Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





25 may 2010

ACTIVIDADES NO MES DE MAIO



Para máis información chama ao 981.654588 ou por correo electrónico a zona.moza@culleredo.org

Campus de fútbol 2010

A Deputación da Coruña convoca o Campus de fútbol 2010 para rapaces/as entre 9 e 13 anos.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado.
QUENDAS:
1ª quenda, do 4 ó 10 de xullo.
2ª quenda, do 11 ó 17 de xullo.
3ª quenda, do 18 ó 24 de xullo.
4ª quenda, do 25 ó 31 de xullo.
INCORPORACIÓN: domingo pola tarde.
REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 75 €
Inscricións NO TEU CONCELLO CON DATA LÍMITE O 11 DE XUÑO

Máis información en www.dicoruna.es

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/lecerecultura

A XIRA GALEGA DE KARTING COMENZA O 20 DE MAIO EN SANTIAGO E OS POSUIDORES DO CARNÉ XOVE TERÁN UN DECONTO DO 30% NESTA ACTIVIDADE

O Carné Xove da Dirección Xeral de Xuventude colabora por primeiro ano coa Xira Galega de Karting, unha iniciativa que pretende achegar o deporte do automobilismo a 9 cidades e vilas de toda Galicia.
A Xira Galega de Karting terá os seguintes destinos:
Santiago, do 2o ao 23 de maio
Carballo, do 27 ao 30 de maio
Ortigueira, do 3 ao 6 de xuño
Ferrol, do 10 ao 13 de xuño
Negreira, do 17 ao 20 de xuño
Ourense, do 24 ao 27 de xuño
A Coruña, do 1 ao 4 de xullo
Vilagarcía, do 8 ao 11 de xullo
Vigo, do 15 ao 18 de xullo

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/inicio

CONCURSO DE IDEAS PARA APOIAR AOS MOZOS EMPRENDEDORES DE GALICIA E PORTUGAL DOTADO CON 20.000 EUROS

Xuventude porá en marcha nas próximas semanas tres iniciativas novidosas na Administración autonómica para apoiar aos mozos e mozas emprendedores de Galicia e o Norte de Portugal. Estes proxectos forman parte do plan Un espazo novo na axenda de Lisboa (Espazo Xuvenil), que se aprobou ao abeiro do Plan de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013. Na actualidade, trátase dunha iniciativa que lideran a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Portugués da Juventude.
En primeiro lugar, o Goberno galego convocará nuns días un concurso de ideas transfronteirizo que ten por obxectivo a creación e posta en marcha de novas empresas para incentivar novos filóns e novos empregos nas zonas emprazadas entre Galicia e o Norte de Portugal.
A contía dos premios é dun total de 20.000 euros. Así, o primeiro galardón estará dotado con 10.000 euros, o segundo con 6.000 e o terceiro con 4.000. No certame poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos e residan nos territorios ubicados en Galicia e o Norte de Portugal.
Todos os proxectos que se presenten ao concurso deberán ser viables técnica e financeiramente e, ademais, deberán estar deseñados para desenvolverse no ámbito xeográfico de Galicia e Norte de Portugal.
A guía de axudas
Así mesmo, terán que estar relacionados coa cultura, o turismo, o tempo libre, a animación sociocultural e o medio ambiente e Terán que ser necesariamente ideas propostas por un equipo integrado polo menos por un membro establecido na zona galega e outro no territorio portugués. Só se admitirá un proxecto empresarial por equipo e persoa.
En segundo lugar, Rodeiro presentou a ‘Guía de axudas e programas da Unión Europea para mozos emprendedores’que inclúe información "sinxela e sintética" sobre a amplía variedade de programas que Europa ofrece á mocidade.
O director xeral destacou que o libro elaborouse coa colaboración da Fundación Galicia Europa e remarcou que "o libro ten que ser entendido como unha síntese de contidos de rápida accesibilidade, máis non estaría completa sen as múltiples referencias a páxinas web que permiten complementar os datos da publicación".
A guía, en definitiva, o que pretende é facilitar un acceso máis fácil aos programas e axudas de apoio que as administracións pon a disposición da mocidade, sobre todo, nestes tempos de crise.
"Con esta publicación queremos e desexamos proporcionar un valor engadido que, sen dúbida, axudará á creación de novas empresas ou a apoiar actividades, como a participación en redes rendibles, a busca de produtos máis competitivos e a mellora do acceso á innovación e a cooperación transfronteiriza como impulso esencial para as empresas e os novos emprendedores", sinalou Rodeiro.
Prácticas en empresas
Para remarcar a aposta que a Xunta de Galicia está a facer pola mocidade nestes tempos de crise, Rodeiro engadiu que en terceiro lugar, o departamento que dirixe dará a oportunidade de realizar prácticas en diversas entidades aos mozos e mozas que se formaron o ano pasado a través deste proxecto.
En concreto, un total de dez mozos poderán resolver as dúbidas que teñan á hora de poñer en marcha a súa idea empresarial en diversas entidades a través dun asesoramento personalizado.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/inicio

Asociacionismo e a participación das mulleres

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.
As axudas poderán ser solicitadas polas asociacións de mulleres e federacións constituídas por estas domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, nas áreas de actuación da muller ou de igualdade.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2010.
Máis información no DOG do 24 de maio de 2010 e en www.igualdadegalicia.org

Proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático

A Consellería de Medio Ambiente convoca axudas a fundacións, asociacións e outras entidades ou institucións sen ánimo de lucro para o financiamento de proxectos en materia de xestión de residuos, mitigación ou adaptación ao cambio climático e implantación e mantemento no sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais (EMAS).
Máis información no DOG do 18 de maio de 2010 e en www.cmati.xunta.es
Máis información

Xornadas sobre a reforma da Lei de ordenación urbanística de Galicia.

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca unhas Xornadas sobre a reforma da Lei de ordenación urbanística de Galicia.
As xornadas terán lugar o:
-26 de maio, na Coruña
-2 de xuño, en Lugo.
-9 de xuño, en Ourense.
-16 de xuño, en Pontevedra.
-23 de xuño, en Vigo.
Duración: 6 horas lectivas en xornada de mañá e tarde.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará:
-O 24 de maio, para a xornada da Coruña.
-O 31 de maio, para a xornada de Lugo.
-O 7 de xuño, para a xornada de Ourense.
-O 14 de xuño, para a xornada de Pontevedra
-O 21 de xuño, para a xornada de Vigo.
Máis información o DOG do 20 de maio de 2010 e en http://egap.xunta.es

Máis información:
http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmastersposgraos

18 may 2010

Ancares: O Mustallar


O Centro de información xuvenil A Fabrica, dentro do programa andares por Galicia, realizará os proximos días 12 e 13 de xuño unha ruta-paseo polas proximidades do seu albergue en Oleiros.
Máis información no teléfono: 981 636 598

Accións de investigación-acción anti VIH/sida.

A Consellería de Sanidade convoca subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/sida. Estas axudas irán dirixidas a asociacións e concellos que desenvolvan actividades en Galicia.
En Mocidade serán subvencionables as seguinetes actividades:
Mozas e mozos non escolarizados ou pertencentes a grupos con elevada vulnerabilidade social (internas/os en centros tutelares de menores, minorías étnicas marxinadas, familias desestruturadas,
-Facilitación de medios preventivos.
-Información e divulgación sobre VIH/sida.
Programas dirixidos á mocidade escolarizada no ámbito da promoción de hábitos sexuais saudables.
-Educación para a prevención do VIH no contexto de programas de educación afectivo-sexual.
-Facilitación de preservativos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2010.
Máis información no DOG do 11 de maio de 2010


http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions

VAS SACAR NOTA?unha oportunidade para os grupos musicais organizado pola Radio Galega



A Radio Galega pon en marcha por vez primeira o seu certame musical Vas Sacar Nota? 2010. Un concurso destinado a fomenta-la creación musical dotado dun bo feixe de premios.

Para participar envía unha canción con letra en galego que non estea editada nin explotada comercialmente. O público seleccionará entre as que nos cheguen 15 finalistas. Haberá un gañador final escollido por profesionais da música que terá a oportunidade de gravar unha maqueta nas instalacións da Radio galega así como unha serie de premios dos que se irán informando a medida que transcorra o concurso.
Moi importante será tamén as notas que saquedes en tres materias fundamentais:
Frescura na letra: Cantas historias por contar e cantar! Localízaas e sorpréndenos.
Ritmo na música: A base dun bo tema está nas sensacións que transmite!
Imaxe impecable: Unha boa envoltura fala ben de ti! Ponte guapo para a foto!.

En breve teredes na web www.crtvg.es un sistema dinámico de subida de cancións para que poidades subir os vosos temas directamente na nosa rede. Pero xa podedes ir enviando, se tedes présa, as vosas cancións por correo electrónico (Audio comprimido cun bitrate mínimo de 256 kbps e formato MP3, MP2 ou WAV) acompañado dunha foto do grupo ou solista e unha minibiografía a:

vas-sacar-nota@radiogalega.es
Ou por correo nun CD de audio, tamén con foto e minibiografía a:
Concurso Vas Sacar Nota? 2010.
Programa Somos quen.
Radio galega. Bando. San Marcos. 15820
Santiago de Compostela.

BECAS DO GOBERNO XAPONÉS



Bolsas para graduados/as españoles/as que queiran estudar en universidades xaponesas como estudiantes-investigadores/as.
Prazo: 21 de maio de 2010.

Bolsas para estudantes que queiran facer formación especializada en universidades xaponesas. Prazo: 28 de maio de 2010

http://www.es.emb-japan.go.jp/estudiar_monbukagakusho.htm

CURSOS DE VERAN DA UNED 2010



Do 21 de xuño ao 25 de setembro 2010

O SABER, SEN DISTANCIA

http://portal.uned.es/portal/page?_pageid=435,6266489&_dad=portal&_schema=PORTAL

SUBVENCIONES PARA FAVORECER LA MOVILIDAD DE PROFESORES VISITANTES Y DE ESTUDIANTES EN ENSEÑANZAS UNIVERSITARIAS OFICIALES DE MÁSTER PARA EL CURSO ACAD

 Subvenciones para las estancias de movilidad de profesores visitantes
 Subvenciones para movilidad de estudiantes
 Subvenciones para másters conjuntos desarrollados por universidades francesas y españolas

MINISTERIO DE EDUCACIÓN

BOE 19-04-2010

4 maio (I Programa) 22 de septiembre de 2010( II, III Programa)

AXUDAS PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS QUE OBTEÑAN PRÁCTICAS NON REMUNERADAS NUNHA INSTITUCIÓN DA UNIÓN EUROPEA (2010)

- Posuír o compromiso escrito da correspondente Institución da Unión Europea (no senso anteriormente descrito) no que se acepte a solicitude do candidato para a realización dunha estancia non remunerada.
- Posuír a nacionalidade dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
- Ter nado en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia desde antes do 31.12.2007.
- Non ter gozado, en convocatorias anteriores, de cinco mensualidades de bolsa para as mesmas prácticas non remuneradas.

Máis información:
Fundación Galicia Europa
R/ Feáns, 3C baixo
15706 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 541012
santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

Bolsas "Rober Schuman" para o Parlamento Europeo

 Estudantes de terceiro ciclo
 Nacionalidade dalgún estado membro da UE

Pódense pedir en calquera momento do ano, preferentemente cun mínimo de 4 meses antes da data de comezo desexada

Bolsas de investigación "Alexander von Humboldt" en Alemaña

 Mozos científicos altamente cualificados que se doutorasen
 Menores de 40 anos

Abertas durante todo o ano

Bolsas para a formación de titulados superiores no Instituto Xeográfico Nacional

Título de Doutor/a, Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a ou equivalente, conforme á ordenación do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais»

MINISTERIO DE FOMENTO Bases

Ata ou 18 de novembro 2010

7 bolsas para estudar en China e India

 5 Bolsas para cursar un MBA en China: prazo até 31-08-2010.
http://www.obrasocial.lacaixa.es/ambitos/bolsas/chinesa

 2 Bolsas para cursar un Posgraduate Programme in Management en India: prazo até 31-08-2010.
http://www.obrasocial.lacaixa.es/ambitos/bolsas/india


rea de Bolsas, Universidades e Estudos Sociais. Obra Social "a Caixa"
Av. Diagonal, 621, torre 2, planta 2 - 08028 Barcelona
Teléfono: 93 404 67 35
Horario: de 9 a 15 h, de luns a venres
becas@fundacionlacaixa.es

Bolsas EADS fin de carreira. Programa Fundación SEPI- EADS-CASA

• Ser cidadán da Unión Europea.
• Ser estudante pendente de aprobar, no momento de presentar a solicitude de bolsa, un máximo de 3 materias e o proxecto de fin de carreira; ou finalizar a carreira nalgunha convocatoria do curso actual ou inmediatamente anterior ao momento de presentar devandita solicitude, das seguintes carreiras:
Enxeñeiro Aeronáutico
Enxeñeiro de Organización Industrial
Enxeñeiro de Telecomunicación
Enxeñeiro en Electrónica ou en Automática e Electrónica Industrial
Enxeñeiro en Informática
Enxeñeiro Industrial
Enxeñeiro Técnico Aeronáutico
Enxeñeiro Técnico Industrial
Terán preferencia no proceso de selección as enxeñarías Aeronáutica, de Telecomunicación e Industrial.
- Alto nivel de inglés.
- Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1982.
Máis información:
Fundación SEPI
C/ Quintana, Nº 2, 3ª planta, porta 2
28008 Madrid
Tel: 91 548 83 51
Fax: 91 548 83 59
http://www.funep.es/bolsas/ecfc-fsepi.asp

prazo recepción solicitudes até o 15/12/2010

Unha asignación de 1.000 €/ mes


Bolsas para o desenvolvemento de actividades de formación académica de curta duración, destinadas a grupos de alumnos universitarios que cursen os seu

• Solicitar estas axudas grupos de estudantes matriculados no último curso da mesma titulación universitaria qeu cursen unha materia dun determinado departamento nun mesmo centro universitario
• Participar na realización dunha ctividade formativa como compoñente dun grupo de 10 alumnos como mínimo e de 15 como máximo, cunda duración máxima da estadía de 7 días
• Elixir entre todos os membros do grupo un representante ou apoderado único da agrupación que será un alumno do grupo

consellería de educación e de ordenación universitaria DOG 29-04-2010

Ata o 30 de maio de 2010

Bolsa intramural con incorporación á Organización Nacional de Transplantes

• Nacionalidade española, a dun país membro da Unión Europea ou a dun país signatario do acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Tamén poderán solicitar as bolsas os estranxeiros residentes legalmente en España, de conformidade coas previsións do artigo 9.3 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
• Ser residente en España no momento de incorporarse á bolsa e posuír plena capacidade de obrar.
• Titulación académica: licenciado universitario ou Enxeñeiro superior. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar convalidados no momento de solicitar a bolsa.
• Non gozar de máis dunha bolsa de igual modalidade de convocatorias anteriores da Organización Nacional de Transplantes
Secretaría Xeral da Organización Nacional de Transplantes
rúa Sinesio Delgado, 6-8, pavillón-3
28029 Madrid Publicación :BOE: 06-05-2010

prazo até 26-05-2010.

Bolsas de colaboración en departamentos das universidades do SUG destinadas ao alumnado de excelencia académica

• Poderán solicitar estas axudas e ser beneficiarios delas as alumnas e alumnos universitarios que, ademais dos requisitos xerais exixidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, reúnan os seguintes requisitos:
• Non estar en posesión ou en disposición legal de obter o título académico de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.
• Matricularse no curso académico 2010-2011, en calquera das tres universidades que compoñen o SUG, no último curso dos estudos conducentes a unha titulación de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto na totalidade das materias ou créditos que lle resten para rematar os seus estudos, excluíndo do mencionado cómputo o proxecto fin de carreira. O alumnado que actualmente curse ensinanzas universitarias recollidas na Lei de reforma universitaria (LRU) deberá ter superado no momento de formalización da matrícula do curso 2010-2011, o primeiro ciclo e o 45 % dos créditos que integran o segundo, con excepción do alumnado de medicina que deberá ter superado o 60 %. O alumnado que curse ensinanzas de grao deberá ter superado o 72% dos créditos da titulación.
• Presentar o proxecto de colaboración.
• Posuír unha nota media simple no seu expediente académico igual ou superior a 2, calculada cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, o 21 de febreiro de 2005, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.
Secretaría Xeral de Universidades
Edificio administrativo de San Caetano
15781 Santiago de Compostela
http://www.edu.xunta.es/

Publicación:
DOG: 07-05-2010


prazo até 07-06-2010.

11 may 2010

Programación de obradoiros de informática para o mes de maio

Os cursos son DE BALDE:

Para informarte sobre os cursos acode a Aula aberta
Luns a xoves: 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30
Venres: 9:30 a 15:00

Información e inscricións:
Aula Informática R/ Alcalde Domingo Sierra, nº 1, baixo. Vilaboa-Culleredo. Teléfono: 981/612072
Área de Promoción Económica. Rúa do Concello, nº 12. Culleredo. Teléfono: 981-677777.
Máis información: http://www.culleredo.es

Actuación teatral de "Espello Cóncavo"


Este venres 14 de maio ás 20'30h. no edificio de servizos múltiples do Burgo terá lugar a terceira das funcións teatrais que forman parte deste ciclo de teatro profesional "Adolfo Marsillach" coa actuación de "Espello Cóncavo" teatro que poñerá en escena a obra "anxeliños" escrita por Roberto Vidal Bolaño e interpretada polos coñecidos actores Fernando Moran, Rodrigo Roel, Estibaliz Veiga, Isabel Risco e Manu Fernandez.

Máis Información: http://www.culleredo.es/

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2010


O 17 de maio e un día moi importante para todos os galegos e galegas no que celebramos o día das letras galegas , este ano adicado o gran poeta

UXIO NOVONEYRA

ARTE XOVE

Es un o unha artista? Queres expoñer a túa obra no Centro Coordinador de Información e documentación xuvenil?
Non o dubides chama o 981583900 ou entra en

Convocado XXIII Certame Xóvenes Investigadores.

O Injuve dálle a oportunidade a xovenes investigadores de gañar ata 6000 €
O prazo de solicitude remata o 15 de maio así que corre!!!
Aquí podes atopar máis información:

Fomento e a realización de actividades de voluntariado en 2010

A Consellería de Traballo e Benestar pon en marcha de novo as solicitudes de subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado para o ano 2010.
Se estás inscrita coma unha entidade de acción voluntaria de Galicia e realízache algún proxecto en prol do voluntariado entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 15 de outubro de 2010, presenta a solicitude da subvención ata o 5 de xuño de 2010.
Para aclarar todas as dúbidas que teñas:
Máis información no DOG do 4 de maio de 2010 e en www.voluntariadogalego.org
Máis información:
http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions

O DOG publica a Orde do novo modelo de participación xuvenil.

Xa temos no DOGA a orde que regula o novo modelo de participación xuvenil. UNHA DAS NOVIDADES, a participación de grupos informais, e dicir mozos e mozas que se xuntan para facer algún proxecto en común pero non están estipulados coma asociación, estes grupo deberán estar formados mínimo con 5 persoas entre os 18 e os 29 anos, e Terán a opción de solicitar á Xunta UN ADIANTE ECONÓMICO do 80% por cento sobre a cantidade total da axuda concedida.
De este xeito a falla de liquidez non é un problema para poder levar a cabo o voso proxecto, así que apúntate tes un mes desde o día seguinte á publicación no DOGA.
Máis información:http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions

Ofertas de Emprego Privado

Oferta Nº 973870 Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Perruqueiro/a
Salón de peiteado de recente apertura precisa persoal con experiencia mínima de cinco anos no posto. Necesario Ciclo Medio en Perrucaría.
Traballo a xornada completa, incorporación inmediata.

Oferta Nº 975087
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Docente "Curso de Xestor Financeiro"
Precísase persoal con experiencia dun ano como docente e ter obtida a Diplomatura en Ciencias Empresariais, Licenciatura en ADE, en Economía ou en Dereito. Incorporación en xuño en horario de mañá de luns a venres.

Oferta Nº 975040
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Asesor/a comercial
Precísase persoal maior de 18 anos para realizar distribución e venda de lencería e xoguetes eróticos. Traballo compatible con outras actividades. Ofrecen comisións por venda.

Oferta Nº 974979
Localidade: A Coruña
Posto ofertado: Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola
Consultora de formación precisa incorporar persoal para impartir cursos en cooperativas agrarias: benestar e nutrición animal, contaminación e xestión de residuos, produción e conservación de forraxe, etc. Necesaria experiencia como docente e carné B. Ofrecen traballo a media xornada.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Xerente

Organización de Productores Sector Pesca busca xerente en A Coruña.
serán requisitos:
licenciado/a en inglés. nivel alto. Experiencia mínima de dous anos en xestión de asociacións/empresas.
Interesados enviar CV a: empleo@esacua.es
La Voz de Galicia do domingo 9 de maio de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Soldadores

HORTA COSLADA construcións metálicas necesita incorporar para o seu centro de traballo en A Coruña: Soldadores e oficiais de 1ª e 2ª.
Interesados enviar CV a: rrhh@hortacoslada.com
La Voz de Galicia do domingo 9 de maio de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Postos para carnicería

MAYCA carnizaría/charcutería busca para A Coruña varios postos de:
2 carniceiros, 2 charcuteiros e dúas caixeiras.
Imprescindible experiencia en postos similares.
Interesados enviar CV a: 981 852 440 (fax), ou chamar ó tfno:981 852 164.
La Voz de Galicia do domingo 9 de maio de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Especialista en Confección

Fabrica de Material deportivo necesita incorporar un especialista en material de confección para control de calidade nos talleres.
Interesados chamar ó tfno: 981 801 120.
La Voz de Galicia do domingo 9 de maio de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Prazas de auxiliar na UDC

A Universidade da Coruña, convoca 30 prazas de auxiliar administrativo, polo sistema de concurso-oposición.
O prazo será a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia.
Máis información BOE do 10 de maio de 2010.
Máis información:

Conductor repartidor

Empresa de distribución de bebidas necesita incorporar un Conductor Repartidor.
Se require:
1. con carné de primeira.
2. idade de 20 a 40 anos.
Interesados chamar ó: 981 611 077. Preguntar por Roberto.
La Voz de Galicia do domingo 9 de maio de 2010.
Máis información:

Convocadas 3 prazas temporais na UDC

A Universidade da Coruña, convoca 2 prazas temporais (2 meses) de técnico e 1 temporal(2 meses) de administrativo.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de maio de 2010.
Máis información:

1 praza de Telefonista na UDC.

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza de persoal laboral, categoría telefonista.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.
Máis información BOE do 1 de maio de 2010
Máis información:

Producións audiovisuais en lingua galega de contido artístico e cultural.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural.
Poderán ser obxecto de subvencións da Agadic diferentes proxectos: largometraxes, documentais…:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2010.
Mais información sobre os tipos de proxectos e contidos en:
DOG do 7 de maio de 2010

Premios «Moz@s Investigadores» para 2010.

Alumnos e Alumnas de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional e membros de distintas asociacións se tedes interés en mellorar a cultura científica , este pode ser o teu momento presentándose os
premio «Moz@s Investigadores».
Os obxectivos, requisitos e prazos podelos consultar en:
BOE do 3 de maio de 2010.

Curso de posgrao en investigación social aplicada e análise de datos 2010-2011 con posibilidade de bolsa

O curso convocado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas ten como finalidade contribuír á formación de titulados universitarios superiores nas técnicas de investigación social, dando especial relevancia á recollida de datos e á análise, interpretación e presentación destes, todo iso cunha orientación esencialmente práctica.
Máis información sobre os destinatarios, prazos, matriculas e bolsas do curso en:
BOE do 4 de maio de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmastersposgraos

VI Edición do Curso de Cooperación Internacional ó desenvolvemento e xestión de O.N.G.

O Curso Organizado polo Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da UDC, ten como obxectivos a formación de expertos en cooperación internacional ao desenvolvemento que poidan traballar en centros públicos e privados nacionais e internacionais da cooperación ao desenvolvemento.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de xullo de 2010.
Máis información tfno: 981.167000 (ext1966) e-mail: iuee@udc.es

Bolsas de colaboración en departamentos das universidades en Galicia

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 35 bolsas de colaboración en departamentos das universidades do sistema universitario de Galicia, para o curso académico 2010-2011, destinadas ao alumnado do último curso de ensinanzas universitarias de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto co obxectivo de iniciarse en tarefas de docencia e de investigación directamente vinculadas cos seus estudos.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2010.
Máis información no DOG do 7 de maio de 2010 e en www.edu.xunta.es
Máis información http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

Xornada Unha Europa para tí.

Universitarios e universitarias que queirades ver e aprender de outras culturas europeas non perdades de acudir a Xornada Unha Europa para ti ahí poderedes coñecer todos os programas europeos de mobilidade.
Lugar e data: 12 de maio de 2010.
Salón de Graos, Facultade de Dereito Campus de Elviña, A Coruña.
Máis información:

Europa ao teu alcance

Programa xuventude en acción. A xuventude no mundo: Cooperación con países non veciños da Unión Europea.
O obxecto da presente convocatoria de propostas é apoiar proxectos que promovan a cooperación no ámbito da xuventude entre os países participantes no programa «A xuventude en acción» e os países socios que non son veciños da Unión Europea (aqueles que subscribiron coa Unión Europea un acordo no ámbito da xuventude). Nesta convocatoria ofrécense subvencións a determinados proxectos.
Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de novembro e 31 de decembro de 2010, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12.
As solicitudes deberán enviarse como moito o 17 de maio de 2010 á seguinte dirección:
Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
Programa «A xuventude en acción» - EACEA/11/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Máis información sobre os obxetivos e as preferencias de selección no
DOUE do 16 de marzo de 2010

Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia.

Se estás interesado/a en mercar ou alugar unha vivenda protexida, apúntate no rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia.
Se estás inscrito no rexistro antes do 22 de xaneiro do 2010 deberás actualizar os datos da túa inscrición antes do 22 de maio nas oficinas do IGVS da túa provincia.
Máis información :

4 may 2010

Educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos

Convócanse as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro.
Contidos da proba:
a) comunicación.Exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira.
b) Ámbito científico-tecnolóxico. Abrangue exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.
c) O ámbito social. Abrangue exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción correspondentes ás materias de educación plástica e visual e música.
Os prazos de matrícula serán:
-Proba de xuño: 18 ao 28 de maio, ambos os dous incluídos.
-Proba de setembro: do 1 ao 3 de setembro, ambos os dous incluídos.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 10 de xuño e 10 de setembro para as respectivas convocatorias.

Máis información no DOG do 3 de maio de 2010 e en www.edu.xunta.es

Curso formación de usuarios de biblioteca da Universidade de A Coruña

A Universidade de A Coruña organiza un curso de formación de usuarios de biblioteca. O curso ten un crédito de libre elección.

Dirixido aos alumnos de 1º e 2º ciclo da UDC
A actividade utilizará a plataforma de ensinanza virtual Moodle
Matrícula gratuíta
A inscrición realizarase vía web.
Data límite de inscrición 6 de maio
Datas: 11, 12 e 13 de maio. Dúas sesións distintas, unha de mañá e unha de tarde
Duración: 10 horas
Presencias: 6 horas. Luns, martes e mércores, en turno de mañá ou de tarde (2 horas cada día de 11.00-13.00 e de 18.00-20.00).
Virtuais: 4 horas
Lugar de celebración
Distintas Facultades dependendo da demanda; consulta na biblioteca .

Información: www.udc.es (en novidades)

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/cursosmastersposgraos

Premios Nacionais de Formación Profesional de Grao Superior correspondentes ao curso 2008/09

Poderanse conceder ata 26 premios nacionais. Concederase premio ao alumno con mellores méritos de cada unha das familias profesionais
O prazo de inscrición remata o 15 de maio de 2010
Os requisitos para poder presentarse a estes premios os podes consultar no BOE do 26 de abril de 2010.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/formacionprofesional

Prazas de Operarios de Servizos Xerais

O Concello de Oleiros convoca 9 prazas de operarios de servizos xerais (praias).
As bases se poden consultar na páxina web: www.oleiros.es.
As solicitudes se presentarán na casa do Concello (planta baixa)
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a partires da publicación deste anuncio(La Voz de Galicia do domingo 2 de maio de 2010)

Máis información:: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

Oferta de emprego Universidade Corporativa CEAGA

A Universidade Corporativa del Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) selecciona:
- expertos no sector de automoción con vocación e experiencia pedagóxica.
-expertos pedagogos/formadores con interés e coñecementos sobre o sector de automoción de Galicia.
Interesados enviar CV a:
seleccion.ucc@hotmail.com
La Voz de Galicia do domingo 2 de maio de 2010.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

Integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego

A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia
Podes consultar os diferentes programas e os prazos de solicitud polas seguintes vías:
No DOG do 3 de maio de 2010
En http://traballo.xunta.es

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego

Convocadas prazas de Bombeiro no Concello da Coruña

O Concello da Coruña, convoca 5 prazas de Bombeiro, polo sistema de oposición.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.Máis información BOE do 1 de maio de 2010.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

Bolsas de prazas de laboral temporal na Unión Europea.

As bolsas son de Administradores de dereito da competencia, de seguridade de sistemas de información, de expertos audivisuais, e biblioteconomía.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 28 de maio de 2010.
Máis información DOUE do 29 de abril de 2010.
Máis información:

1 praza de Técnico de Administración Xeral para A Laracha ( A Coruña)

O Concello de A Laracha (A Coruña), convoca 1 práza de técnico de Administración Xeral Secretaría, polo sistema de oposición libre.
O prazo de presentación de solicitudes é de 20 días naturais, contados a partir da publicación no BOE.
Máis información BOE do 3 de maio de 2010.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

Integración laboral das persoas con discapacidade

A Consellería de Traballo oferta subvención as empresas ordinarias para diferentes modos de contratacións de persoas con discapacidade.
A finalidade deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es.
O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 1 de xuño de 2010.

Máis información no DOG do 30 de abril de 2010 e en http://traballo.xunta.es

1 praza temporal FP3 na UDC

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (2 meses) para titulacións de formación profesional 3 e con experiencia en bases de datos e Access.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 10 de maio de 2010.

Máis información www.udc.es

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/universidade

Convocada 1 praza de Licenciado en Bioloxía na UDC

A Universidade da Coruña, convoca 1 praza temporal (4 meses) na Facultade de Ciencias .
O prazo de presentación remata o 10 de maio de 2010.
Máis información WWW.udc.es

Campamentos de Verán 2010 para persoas con discapacidade

As mozas e os mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33% xa poden solicitar a participación en campamentos para este verán
Terán prioridade:
- As persoas que non participaran en anos anteriores.
- As persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria para a participación nas quendas de integración e aquelas persoas con maior necesidade de apoio nas quendas específicas.

Premios Provinciais a Investigación 2010

A Deputación de Pontevedra, convoca premios a traballos de investigación e a teses, proxectos de fin de carreira, fin de master.
Os premios oscilan entre os 3000 e os 1800 €. Non perdas a oportunidade tes de prazo ata o 13 de novembro do 2010.