Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 feb 2011

Programa Noites Saudables para a Mocidade

Se tes entre 18 e 35 anos e resides na Comunidade Autónoma de Galicia, non podes perder a oportunidade de vivir o programa Noites Saudables para a Mocidade.

Este programa ten por finalidade que poidas gozar do termalismo e o ocio, con máis xente da túa idade, con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e do 8 ao 10 de abril, incluíndo dúas noites de estancia (venres e sábado) nun cuarto dobre en réxime de media pensión (dereito a cea) con dous tratamentos específicos, un o sábado e outro o domingo.

Haberá 500 prazas dispoñibles a repartir, entre oito establecementos de concellos galegos, durante 5 fins de semana. Debes saber que os tratamentos e estancias son un 50% máis baratos que se vas por libre.

Os prazos de inscrición comezan o día 14 de febreiro, tendo que chamar por teléfono para a reserva aos números 981 545822, 981541689, 981545937 e 981545702.

De luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.

Probas para obter certificados de lingua galega

Se non tes un certificado do teu nivel de galego, agora preséntase a túa oportunidade. A Secretaría de Política Lingüística convoca probas para a obtención do CELGA 1, 2 ,3 , e 4 no ano 2011.

Realizaranse dúas convocatorias en diferentes datas:

1º cxonvocatoria de xuño; para Galicia e resto do Estado Español:

- Celga 4: 18 de xuño de 2011.
- Celga 2: 19 de xuño de 2011.
- Celga 3: 25 de xuño de 2011.
- Celga 1: 26 de xuño de 2011.

2º convocatoria de outubro; só para América sendo destinatarios persoas maiores de 16 anos cumpridos antes do 2011 tanto nacionais como estranxeiros:

- Celga 4: 6 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 2: 6 de outubro de 2011, pola tarde.
- Celga 3: 7 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 1: 7 de outubro de 2011, pola tarde.


En Galicia as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo; na solicitude debes marcar en que lugar vas facer as probas.
En Europa: Alemaña (Berlín, Heidelberg, Kiel, Tubinga e Leipzig), Francia (París), Irlanda (Cork), Italia (Roma e Padua), Polonia (Varsovia), Portugal (Braga, Faro e Lisboa), Reino Unido (Bangor, Birmingham e Oxford), Croacia (Zadar).
En América: Arxentina (Bos Aires), Brasil (Rio de Xaneiro, Salvador de Baía e Sao Paulo), Chile (Santiago de Chile).

O prezo para Galicia e Europa será de 15,61 € , mentres que para América será de 5,61€.

O prazo de inscrición: para a convocatoria de xuño de 2011 en Galicia, Estado Español e Europa, ata o 29 de abril de 2011 inclusive. Mentres que para a convocatoria de outubro de 2011 en América será ata o 30 de xuño de 2011 inclusive.

www.xunta.es/linguagalega

Cursos actuación para socorristas

Se o teu é o socorrismo, atende! Dirixido a socorristas titulados, servizos de emerxencias e publico en xeral. Ofrécese:

- Actualización de novos protocolos de actuacións de RCP.
- Actualización en manobras de soporte vital básico e primeiros auxilios.
Os lugares elixidos son A Coruña, Pontevedra, Carballo e Ribeira.
E as datas son:

- Pontevedra 26/02/2011
- Carballo 26/03/2011
- Ribeira 09/04/2011
- A Coruña (por determinar)

A duración será de 8 horas.
Prezo: se tes licenza federativa, 50 €; se non tes licenza federativa, 70 €.

Mais información na Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (rúa Hábitat nº8 baixo izq 15172 Perillo-A Coruña. Teléfono: 981977120

Bolsas para estudos artísticos

Se queres desenvolver a túa vea artística, a Deputación da Coruña convoca 18 bolsas para estudios artísticos fóra de Galicia, entre 2011 e 2012. As bolsas se reparten así:

- Área de artes plásticas: 3 bolsas
- Área de danza: 2 bolsas
- Área de interpretación: 4 bolsas
- Área de música: 6 bolsas
- Área de imaxe: 3 bolsas.

Poderás participar se naciches do 1 de xaneiro de 1981 en adiante e vives na provincia da Coruña. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de marzo de 2011.

www.dicoruña.es

21 feb 2011

Bolsas para deportistas da provincia da Coruña

Practicas deporte de maneira profesional? Se é así debes saber que a Deputación da Coruña convoca bolsas individuais para deportistas da provincia para o ano 2011. Establécense dous grupos dependendo da idade:

- Grupo A: de 14 a 17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2011.
o Concederanse 10 bolsas de 2.000 euros cada unha.
- Grupo B: de 18 a 21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2011.
o Concederanse 10 bolsas de 3.000 euros cada unha.
Dependendo dos criterios do tribunal cualificador poderase cambiar os bolseiros dun grupo A o grupo B.
Podes inscribirte a partir do 15 de marzo de 2011.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2011 e en www.dicoruna.es

XV Certame de poesía Francisco Añón

Se che gusta escribir, esta é a túa oportunidade para dar rendas á túa escrita. Participa no XV Certame de poesía Francisco Añón.
Bases:
Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos. Establécense 6 categorías e premios segundo a idade, que se contabilizará ata o 13 de abril, data de remate de entrega dos traballos.
Podes consultar o resto das bases en www.xuventude.net

Arquitecto/a técnico/a para o Concello de Betanzos

O Concello de Betanzos busca, mediante convocatoria pública, un arquitecto/a técnico/a, para o que fai falla:

- Ter o título de arquitecto/a técnico/a ou equivalente
- O prazo estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.

Tes máis información na OMIX de Betanzos ou no teléfono 981771300

Técnico en Grao Medio en normalización lingüística:

Se es un amante da túa lingua debes saber que a UDC convoca probas selectivas para optar a 2 prazas de Técnico en normalización linguística.
Podes consultar os requisitos no BOE do 09/02/2011.

Convocadas dúas prazas temporais, na facultadade de Informática da UDC

Tes formación en informática? Pois esta é a túa oportunidade. A UDC convoca 1 praza para 6 meses de operador informático e 1 praza de enxeñeiro técnico informático de 9 meses.

O prazo é: - 21 de febreiro para operador informático
- 22 de febreiro para E. T. informático

Para máis información : www.udc.es

Convocada unha praza temporal de doutor en Ciencias da Educación Física e o Deporte na UDC

Tes formación en Ciencias da Educación Física? Pois esta é a túa oportunidade. A UDC convoca 1 praza de 10 meses para traballar de rehabilitador de pacientes con enfermidades neurodexenerativas, plataformas de forzas e estimulación magnética transcraneal. Tes ata o 28 de febreiro de 2011.

Máis Información: www.udc.es

Convocada unha praza temporal de licenciado ou mestre en Bioloxía ou Química

Se tes estudos de Bioloxía ou Química esta é a túa oportunidade xa que a UDC convoca 1 praza para 6 meses como analista de solos e augas. Para presentarte tes prazo ata o 24 de febreiro de 2011.

11 feb 2011

LET´S GO INTERNATIONAL COURSES 2011

CURSOS DE VERÁN EN INGLATERRA E ESTADOS UNIDOS

QUEN PODE PARTICIPAR?
Mozos/as de idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos

ONDE PODO INFORMARME?
Na páxina web : www.letsgonet.com ou ben no Tlf.: 93 368 73 75 (de 10:00 a 20:00 h, de luns a venres)

9 feb 2011

BOLSAS LEONARDO DA VINCI 2010-2012

CONVOCA: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
DE QUE SE TRATA? Son bolsas para facer prácticas en empresas estranxeiras.
REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:
- Mozos/as galegos/as, residentes en Galicia, con idades entre 18 e 30 anos
- No mercado laboral, con titulación de FP ou con título universitario obtido recentemente
- Coñecer como mínimo o idioma do país de destino (INGLÉS, FRANCÉS, ITALIANO)
- NON GOZAR NUNCA DUNHA BOLSA LEONARDO DA VINCI
DENTRO DESTAS BOLSAS SE INCLÚE O PROXECTO MOGAL
QUE OFRECE?
- 10 semanas de prácticas nunha empresa de Italia, Holanda, Francia ou Irlanda
- 2 semanas (40h) de preparación cultural e lingüística do idioma do país de destino
- Certificación correspondente profesional e académica
- Aloxamento no país de destino
- Parte da manutención
- Viaxe, custo real, ata un máximo de 200€
- Cobertura de seguro mínima
SECTORES PRIORITARIOS:
- MOBLE E MADEIRA
- DESEÑO
- TURISMO
- MECÁNICA
- RESTAURACIÓN
- IMAXE e SON
- INFORMÁTICA
- ELECTRICIDADE
- SERVIZOS SOCIOCULTURAIS e á COMUNIDADE
CANDO?
- 10 de xaneiro-25 marzo 2011
- 4 abril-24 xuño 2011
- 3 outubro-23 decembro 2011
- 9 xaneiro 2012-24 marzo 2012

INFORMACIÓN e FORMULARIOS DE INSCRICIÓN EN:
www.xuventude.net
galeuropa@xunta.es

4º CERTAME MÚSICA XOVE’11

CONVOCA: o departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela
OBXECTIVO: promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade
UN POUCO DE HISTORIA: unha vez posto a disposición dos grupos musicais e solistas da cidade de Santiago de Compostela un local con dúas salas independentes para ensaios onde contan con material básico para a práctica musical, estase a desenvolver un labor de promoción e difusión das súas actividades e a realización de concertos, ben organizados polo servizo municipal do departamento de Xuventude do Concello de Santiago ou a través de colaboracións con outras institucións, colectivos, salas de concertos, empresas, entre outros axentes; sempre como acción que incida no obxectivo proposto.
Nesta liña de apoio á creatividade musical creouse este certame que, ademais de ter como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividad en Santiago, dá cabida a todas aquelas bandas e solistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Se queredes participar podedes ver as bases e a ficha de inscrición do certame en www.xuventude.eu

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO MEDIO e SUPERIOR

Accédese directamente á formación profesional de grao medio estando en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao medio aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007)
• Título de técnico ou de técnico auxiliar.
• Segundo curso de Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
• Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
• Das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.
• Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.



No caso de que non se posúa algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administraciós educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao medio requerirase ter, como mínimo, dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao medio quedando exentos da proba aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
Accédese directamente á formación profesional de grao superior estando en posesión do título de bacharel.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao superior aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulaciós ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007):
• Segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato Experimental.
• Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
• Técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
• Titulación universitaria ou equivalente.

No caso de non posuír algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administracións educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requerirase ter, como mínimo, dezanove anos cumpridos no ano de realización da proba ou dezaoito se se acredita estar en posesión dun título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos da proba a aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

CONVALIDACIÓNS E EQUIVALENCIAS
O modelo de Formación Profesional constitúese nunha formación capaz de acoller a calquera alumno/a sexa cal sexa o seu punto de partida, fomentando a formación ao longo da vida
Por isto, e co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer ben a formación adquirida con anterioridade por vías formais baixo plans de estudo do antigo ou do vixente sistema educativo, ben as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías de formación non formais.
Estes procedementos quedan establecidos mediante as equivalencias, convalidacións e acreditacións correspondentes.
A equivalencia é o recoñecemento de que un título (ou un conxunto de estudos superados pola persoa interesada) ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais que outro, se ben non dá dereito ao interesado á obtención do título co que se establece a equivalencia.
A convalidación consiste na confirmación de que unha formación a cursar está superada cunha formación achegada e superada polo persoa interesadaa, sempre co obxecto de continuar estudos no sistema educativo español.
A acreditación realízase con respecto ás competencias profesionais que se adquiriron. Aqueles alumnos/as que non superen na súa totalidade as ensinanzas dun dos ciclos formativos recibirán un certificado académico dos módulos superados que terá efectos de acreditación parcial acumulable.
Igualmente, estase a traballar nun procedemento que permita acreditar a calquera cidadán as súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou por vías non formais de formación.
PROBAS LIBRES
As probas para a obtención dos títulos de Formación Profesional do sistema educativo ofértanse como unha vía alternativa para obter as titulacións de técnico ou técnico superior sen necesidade de cursar as ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e grao superior.
As administraciós educativas das distintas comunidades autónomas son as responsables de organizar e convocar, polo menos unha vez ao ano, estas probas.
As convocatorias das mesmas incluirán os centros docentes públicos designados para a celebración destas probas, así como o período de matriculación e as datas de realización.
A avaliación realizarase por módulos profesionais e os contidos das probas referiranse aos currículos dos ciclos formativos vixentes.
Para poder presentarse a estas probas, os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

Para o título de técnico
• Ter dezaoito anos como mínimo.
• Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente para efectos académicos.

Para o título de Técnico Superior
• Ter como mínimo vinte anos ou dezanove anos se o aspirante xa posúe o título de técnico.
• Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente para efectos académicos.
As persoas aspirantes a estas probas poden solicitar as respectivas convalidacións de módulos profesionais achegando estudos con validez académica.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR

ANO 2011
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: DO 28 DE FEBREIRO AO 11 DE MARZO
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR: DO 24 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO
ONDE SE PRESENTA A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO?
PRESENTARASE POR DUPLICADO NA SECRETARÍA DE CALQUERA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OU CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ONDE SE IMPARTAN CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
DATAS DOS EXAMES
PARA OS CICLOS DE GRAO MEDIO: O 3 DE XUÑO DE 2011
PARA OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR: O 2 DE ABRIL DE 2011

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG DO 20 DE XANEIRO DE 2011 E EN www.edu.xunta.es/fp

PROGRAMA GALEGO DE MOBILIDADE

O programa galego de mobilidade “A Xuventude no Mundo” pretende que os mozos/as de Galicia poidan coñecer outros países e outras rexións distintas ás do seu medio natural. Todo isto a través da participación activa en actividades con outros rapaces doutros medios, adquirindo experiencia e coñecemento mediante unha educación non formal.
LUGARES DE REALIZACIÓN:
1- Italia, en Rimini do 2-8 de febreiro
2- Francia, en Noyant do 2-8 de febreiro
3- Hungría, en Hölloko, do 2-8 de febreiro
4- Colombia, en Barranquilla, Santa Marta e Cartagena de Indias do 3-9 de febreiro
5- Chile, en Santa Cruz do 16-23 de febreiro
6- Xapón, en Wakayama do 4-10 de febreiro
7- Italia, en Brolo do 9-16 de febreiro
8- República Checa, en Ceska Trebova do 14-17 de febreiro
9- Hungría, en Veszprem, do 16-23 de febreiro
10- Rusia, en Yaroslav do 21-28 de febreiro
11- Moldova, en Chisinau do 1-8 de marzo
12- Armenia, en Yerevan do 1-8 de marzo
13- Arxentina, en Iguaçú do 1-8 de marzo
14- Portugal, en Figueira da Foz do 8-16 de marzo
QUE TEÑO QUE FACER?
REQUISITOS A CUMPRIR PARA PARTICIPAR
- Ter entre 18 e 30 anos
- Enviar un correo electrónico á dirección mobilidadexuvenil@xunta.es e cubrir o formulario de inscrición que se atopa na páxina web www.xuventude.xunta.es
- De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 5 días, entenderase que non se obtivo a praza
- Unha vez que se comunique por correo electrónico a admisión no programa, farase o ingreso nas 48 horas seguintes, enviando o xustificante por correo escaneado
- A xustificación da posesión do Carné Xove farase mediante o envío da fotocopia escaneada por correo electrónico nas 48 h seguintes á comunicación
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.xuventude.net
Tlf: 981 541 689
981 545 712/ 981 545 822

8 feb 2011

Plan Renove de equipos de iluminación interior:

O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes, de equipamentos de iluminación interior por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía.

Considéranse actuacións elixibles:

- A substitución de luminarias, lámpadas ou reactancias existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables, sempre e cando permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%.

- A instalación de sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural, axustándose ás necesidades do usuario sempre e cando permitan conseguir un aforro enerxético de, polo menos, un 20%, anual respecto a instalacións en control ou regulación.

- O investimento mínimo para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500 €.
A contía máxima de subvención será o 25% do custo elixible da nova instalación de luminación.

O plan rematará o día 30 de xullo de 2011.
Máis información en www.inega.es

7º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato:

Se o teu é a Fotografía debes saber que a Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos (A Coruña) convocará unha nova edición do concurso de fotografía:
Xurxo Lobato

1. PARTICIPANTES
O concurso vai dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia.

2. CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
• O tema é libre
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor
• Máximo de tres fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico
• Data de entrega: antes do 1 de abril de 2011

3. PRESENTACIÓN
- Os autores deberán:
• enviar as fotografías por correo electrónico a fotomonelos@gmail.com. cos seguintes datos: nome e apelidos DNI idade teléfono enderezo centro de estudo curso
• poñerlle un título a cada foto

4. XURADO• Estará formado por un representante da Asociación de antigos alumnos, outro do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.

5. PREMIOS
1º premio: diploma e 300 €
2º premio: diploma e 200 €
3º premio: diploma e 100 €

• O xurado considerará a posibilidade conceder algún accésit, con regalo de lotes de libros de fotografía

6. EXPOSICIÓN
- A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións etc.).
Nota. A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

4 feb 2011

Iniciativa Xove: axudas a iniciativas xuvenís de asociacións e grupos informais

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as.

Terán preferencia as seguintes iniciativas xuvenís:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas da xente nova na súa comunidade e contorno.

Destinatarios:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Requisitos:
1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.
Máis información

no Teléfono Xove: 902 15 25 35


Xuventude polo mundo

Se che gusta viaxar, comeza a terceira edición do programa de mobilidade “A xuventude polo mundo” ao que poderán asistir 10 mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos de idade. Valo perder?

Neste intercambio usarase a fotografía e os medios audiovisuais como ferramenta para a difusión de actividades xuvenís.
Nesta terceira edición a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo:

• Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís.
• Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría.
• Cartaxena (Colombia) do 16 ao 23 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude.
• Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos .
• Ceska Trebova (Chequia) do 25 de marzo ao 1 de abril. Temática: Diversidade cultural.
• Santa Cruz (Chile) do 28 de marzo ao 4 de abril. Temática: Cultura, tradicións e costumes do campo chileno.
• Brolo (Italia) do 1 ao 8 de abril. Temática: Valor da cultura no futuro.
• Figueira da Foz (Portugal) do 9 ao 16 de abril. Temática: Estratexias de participación no combate contra a exclusión social.
• Chisinau (Moldova) do 2 ao 9 de maio. Temática: Mozos europeos con valores comúns.
• Yaroslav (Rusia) do 13 ao 20 de maio. Temática: Etnias minoritarias.
• Wakayama (Xapón) do 28 de maio ao 5 de xuño. Temática: Os valores orientais.
• Vezprem (Hungría) do 1 ao 8 de xullo. Temática: Pros e contras da globalización.
• Iguaçú (Arxentina) do 1 ao 24 de agosto. Temática: A preservación da selva na triple fronteira.
• Yeveran (Armenia) do 14 ao 21 de setembro. Temática: O emprego e a globalización.

As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net

Bolsas do Goberno Chinés para Universitarios e Titulados Superiores

Se es universitario ou titulado superior debes saber que o Ministerio de Educación da República Popular China convoca o seu concurso anual para o ano académico 2011-2012, con motivo da concesión de 12 bolsas totais e 3 bolsas parciais para cidadáns españois

Os solicitantes poden encontrar as informacións das universidades e centros docentes chineses que aceptan bolseiros estranxeiros na seguinte páxina de web:

http://en.csc.edu.cn/Lianhua/Default.aspx?cid=279


Requisitos: Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de licenciatura ou superior. O prazo de presentación de solicitudes de bolsa e ata o 10 de abril de 2011. En xullo comunicarase a concesión de bolsas na páxina web da embaixada.


Información: Sr.Wang Zhiwei
Oficina de Asuntos Educativos
Embaixada de la República Popular China en España
Dirección: C/Matías Turrión 28, 1B. 28043 Madrid
Telf : 913 88 39 88 Fax: 917 59 92 92
Correo electrónico: embajadachinaeducacion1@hotmail.com
Páxina web: http://www.embajadachina.es/esp/

En Galicia o 2011 sona con notas propias:

Se che gusta a música non podes perder os actos preparados pola Consellería de Cultura e Turismo para a promoción da música en Galicia. As institucións públicas galegas, os centros de ensino, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia dedicarán unha parte da súa actividade a poñer de relevo esta manifestación contribuíndo, con iso, ao recoñecemento da música como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura galega.

Máis información en http://culturaeturismo.xunta.es

Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero:

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.

b) Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.

c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia..

d) Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2011.

Máis información en http://igualdade.xunta.es

Subvencións para a tradución e edición en linguas estranxeiras de obras literarias ou científicas

O Ministerio de Cultura convoca subvencións a favor de editores estranxeiros ou españois, para a tradución a unha lingua estranxeira dunha obra literaria, de pensamento ou científica escrita e publicada orixinariamente en español ou en calquera das linguas cooficiais españolas.
Beneficiarios:
Poderán solicitar estas subvencións as empresas do sector editorial, xa sexa persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras.
O prazo finalizará o 31 de marzo de 2011.
Información

http://www.boe.es/boe/dias/2011/01/18

3 feb 2011

Subvencións a asociacións para equipamento e a mellora de locais

A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro. Poderán gozar destas subvencións as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, que teñan sede en Galicia, para o seu equipamento e mellora, sempre que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:

a) Fundacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

b) Asociacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

c) Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos: poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.

Prazo: ata o 25 de febreiro de 2011.

Máis información en http://culturaeturismo.xunta.es

IV Concurso de rock Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso de rock Deputación da Coruña. A inscrición neste concurso realizarase no modelo normalizado que se facilitará na páxina web da Deputación: www.dicoruna.es

Hai que entregar a seguinte documentación coa solicitude:

• Unha relación de compoñentes do grupo e instrumentos
• A acreditación de empadroamento na provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo.
• A descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario
• Unha breve biografía do grupo
• Un dossier fotográfico e de prensa
• O CD ou traballo discográfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo. Se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo. O material estará correctamente identificado cos datos do grupo.

Premios: Os premios son os seguintes:
1º clasificado: 3.000 €
2º e 3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €

Requisitos:
- Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
- Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.

Prazo: rematará o 15 de febreiro de 2011.
Información: Deputación da Coruña
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña. Tfno: 981 080300.
Páxina web http://www.dicoruna.es/

XII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo

A Deputación da Coruña convoca o Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo.
O certame ten por obxecto a exposición e a adquisición de obras por un importe total de 45.000 €. A temática e a técnica das obras serán libres; establécese o límite máximo de dous metros, en calquera das súas dimensións, para pintura e obra gráfica, e dun metro para escultura.

As solicitudes presentaranse no impreso que se facilitará no Rexistro Xeral, na Sección de Cultura e Deportes e na páxina web da Deputación: www.dicoruna.es

Requírese o seguinte para a inscrición:
- Unha fotocopia do DNI do solicitante.
- Unha foto de cada unha das obras presentadas.

O tamaño das fotos será de 20 x 25, e virán montadas sobre soporte de folla de álbum, que levará en lugar ben visible os seguintes datos: nome do autor, domicilio, prezo da obra (incluídos os impostos), medidas e técnica empregada.

Requisitos: Poderán participar todos os artistas galegos ou residentes en Galicia que traballen no campo das artes plásticas.
Cada artista poderá concorrer ao certame cun máximo de dúas obras.
Prazo: rematará o 15 de febreiro de 2011.
Información: Páxina web da Deputación da Coruña, http://www.dicoruna.es/
Deputación da Coruña
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña. Tfno: 981 080300

Curso presencial de formación actoral de teatro de rúa

Se o teu é o teatro debes saber que a Escola de Tempo Libre “Paspallás” vai realizar un curso gratuíto de 25 horas de duración de formación actoral de teatro na rúa.

Comezo: Venres 21

Prazas: 15

Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 h.

Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ata o mércores 26, ás 20.00 h.

O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa é dar unha formación básica de técnica teatral de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia pola historia da cidade. Desenvolverase a formación de actores, o deseño dramatúrxico e dirección de escena, para construír, sobre improvisacións propostas polos candidatos, os personaxes que guiarán aos turistas polo barrio histórico de Vigo. Personaxes como redeiras, cesteiros, latoeiros, conserveiras, salgadoras, tecelas..., estarán presentes ao longo deste percorrido histórico, introducindo aos espectadores nun espazo temporal que levará ao recordo. Impartiranse nocións básicas de interpretación, técnica vocal, mecanismos teatrais no teatro de rúa e seguirase o proceso de creación de cada un dos personaxes propostos polos participantes, traballando especialmente, a caracterización corporal e vocal, a creación dramatúrxica, e os mecanismos rítmicos asociados ao personaxe.

Bolsas de estudos para bacharelato internacional

A Fundación Barrié dota con 45.000 euros unha bolsa para cursar estudos equivalentes ao 2º de Bacharelato nalgún dos colexios do mundo unido. As bases da convocatoria xeral e os impresos de solicitude poden descargarse na web da Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido, Praza das Salesas, 2-1º 28004 Madrid. Tel./Fax: 91 702 2424; correo electrónico: cmu@colegiosmundounido.es

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro de 2011 www.colegiosmundounido.es

Cursos de galego gratuítos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, de forma gratuíta, cursos de lingua galega para preparar as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2011. Convócanse un total de 140 cursos.

Dirixidos aos seguintes destinatarios:

a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos.

Os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.

Prazo: a data límite de entrega de solicitudes será o 28 de febreiro de 2011, tanto para os particulares que desexen participar nos cursos programados directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como para os colectivos, entidades e asociacións que organicen cursos.

Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2011 e en www.xunta.es/linguagalega