 (Folgoso do Courel); Programa 14 (Silleda e Vila de Cruces).
Días 17, 18, 19 Programa 5 (Cee); Programa 10 (Ramirás e Celanova); Programa 14 (Vila de Cruces); Programa 18 (Sanxenxo e Meis).
Días 24, 25, 26 Programa 5 (Outes); Programa 10 (Rairiz de Veiga); Programa 18 (Vilagarcía de Arousa e Cambados).orreo-e:

15 mar 2011

OBRADOIROS DE COOPERACIÓN

Obradoiro de cooperación no tema das desigualdades existentes no mundo, sobre todos nos países con menos recursos
Promovido pola ONG "MUNDO COOPERANTE" en colaboración co Concello de Culleredo
¿ÓNDE? no salón de actos do CRD
¿CÁNDO? os días 22,29 de marzo e 5 de abril de 17:00h a 18:00h

11 mar 2011

ACCIÓN Dverán`11

dos 9 aos 17 anos CAMPAMENTOS
QUE É? Trátase de programas de actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
PROGRAMAS:
- 1. ACTIVIDADES QUE SE REALIZARÁN EN GALICIA:
A CORUÑA:
- ALBERGUE XUVENIL MARIÑA ESPAÑOLA (BERGONDO)
- ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO (BERGONDO)
- CAMPAMENTO XUVENIL FURELOS (MELIDE)
- CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO (PORTO DO SON)
- CAMPAMENTO XUVENIL ESPIÑEIRA (BOIRO)
LUGO:
- ALBERGUE XUVENIL AREA (VIVEIRO)
- ALBERGUE XUVENIL BENIGNO QUIROGA (PORTOMARÍN)
- CAMPAMENTO XUVENIL A DEVESA (RIBADEO)
- CAMPAMENTO XUVENIL OS CHACOTES (PALAS DE REIS)
- COMPLEXO RESIDENCIAL XUVENIL LUG (LUGO)
OURENSE
- CAMPAMENTO XUVENIL PENEDOS DE XACINTO (ENTRIMO)
- COLEXIO GUILLERME BROWN (O PEREIRO DE AGUIAR)
- CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL EQUAL (COLES)
- ALBERGUE XUVENIL VILAR DE ORDELLES (ESGOS)
PONTEVEDRA:
- CAMPAMENTO XUVENIL AS SINAS (VILANOVA DE AROUSA)
- CAMPAMENTO XUVENIL PONTEMARIL (FORCAREI)
- CAMPAMENTO XUVENIL A ILLA DE ONS (BUEU)

- 2. INTERCAMBIOS BILATERAIS CON OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: ÁLAVA, ARAGÓN, CASTELA e LEÓN, ESTREMADURA, MURCIA, NAVARRA e A RIOXA
- 3. CAMPOS DE TRABALLO EN GALICIA
- 4. CAMPOS DE TRABALLO NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
- 5. CAMPOS DE TRABALLO NO ESTRANXEIRO
MÁIS INFORMACIÓN EN:
- www.xuventude.net

- Na dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

- Nas oficinas locais de Xuventude, concretamente na Casa da Mocidade sita na rúa Alfonso VII, 1 15670 O Burgo Culleredo. Teléfono: 981654588, zona.moza@culleredo.org, http://zonamoza.blogspot.com
Se tes o carné xove obterás un 25% de desconto na cota a pagar.