Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES TAMÉN EN CULLEREDO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES TAMÉN EN CULLEREDO. Mostrar todas las entradas

21 mar 2011

CONCERTO SOLIDARIO “En clave de solidariedade”


VENRES 25 DE MARZO ÁS 19.30H
Conservatorio de Música



Actúan:

alumnos e alumnas do Conservatorio



Interveñen :

ONGDS Asemblea de Cooperación pola Paz,

Cáritas de Vilaboa, Mestura, Mundo Cooperante ,

Terra de Homes e OMVOL de Culleredo.



Organizan: Conservatorio de Música e Concellaría de Mocidade e Voluntariad

1 dic 2010

Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización na loita contra o SIDA


Con motivo da celebración, o vindeiro 1 de decembro, do Día Mundial da Loita contra o SIDA, a asociación Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización, dirixida a toda a sociedade, pero de xeito específico á mocidade. A entidade cullerdense, que de xeito habitual comproba a escasa información que recibe este sector acerca dunha das primeiras causas de mortalidade no mundo, aposta deste xeito por facer chegar á poboación dun xeito directo e claro a importancia da prevención como mellor remedio ante a problemática.

Baixo o lema ‘O mellor regate ao SIDA témolo que facer xuntos’, a asociación pretende distribuir cartaces a través da rede de centros sociais do Concello de Culleredo, e ubicará un deles, de maiores dimensións, no centro da parroquia de Castelo.
Ademais, a campaña será difundida a través das redes sociais, onde Castelo Deporte está en contacto diario con milleiros de persoas de toda a comarca que participan de xeito habitual nas actividades da asociación. Os seus responsables teñen previsto provocar unha cadea de mensaxes a través das redes máis populares para facer chegar os obxectivos da campaña ao maior número de persoas.
MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

24 nov 2010

SEMINARIO FORMATIVO "PROXECTO DESIGUALDADES"



PARA PARTICIPAR DE MANEIRA VOLUNTARIA
COMO MONITOR/A DO PROXECTO
26 de novembro, de 17.00h a 20.00h
27 de novembro ,de 10.00h a 14.00h e de 15.00h a 19.00h
Casa de Mocidade ( O Burgo )
Inscrición de balde Tel 692 178 960 (Rosa López)

18 nov 2010

Curso de Formación no Voluntariado 2010





Luns 22 de novembro de 16.00h a 18.00h



Oficina Municipal de Voluntariado

Rúa Alfonso VII (O Burgo) 981 654 588

Inscrición de balde

9 jul 2010

O Mellor Jazz Galego no Burgo




Programación:

Venres 9 de xullo - ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples, actuará "ABE RÁBADE" (Zigurat)
Luns 12 de xullo - ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o "SEXTETO DE SAXOFÓNS DO Conservatorio de Culleredo" e "ART & SOUNDS MUSIC CLUB"
Martes 13 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o grupo "3AZOTEAS"
Mércores 14 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuación de: "ÁNGELES DORRÍO CUARTETO"
Xoves 15 de xullo ás 20:30 h. no Xardín Botánico "Ría do Burgo" "CARLOS CHILDE TROUPE"
Venres 16 de xullo ás 20:30 h. no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo, ocupan o escenario ROBERTO SOMOZA OCTETO - "THE VANGUARD"

Máis información: www.culleredo.es

22 jun 2010

Castelo acolle este domingo a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade


A polideportiva de Castelo (Culleredo), acollerá este domingo dende o mediodía e ata as dez da noite a fase final da Liga de Fútbol Culleredo Mocidade, un campionato que se ven desenvolvendo todas as semanas dende o pasado mes de maio e que organiza a Asociación Castelo Deporte en colaboración coas concellerías de Mocidade e Voluntariado,
e de Deportes e Participación Cidadá do Concello de Culleredo.
Case dous centenares de mozas e mozos de todos os puntos de Culleredo participaron neste evento, cuxo obxectivo foi dende un primeiro momento dinamizar á mocidade cullerdense, especialmente a das parroquias rurais do concello. Foron catorce os equipos inscritos, e
na organización participaron máis de dez persoas.
O domingo, Castelo pechará a competición coas semifinais a dobre partido, o partido para o terceiro e o cuarto posto e a final, que se disputará contra as nove da noite. Os equipos ‘Fonteculler’, ‘O Burgo’, ‘As Torres’ e ‘Sésamo’ foron os catro primeiros clasificados da fase
regular, que polo tanto teñen acceso á xornada decisiva.
Á entrega de premios asistirán as autoridades do Concello de Culleredo,por parte das dúas concellerías que colaboraron no evento.
A Asociación Castelo Deporte habilitará para esta fase final o chamado ‘Castelo Lounge & Drink’, un servizo de bar para que participantes e público en xeral poidan xantar na propia polideportiva de Castelo e completar a última xornada de deporte no marco deste proxecto.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
http://www.castelodeporte.org/

DJ Goro, Strabismo, Hugo Torreiro e DJ Piñas & Ramón Gz. encabezarán o cartel do Castelo Music Festival 2010 do vindeiro 26 de agosto

O Castelo Music Festival 2010 comeza a coller forma logo de que este sábado, nun programa de radio especial que as asociacións Castelo Deporte e Sons de Base emitiron dende a praza de Europa (O Burgo), foron anunciados os gañadores do certame ETIQUEDIS, que dende o
mes de xaneiro procura a opinión de toda a mocidade galega para deseñar unha festa á medida de cada persoa.
Os gañadores do concurso, con máis de mil votos, foron os dj’s Piñas & Ramón Gz., seguidos polo cantautor coruñés Hugo Torreiro e Strabismo, un grupo procedente de Noia. Marxe Eskerda, Álvaro González e Maedi Visna completaron as seis primeiras posicións, que dan acceso ao evento.
A sorpresa foi a inclusión no cartel do evento dun dos deejays máis coñecidos de Galicia, Goro, que protagonizará a actuación estelar a noite do 26 de agosto na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Máis de duascentas persoas seguiron o programa a través da rede en directo e ao redor de catrocentas presenciaron o evento na propia praza do Burgo ao longo das cinco horas que durou a emisión.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

11 may 2010

Programación de obradoiros de informática para o mes de maio

Os cursos son DE BALDE:

Para informarte sobre os cursos acode a Aula aberta
Luns a xoves: 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Venres: 9:30 a 15:00

Información e inscricións:
Aula Informática R/ Alcalde Domingo Sierra, nº 1, baixo. Vilaboa-Culleredo. Teléfono: 981/612072
Área de Promoción Económica. Rúa do Concello, nº 12. Culleredo. Teléfono: 981-677777.
Máis información: http://www.culleredo.es

Actuación teatral de "Espello Cóncavo"


Este venres 14 de maio ás 20'30h. no edificio de servizos múltiples do Burgo terá lugar a terceira das funcións teatrais que forman parte deste ciclo de teatro profesional "Adolfo Marsillach" coa actuación de "Espello Cóncavo" teatro que poñerá en escena a obra "anxeliños" escrita por Roberto Vidal Bolaño e interpretada polos coñecidos actores Fernando Moran, Rodrigo Roel, Estibaliz Veiga, Isabel Risco e Manu Fernandez.

Máis Información: http://www.culleredo.es/

20 abr 2010

HORTOS URBANOS




O Concello de Culleredo pon a disposición da poboación terreos axeitados para a súa explotación hortícola e asesorará aos interesados nas prácticas ecolóxicas e tradicionais de cultivo.
Esta iniciativa comezará a implantarse en Vila Melania na parroquia de Rutis, con 23 parcelas (de 50 m² cada unha aproximadamente) que contarán cunha normativa de uso e uns criterios de adxudicación flexibles.
A posta en marcha dos hortos farase logo dunha serie de accións formativas de carácter teórico-práctico que se desenvolverán nas instalacións de Vila Melania e servirán como primeira toma de contacto para os futuros hortelanos.

Criterios de adxudicación

Requisitos:
Estar empadroado no Concello dende fai máis de 6 meses.
Estar capacitado para coidar unha horta sen que supoña un risco para a súa saúde.
Non estar traballando outra horta particular, propia ou cedida.

Charla Informativa Xoves 22 abril 19 H. Villa Melania
Grupos de destinatarios:
Xubilados e maiores de 65 anos
Xente nova entre 18 e 35 anos
Poboación adulta en xeral (maiores de 36 anos)
Adxudicación:
Farase por sorteo dun número de parcelas proporcional entre os tres grupos de destinatarios.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.culleredo.es

15 abr 2010

CICLO DE CHARLAS SOLIDARIAS



A concellaría de Mocidade e Voluntariado organiza para o este trimestre un ciclo de charlas solidarias dentro do Programa de Cooperación co obxectivo de sensibilizar á poboación en temas vencellados á solidariedade así como na cooperación cos países do Sur, varias organizacións para o desenvolvemento están convidadas para relatar aos veciños e veciñas de Culleredo, as súas experiencias e asemade, dar a coñecer os diferentes proxectos nos que se está a traballar neste eido e sempre baixo o lema “Tecendo alicerces”.

Programación:

 Xoves, 15 de abril: “O comercio Xusto. Dende o Sur até a nosa comarca”
Interveñen: Asociación Amarante e Cooperativa “Zoca Miñoca”
Lugar: Pazo Vila Melania Hora: 20.00h

 Venres, 21 de maio: “Os movementos migratorios. Migracións de hoxe, espellos de onte”
Interveñen: Asociación Mestura e ONGD Ecos do Sur
Lugar: Pazo Vila Melania Hora: 20.00h

13 abr 2010

CHARLA COMERCIO XUSTO



A Concelleira de Mocidade e Voluntariado, convídache a asistir á charla- coloquio que se celebrará o vindeiro xoves 15 ás 20:00h no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, a fin de coñecer proxectos nos que se está a traballar dende a cooperación en prol da sostenabilidade así como distintos recursos para poder aplicar hábitos de consumo responsable na vida cotiá de casa quen.
Agardo contar ca túa presenza e que sexa de proveito.
Unha aperta solidaria