Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 jun 2010

Castelo acolle este domingo a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade


A polideportiva de Castelo (Culleredo), acollerá este domingo dende o mediodía e ata as dez da noite a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade, un campionato que se ven desenvolvendo todas as semanas dende o pasado mes de maio e que organiza a Asociación Castelo Deporte en colaboración coas concellerías de Mocidade e Voluntariado,
e de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo.
Case dous centenares de mozas e mozos de todos os puntos de Culleredo participaron neste evento, cuxo obxectivo foi dende un primeiro momento dinamizar á mocidade cullerdense, especialmente a das parroquias rurais do concello. Foron catorce os equipos inscritos, e
na organización participaron máis de dez persoas.
O domingo, Castelo pechará a competición coas semifinais a dobre partido, o partido para o terceiro e o cuarto posto e a final, que se disputará contra as nove da noite. Os equipos ‘Fonteculler’, ‘O Burgo’, ‘As Torres’ e ‘Sésamo’ foron os catro primeiros clasificados da fase
regular, que polo tanto teñen acceso á xornada decisiva.
Á entrega de premios asistirán as autoridades do Concello de Culleredo,por parte das dúas concellerías que colaboraron no evento.
A Asociación Castelo Deporte habilitará para esta fase final o chamado ‘Castelo Lounge & Drink’, un servizo de bar para que participantes e público en xeral poidan xantar na propia polideportiva de Castelo e completar a última xornada de deporte no marco deste proxecto.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
http://www.castelodeporte.org/

DJ Goro, Strabismo, Hugo Torreiro e DJ Piñas & Ramón Gz. encabezarán o cartel do Castelo Music Festival 2010 do vindeiro 26 de agosto

O Castelo Music Festival 2010 comeza a coller forma logo de que este sábado, nun programa de radio especial que as asociacións Castelo Deporte e Sons de Base emitiron dende a praza de Europa (O Burgo), foron anunciados os gañadores do certame ETIQUEDIS, que dende o
mes de xaneiro procura a opinión de toda a mocidade galega para deseñar unha festa á medida de cada persoa.
Os gañadores do concurso, con máis de mil votos, foron os dj’s Piñas & Ramón Gz., seguidos polo cantautor coruñés Hugo Torreiro e Strabismo, un grupo procedente de Noia. Marxe Eskerda, Álvaro González e Maedi Visna completaron as seis primeiras posicións, que dan acceso ao evento.
A sorpresa foi a inclusión no cartel do evento dun dos deejays máis coñecidos de Galicia, Goro, que protagonizará a actuación estelar a noite do 26 de agosto na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Máis de duascentas persoas seguiron o programa a través da rede en directo e ao redor de catrocentas presenciaron o evento na propia praza do Burgo ao longo das cinco horas que durou a emisión.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

Campamentos da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia 0ferta oito campamentos de aire libre para nenos e nenas, e mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e 20 anos de idade. Realizados en albergues e colexios de Galicia
- Para nenos e nenas de 8 a 11 anos en Foz (Lugo) do 15 ó 23 de xullo;
- Para nenos e nenas de 8 a 11 anos en A Rúa (Ourense) do 15 ó 23 de xullo;
- Para rapaces/zas de 12 a 14 anos en Cambados (Pontevedra) do 15 ó 26 de xullo
- Para mozos/as de 14 a 15 anos en Cambados (Pontevedra) do 7 ó 15 de xullo
- Para mozos/as de 15 a 16 anos en Cambados (Pontevedra) do 7 ó 15 de xullo
- Para mozos/as de 16 a 17 anos en Allariz (Ourense) do 15 ó 23 de xullo
- Para mozos/as de 17 a 18 anos en Allariz (Ourense) do 7 ó 15 de xullo
- Para mozos/as de 18 a 19 anos en Cambados (Pontevedra) do 7 ó 15 de xullo
PLAZO: desde o 7 ata o 26 de xullo de 2010.
INFORMACIÓN: Secretaría Técnica. Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. R/ Belvís, 2. 15703
Santiago de Compostela. Tlf: 981 582243 / Fax: 981 570263. Correo electrónico: fed.galicia@confedonbosco.org

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/lecerecultura

Xornada de Multiaventura

O Club Xuvenil da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos organiza para o sábado 26 de xuño unha Xornada de Multiaventura.
O vindeiro 26 de xuño a partir das 11:00 e ata 20:30 horas podedes participar nunha Xornada de Multiaventura nas instalacións da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.
Neste día podes aventurarte a ir na tirolina, pasar a ponte mono, lanzar no tiro con arco e escalar o rocódromo.
Tes de prazo de inscrición ata o 24 de xuño.
E para máis información envíalles un correo electrónico a arcostilos@arcostilos.org ou chama o teléfono 981 81 95 01.

Axudas a asociacións para actividades relacionadas con os accidentes de tráfico

A Dirección Xeral de Tráfico, convoca a concesión de axudas a Asociacións, Fundacións, Entidades e Institucións sen ánimo de lucro en relación coas vítimas por accidentes de tráfico, en réxime de concorrencia competitiva, correspondentes ao ano 2010.
Obxecto e finalidade. -Estas axudas teñen por obxecto o financiamento de actuacións dirixidas ao desenvolvemento institucional e ao apoio ao movemento asociativo e fundacional cuxo obxecto sexa a atención ás vítimas de accidentes de tráfico e os seus familiares e os seus programas de actuación.
As actividades subvencionadas haberán de realizarse no prazo comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro do ano 2010.
PRAZO

O prazo de presentación das solicitudes será de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no Boletín Oficial do Estado».

INFORMACIÓN
BOE do 18 de xuño de 2010

Concurso de fotografía "O Meu Camiño a Compostela"

A Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia convoca un concurso de fotografía.
A temática do concurso de fotografía é: "O CAMIÑO DE SANTIAGO". A través deste concurso propoñen que, mediante unha fotografía, lles amosedes cal é o significado que lle dades ao camiño de Santiago
Hai tres categorías: até 13 anos; entre 14 e 30; e maiores de 30. A técnica e o formato utilizados serán libres.

DATA TOPE DE ENTREGA: Antes do 31 de decembro de 2010

INFORMACIÓN: Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. R/ Belvís, 2. 15703 Santiago de Compostela.
Tlf: 981 582243 / Fax: 981 570263. Correo electrónico: fed.galicia@confedonbosco.org

18 jun 2010

II Feira de Empresas e Comercios de Culleredo



Os días 19 e 20 de xuño vai ter lugar a II Feira de Empresas e Comercios de Culleredo no Paseo Marítimo do Burgo. Está organizada pola Asociación de Empresarios de Culleredo e colabora a Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo.

DIA INTERNACIONAL DO MONOPATÍN


A Asociación coruñesa de skate organiza a IV xogo de skate con dúas categorias SUB-14 e SUB-18,celebrarase o 20 de xuño na praza de San Cristobal na coruña a partir das 16:00h. Podédesvos preiscribir no correo da asociación; a inscrición é de balde.

asociacioncorunesadeskaters@yahoo.es


A XIRA GALEGA DE KARTING ESTARÁ DO 1 ao 4 DE XULLO NA CORUÑA



Se queres emular aos teus ídolos da Fórmula 1, esta pode ser unha boa oportunidade.
O prezo é de 10 euros por sesión, os/as posuidores/as do carné xove terán un desconto do 30%, así que, se aínda non tes o carné podes facelo na Casa da Mocidade no Burgo.

http://www.xuventude.net/web/xuventude/conducion


VIII Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo

O Concello de Arteixo pon en marcha o VIII certame de fotografía ambiental todos e todas tedes a posibilidade de participar e poder conseguir un destes premios:
1º Premio: 800,00 €
2º Premio: 600,00 €
3º Premio: 400,00 €
Tes de prazo ata o 5 de novembro

Máis información no BOP da Coruña do 10 de xuño de 2010 e na Omix de Arteixo, teléfono 981 602 413
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate

Certame de relatos breves pola igualdade de xénero.

O concello de Pontedeume convoca o III Certame de relatos breves pola igualdade de xénero.
Establécese un único premio dotado de 495 €.
Data:
prazo até 15-09-2010 ás 14:00 horas.
Información:
Concello de Pontedeume
Publicación:
BOP 15-06-2010

FotoUniversia

FotoUniversia é un concurso iberoamericano de fotografía no que poden participar membros da comunidade universitaria, con edicións en 22 países e unha gran final internacional, coas mellores obras presentadas.
Data:
Prazo: até o 15 de setembro ás 12.00 h.
Información:
http://fotos.nodejesdevolar.com
fotouniversia.es@concursos.universia.net

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclos Medios. Curso 2010-2011

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: Proba de madureza: 1 de setembro. 1ª parte: 10.00-13.00 h. 2ª parte: 16.30-19.30 h. Proba específica: 3 de setembro. 1º exercicio: 10.00-11.00 h. 2º exercicio: 12.00-14.00 h. 3º exercicio: 17.00-19.00 h.
Data:
inscrición ás probas: do 4 de xuño ao 15 de xullo de 2010. Na secretaría das escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño.
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/ea
información
Tel.: 981 225 396
Publicación:
DOG do 03/06/2010

Acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño. Ciclos Superiores. Curso 2010-2011

DATAS REALIZACIÓN DAS PROBAS: as probas realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. * Proba de madureza: 28 de xuño de 2010. 1ª parte: 10.00-13.00 h. 2ª parte: 17.00-18.00 h. * Proba específica: 7 de xullo. 1º exercicio: 10.00-11.00 h. 2º exercicio: 12.00-14.00 h. 3º exercicio: 17.00-19.00 h.
Data:
inscrición ás probas: do 4 ao 23 de xuño de 2010. Na secretaría escolas públicas en que se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/ea
información
Nos Centros onde se imparten os ciclos de artes plásticas e deseño
Na Coruña PABLO PICASSO
Tel.: 981 225 396
Publicación:
DOG do 03/06/2010

Probas de acceso aos estudos superiores de deseño para o curso 2010-2011

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: As probas de acceso realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nas seguintes datas: Proba de madureza: día 29 de xuño. - Comentario de texto: das 10.00 ás 11.00 h. - Conferencia: das 11.00 ás 13.00 h. Proba específica: día 6 de xullo. - Primeira parte: das 10.00 ás 13.00 h.- Segunda parte: das 16.00 ás 21.00 h.
Data:
inscrición ás probas do 4 ao 23 de xuño de 2010, na secretaría dos centros públicos en que se impartan os correspondentes estudos superiores de deseño
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/ea
información
Nos Centros onde se imparten os ciclos de artes plásticas e deseño
Na Coruña: PABLO PICASSO
Tel.: 981 225 396
Publicación:
DOG do 03/06/2010

2 prazas de auxiliares de Policía Local para Betanzos.

O concello de Betanzos convoca oposición libre para cubrir duas prazas de auxiliares da policía local.
Data:
prazo até 25-06-2010.
Informacion
Concello de Betanzos
A Coruña
Publicación:
BOP: 15-06-2010

Concurso-oposición prazas de subalternos e auxiliar administrativo para o concello da Coruña.

O concello da Coruña convoca probas selectivas para cubrir polo sistema de concurso-oposición 33 prazas de subalternos e 9 prazas de auxiliar administrativo, no proceso de consolidación da oferta de emprego público.
Data:
prazo até 20 días naturais a partir da publicación no BOE.
Informacion
Concello da Coruña
Teléfono información: 010
http://www.coruna.es
Publicación:
BOP: 16-06-2010 (Subalternos)
BOP: 16-06-2010 (Auxiliares adminsitrativos

Cursos de veran 2010

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o os seguintes cursos,
Curso de formación en emancipación xuvenil e orientación laboral
Curso de formación en estudos sobre a xuventude, metodoloxía para a produción e análise de datos
Curso de formación en modelos teóricos para a compresión da mocidade.
Curso da temporalidade na xuventude:lecer, tempo libre, consumo e condutas de risco
Dirixido a:
Dirixidos ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.
información:
www.xuventude.net

Taller de cine sen cámara

Taller para nenos dende os 6 anos e adultos organizado polo Macuf.
Datas
Sábado 3 de xullo: nenos e nenas de 6 a 11 anos de idade
Domingo 4 de xullo: nenos maiores de 11 anos e adultos de todas as idades
Horario:
de 11.30 a13.30 (taller) e de 13.45 a 14.00 horas (proxección pública dos traballos realizados)
Prezo: 5 €
Información:
Teléfono: 981 17 87 86
www.macuf.es

Curso de monitor de tempo libre

A Escola de Tempo libre Aldebarán organiza un curso de monitor de tempo libre
Data:
do 1 de xullo e o 9 de agosto de 2010
De luns a venres de 9:00 a 15:00 horas
Prezo:
250 euros.
Informacion
Escola de Tempo Libre Aldebarán
Rúa Ramón María Aller 10-12.
15010 A Coruña
Tlf. 981 270 168 / 981 270 163
centro@tomasbarros.com

Xornadas anuais de cooperación.

VI Xornadas anuais de cooperación. A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais.
Destinatarios:
Administracións galegas.
Data:
Venres 25 de xuño, de 10 a 15 horas.
Informacion
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
http://www.fondogalego.org
info@igadi.org
Tel./Fax: 986 357 238

Subvencións para a realización de accións dirixidas a persoas inmigrantes.

A Consellaría de Traballo e Benestar convoca subvencións para a realización de accións de orientación, formación e inserción laboral dirixidas a persoas inmigrantes.
prazo até 07-07-2010.
Informacion
Consellería de Traballo e Benestar
Departamento Territorial: Rúa Enrique Mariñas s/n (Edificio Proa). Matogrande. A Coruña
Publicación:
DOG: 07-06-2010

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O Ministerio de Educación convoca para o curso 2010-2011: Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta; subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas; axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
prazo ata 30-06-2010
Informacion
Ministerio de Educación
http://www.educacion.es
Publicación:BOE: 05-06-2010

Bolsas destinadas aos cidadáns galegos no exterior para a realización de estudos en Galicia.

A Consellaría de Presidencia convoca bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior para a realización de estudos universitarios oficiais, intercambios universitarios e estudos de formación profesional en Galicia para o curso académico 2010-2011.
prazo até 30-07-2010.
Informacion
http://galiciaaberta.com
http://www.edu.xunta.es
Publicación:
DOG: 10-06-2010
DOG: 16-06-2010 (corrección de erros)

Bolsa intramural para a Organización Nacional de Transplantes.

Bolsa intramural para licenciado/a universitario/a ou enxeñeiro/a superior, con incorporación á Organización Nacional de Transplantes, orientada á optimización da doazón e o transplante de órganos, tecidos e células e ao fomento do coñecemento e a investigación en transplantes.
prazo até 30-06-2010.
Publicación:
BOE: 16-06-2010

Bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia e a súa formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro.
prazo até 17-07-2010
Publicación:
DOG: 17-06-2010

16 jun 2010

FESTIVAL CULTURA QUENTE CALDA DE REIS 16 E 17 XULLO


Tricky, Johnny Winter, Ocean Colour Scene, The Sonics, the Raveonettes e moitas bandas máis
O festival Cultura Quente é unha manifestación singular de expresión e compromiso, impulsada polo Concello de Caldas de Reis para implicar a todos os sectores sociais nun proxecto de desenvolvemento local.
Un dos principais activos de Cultura Quente é o feito de tratarse dunha proposta innovadora, sen precedentes na contorna inmediata do municipio e en conxunto en Galicia. Por outra banda a interdisciplinaridade da proposta, con espazo para todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas, abre unha porta que non existía ata o momento.

FESTIVAL ORTIGUEIRA 2010




Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de todo o estado. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.
O esforzo nas súas últimas edicións pasa por reforzar as infraestruturas de servizos -autobuses gratuítos, aparcamentos vixiados, duchas, aseos, puntos de información- para facer máis cómoda a estancia dos milleiros de visitantes que ateigan a vila e a zona de acampada libre da praia de Morouzos, e coidar ao máximo a calidade da programación musical. As estrelas do folk elixen os palcos de Ortigueira para presentar os seus últimos traballos -escenario Estrella Galicia- e o certame eríxese ademais como catapulta de novas bandas -Escenario Runas-.
Mais Informacion
http://www.festivaldeortigueira.com/

1 jun 2010

Mostra de Cinema periférico



É un evento cinematográfico internacional que reúne as novas tendencias cinematográficas que na actualidade están a ser vangarda e que supoñen a renovación dunha arte, “ O CINEMA” que arestora está en plena transformación.
O seu nome “S8“, fai referencia directa ao formato cinematográfico de Super 8, esencia da “Mostra”.

http://www.s8cinema.com

1 praza de psicóloga/o para o concello de ferrol.

O concello de Ferrol convoca concurso-oposición para cubrir unha praza de Psicóloga como Directora do Centro de Información á Muller.

Data:
Até o 7 de xuño de 2010

Información
Concello de Ferrol
A Coruña
Publicación:
BOP: 09-02-2010
BOE 18-05-2010

2 prazas de técnicos/as superiores de informática para o Concello da Coruña

Prazas de funcionario de carreira

Data:
20 d/ a partir de publicación no BOE

Información
CONCELLO DE A CORUÑA
BOP 18-05-2010

1 praza de técnica/o superior de servizos sociais para o Concello da Coruña

Praza de funcionaria/o de carreira

Data:
20 d/ a partir de publicación no BOE

Información
CONCELLO DA CORUÑA
BOP 18-05-2010

Bases para a contratación mediante contrato laboral de interinidade dun/dunha auxiliar administrativo/a de Intervención para o Concello de Santiso

Modalidade de contrato de interinidade

Data:
20 d/ a partir publicación no BOP

Información
CONCELLO DE SANTISO
BOP 18-05-2010

8 prazas de subalterno/A para o Concello da Coruña

Reservaranse catro prazas para ser cubertas por persoas con minusvalía con grao de minusvalidez igual ou superior ao 33%. De non se cubrir estas prazas, incorporaranse ás restantes da quenda libre

Data:
20 d/ a partir de publicación no BOE

Informacion
CONCELLO DA CORUÑA
BOP 21-05-2010

1 prazas de persoal laboral fixo para o Instituto Tecnolóxico do Medio Mariño (Intecmar)

A fase de selección é de concurso-oposición

Data:
Ata o 13 de xuño de 2010

INSTITUTO TECNOLÓXICO DO MEDIO MARIÑO (INTECMAR)
DOG 24-05-2010

Apertura do prazo para solicitar prazas de interinidade e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia nas esp

A selección dos candidatos efectuarase aplicando o baremo de méritos

Data:
Ata o 6 de xuño de 2010

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
DOG 27-05-2010

1 praza de auxiliar administrativo/a para o Consorcio das Mariñas

En réxime de interinidade ata a reincorporación da traballadora titular do posto.

Data:
Ata o 2 de Xuño de 2010

CONSORCIO DAS MARIÑAS
BOP 27-05-2010

Axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Esta resolución ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria de axudas económicas en favor das asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas, con destino a gastos correntes derivados do seu mantemento e funcionamento durante o ano 2010.

Data:
prazo até 25-06-20010

Secretaría Xeral da Igualdade
Delegación Territorial da Xunta
Edificio Administrativo de Monelos - A Coruña
Tlf. información Xunta: 012
Publicación:
DOG 24-05-2010

Bolsas para a formación de expertos turísticos en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo no e

A Dirección Xeral de Turismo convoca sete bolsas para a realización de prácticas profesionais de especialización de expertos turísticos, que desenvolverán as súas funcións en Londres, Roma, París, , Francfort, Zurich, Nova York e Lisboa.

Data:
Presentación de solicitudes até 26-06-2010

CONSELLERÍA XERAL PARA O TURISMO
DOG 25-05-2010

Axudas para a protección integral contra a violencia de xénero.

Axudas previstas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Secretaría Xeral da Igualdade
correo electrónico igualdade@xunta.es
teléfono 900 40 02 73.
Publicación:
DOG: 24-05-2010

Subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento.

Subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento

Data:
prazo até 26-06-2010.

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Rúa dos Feáns, 5 baixo
15705 Compostela


Publicación:
DOG: 25-05-2010

Axudas para creación e mantemento de aulas de formación aberta.

Axudas a entidades locais territoriais, entidades públicas dependentes das entidades locais territoriais e entidades privadas sen fins de lucro para creación e mantemento de aulas de formación aberta, flexible e a distancia mediante tecnoloxías da información e a comunicación a través de Aula Mentor.

Data:
prazo até 16-06-2010.

Ministerio de Educación
rúa Torrelaguna, número 58
28027 Madrid
Web de Aula Mentor http://www.mentor.educacion.es

Axudas para participar no programa Campus científicos de verán.

Axudas para participar no programa Campus científicos de verán con alumnos de ensino secundario e bacharelato.

Data:
prazo até 03-06-2010

Ministerio de Educación
http://www.educación.es

Publicación:
BOE: 27-05-2010

Bolsas para a aula de Verán Ortega e Gasset na UIMP

A aula de Verán «Ortega e Gasset» é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Universidades do Ministerio de Educación, dirixida aos novos estudantes con mellores expedientes no bacharelato ou no ciclo formativo de grao superior de formación profesional, que vaian comezar os seus estudos universitarios no curso académico 2010-2011

Data:
Até 18 xuño para Bacharelato e 25 de xuño para alumnos de F.P. de Grao Superior

MINISTERIO DE EDUCACIÓN
BOE 28-05-2010

Curso multimedia de chinés

Este proxecto, denominado "CHIESECOM Competencias en chino - elemental - como medio para mellorar a competitividade das empresas no marco da Unión Europea , está financiado pola Unión Europea dentro do marco dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) - Actividade Clave 2 - Proxectos Multilaterais.

información
http://www.chinesecom.eu/

Cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas.

Cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2010 e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá

Información:
consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Publicación:
DOG: 03-02-2010

Cursos en Ciberalia

Obra Social Caixa Galicia organiza novos cursos sobre novas tecnoloxías no seu centro Ciberalia da Coruña durante os meses de maio a xullo de 2010. Con esta programación achegamos as novas tecnoloxías á poboación en xeral e axudamos a reducir a brecha.

Cursos:
- Achégate ao mundo da informática.
- Achégate a internet.
- Curso de Microsoft Access.
- Curso de Excel.
- Taller de Powerpoint. Taller de Microsoft Word.
- Taller de Blog.
- Taller de Retoque Dixital. Curso de Deseño Web. Apúntate! Prazas limitadas.

Información:
Ciberalia
Avda. Finisterre, 109 - baixo
981 279 323 - ciberalia@caixagalicia.es
http://www.obrasocialcaixagalicia.org

Obradoiro de lingua de signos española

hegamento ás persoas xordas e a súa lingua: a lingua de signos española(LSE).

Data de inscrición:
Até o 10 de xuño de 2010

Inscricións e información:
Asociación de Persoas Xordas da Coruña
Felix Estrada Catoira, 3 Dta. 15007 A CORUÑA
Tel.: Fax: 981 15 43 16 / 687 051 258
cursos.lse@faxpg.es
www.faxpg.es

Master Class de Mark Rappaport

Mark Rappaport, cuxas películas, "Rock Hudson`s Home Movies" e "From the Journals of Jean Seberg", probablemente son máis coñecidas fóra de España que aquí, impartirá unha Master Class onde falará sobre a súa experiencia como director de cine durante 35 anos (e aínda máis tempo vendo e analizando películas). Tratará o tema do cine narrativo, o estado do cine actual, a apropiación de imaxes e as novas tecnoloxías.

Inscricións e información:
difusion@cgai.org
www.cgai.org
Tel.: 881 881 260
Fax: 881 881 271

Curso de informática básica

Curso organizado por Radio ECCA

Inicio: 1 de xuño a 16 xuño

Información e matrícula:
ECCA A Coruña
r/ Bugallal Marchesi, 9 - Bajo 15008 A Coruña
Teléfono: 981293658
Fax: 981292075
Correo electrónico: acoruna@radioecca.org

Cursos de tatuaxes de henna

Aprenderás en 4 días a preparar o composto de henna, coñecerás os diferentes tipos de henna, como deseñar as túas propias plantillas e diferentes técnicas de aplicación.

Data de inscrición: Do 01 de xuño ao 25 de xuño ás 19:00 h.
Vai dirixido a rapaces/as entre 14 e 20 anos.

Datas do curso: do martes 29 de xuño ao xoves 8 de xullo.
Lugar: Centro Cívico Municipal de Artesáns
Prezo: gratuíto
Inscricións e información:
Centro Cívico Municipal de Artesáns
r/ San Andrés, 36, baixo, 2ª planta - conserxería
De luns a venres de 10-14 h. e de 16-19 h.
Tel.: 981 184 366

Curso Actividades de uso público e conservación do medio natural

No CFEA de Guísamo vaise impartir un curso gratuíto de Actividades de Uso Público e Protección de Medio Natural.

Data:
do 14 ao 19 de xuño de 2010

Información:
Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo
Lugar de Bos, 14
15640- Guísamo (Santa María)- BERGONDO
Tel.: 881 881 055
marleneanaya@edu.xunta.es
www.cfeaguisamo.org