Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





20 abr 2010

Bolsas de matrícula para estudantes do Mestrado en Xestión e Políticas Públicas Universidade da Coruña

A Universidade da Coruña, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, fai pública a convocatoria de dúas bolsas de matrícula para estudantes do Mestrado en Xestión e Políticas Públicas Universidade da Coruña
REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES
Estar matriculado nos estudios no Mestrado en Xestión e Políticas Públicas da Universidade da Coruña Ser funcionario/a da Deputación Provincial ou dun concello da Provincia da Coruña.
FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes entregaranse no Rexistro Xeral da Reitoría (rúa da Maestranza, 9 15001 A Coruña), No Rexistro auxiliar do Campus de Ferrol (rúa Dr. Vázquez Cabrera, Esteiro s/n 15403 Ferrol), no Rexistro auxiliar do Campus de Elviña (Casa do Lagar ) ou no rexistro da Facultade de Ciencias Económicas, campus de Elviña, antes das 14:00 horas do día 23 de Abril de 2010 Información: http://www.udc.es/
Máis Información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario