Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta COOPERACIÓN INTERNACIONAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COOPERACIÓN INTERNACIONAL. Mostrar todas las entradas

21 mar 2011

CONCERTO SOLIDARIO “En clave de solidariedade”


VENRES 25 DE MARZO ÁS 19.30H
Conservatorio de Música



Actúan:

alumnos e alumnas do Conservatorio



Interveñen :

ONGDS Asemblea de Cooperación pola Paz,

Cáritas de Vilaboa, Mestura, Mundo Cooperante ,

Terra de Homes e OMVOL de Culleredo.



Organizan: Conservatorio de Música e Concellaría de Mocidade e Voluntariad

15 mar 2011

OBRADOIROS DE COOPERACIÓN

Obradoiro de cooperación no tema das desigualdades existentes no mundo, sobre todos nos países con menos recursos
Promovido pola ONG "MUNDO COOPERANTE" en colaboración co Concello de Culleredo
¿ÓNDE? no salón de actos do CRD
¿CÁNDO? os días 22,29 de marzo e 5 de abril de 17:00h a 18:00h

11 feb 2011

LET´S GO INTERNATIONAL COURSES 2011

CURSOS DE VERÁN EN INGLATERRA E ESTADOS UNIDOS

QUEN PODE PARTICIPAR?
Mozos/as de idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos

ONDE PODO INFORMARME?
Na páxina web : www.letsgonet.com ou ben no Tlf.: 93 368 73 75 (de 10:00 a 20:00 h, de luns a venres)

24 nov 2010

SEMINARIO FORMATIVO "PROXECTO DESIGUALDADES"



PARA PARTICIPAR DE MANEIRA VOLUNTARIA
COMO MONITOR/A DO PROXECTO
26 de novembro, de 17.00h a 20.00h
27 de novembro ,de 10.00h a 14.00h e de 15.00h a 19.00h
Casa de Mocidade ( O Burgo )
Inscrición de balde Tel 692 178 960 (Rosa López)

2 ago 2010

Axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenvolvemento, correspondentes ao ano 2010

O obxecto das axudas é financiar proxectos ou actividades de iniciativa particular en materia de cooperación ao desenvolvemento, como poden ser a promoción económica e social, cultural, técnica, científica, profesional, asistencial, de sensibilización e difusión da cooperación internacional para o desenvolvemento, que poderán realizarse tanto en España como no estranxeiro. A finalidadade das subvencións é contribuír ao crecemento e ao progreso dos países en vías de desenvolvemento.
Data:
Ata o 07-09-2010
información:
AECID
Avda. Reyes Católicos, 4
28040 Madrid
http://www.aecid.es
Publicación:
BOE 30-04-2010

1 jul 2010

Revela Oleiros 2010 : Morrer de Infancia



Foro Internacional de fotorreportaxe e sociedade.

Informacion
C. C. A Fábrica, Perillo - Oleiros
20:30 h. [ Rúa do ingles S/N ]

18 jun 2010

Xornadas anuais de cooperación.

VI Xornadas anuais de cooperación. A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais.
Destinatarios:
Administracións galegas.
Data:
Venres 25 de xuño, de 10 a 15 horas.
Informacion
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
http://www.fondogalego.org
info@igadi.org
Tel./Fax: 986 357 238

1 jun 2010

Subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento.

Subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polas organizacións non gobernamentais de desenvolvemento

Data:
prazo até 26-06-2010.

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Rúa dos Feáns, 5 baixo
15705 Compostela


Publicación:
DOG: 25-05-2010

11 may 2010

VI Edición do Curso de Cooperación Internacional ó desenvolvemento e xestión de O.N.G.

O Curso Organizado polo Instituto Universitario de Estudos Europeos "Salvador de Madariaga" da UDC, ten como obxectivos a formación de expertos en cooperación internacional ao desenvolvemento que poidan traballar en centros públicos e privados nacionais e internacionais da cooperación ao desenvolvemento.
O prazo de presentación de solicitudes é ata o 30 de xullo de 2010.
Máis información tfno: 981.167000 (ext1966) e-mail: iuee@udc.es

Europa ao teu alcance

Programa xuventude en acción. A xuventude no mundo: Cooperación con países non veciños da Unión Europea.
O obxecto da presente convocatoria de propostas é apoiar proxectos que promovan a cooperación no ámbito da xuventude entre os países participantes no programa «A xuventude en acción» e os países socios que non son veciños da Unión Europea (aqueles que subscribiron coa Unión Europea un acordo no ámbito da xuventude). Nesta convocatoria ofrécense subvencións a determinados proxectos.
Os proxectos deberán comezar entre os días 1 de novembro e 31 de decembro de 2010, cunha duración mínima de 6 meses e máxima de 12.
As solicitudes deberán enviarse como moito o 17 de maio de 2010 á seguinte dirección:
Axencia Executiva no ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural
Programa «A xuventude en acción» - EACEA/11/10
BOUR 4/029
Avenue du Bourget 1
1140 Bruxelles/Brussel
BELGIQUE/BELGIË
Máis información sobre os obxetivos e as preferencias de selección no
DOUE do 16 de marzo de 2010

15 abr 2010

CICLO DE CHARLAS SOLIDARIAS



A concellaría de Mocidade e Voluntariado organiza para o este trimestre un ciclo de charlas solidarias dentro do Programa de Cooperación co obxectivo de sensibilizar á poboación en temas vencellados á solidariedade así como na cooperación cos países do Sur, varias organizacións para o desenvolvemento están convidadas para relatar aos veciños e veciñas de Culleredo, as súas experiencias e asemade, dar a coñecer os diferentes proxectos nos que se está a traballar neste eido e sempre baixo o lema “Tecendo alicerces”.

Programación:

 Xoves, 15 de abril: “O comercio Xusto. Dende o Sur até a nosa comarca”
Interveñen: Asociación Amarante e Cooperativa “Zoca Miñoca”
Lugar: Pazo Vila Melania Hora: 20.00h

 Venres, 21 de maio: “Os movementos migratorios. Migracións de hoxe, espellos de onte”
Interveñen: Asociación Mestura e ONGD Ecos do Sur
Lugar: Pazo Vila Melania Hora: 20.00h

13 abr 2010

CHARLA COMERCIO XUSTO



A Concelleira de Mocidade e Voluntariado, convídache a asistir á charla- coloquio que se celebrará o vindeiro xoves 15 ás 20:00h no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, a fin de coñecer proxectos nos que se está a traballar dende a cooperación en prol da sostenabilidade así como distintos recursos para poder aplicar hábitos de consumo responsable na vida cotiá de casa quen.
Agardo contar ca túa presenza e que sexa de proveito.
Unha aperta solidaria