Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 mar 2010

Grupo URBAN



Amosa as túas habilidades!!!!
Desfruta mais das tuas aficións¡¡
Desde a Zona Moza estamos segur@s que moit@s de vós sodes expertos nalgunha actividade artística ,de ocio , deporte , ecoloxía ou tecnolóxica.... coa que o pasades realmente ben e que vos gusta compartir

Se es grande aficionad@ ao skate, teatro, graffiti, cómics, maquetas, malabares, sendeirismo, xadrez, fotografía, bici…ou calquera outra cousa e queres atopar a outros coma ti ou que queren iniciarse contigo nalgunha destas actividades

Achégate a Casa da Mocidade ¡¡¡¡¡¡
Podemos cooperar contigo ou co teu grupo se xa o tedes formado , con materiais, espazos, asesoramento, información sobre eventos relacionados cos teus intereses… todo o que precises na Casa da Mocidade!!

Neste momento xa temos un grupo de Graffiteiros funcionando, reuníndose na casa, facendo un caderno de muros , participando en eventos para a mocidade do concello. E xa hai outr@s interesados/as.

Trátase de compartir os teus coñecementos con outros mozos e mozas formando o teu propio grupo, integrándote nun xa formado que coincida cos teus intereses ou simplemente desfrutar de xeito individual das túas aficións contando co apoio que precises, colaborando no que che apeteza do que se faga na casa .

VEN COMPARTIR CON NOS o teu saber!!!