A Consellería de Educación convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do sistema universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades económicas para continuar estudos.
Poderán solicitar estas axudas os/as estudantes universitarios/as que cumpran os seguintes requisitos:
a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida ou imprevista (orfandade absoluta, falecemento pai/nai/titor legal,desemprego sustentador principal, enfermidade grave, violencia de xénero cara a el/ela ou o seu proxenitor/a, vítimas de actos terroristas, separación, divorcio, ruína ou quebra familiar e outras circunstancias non previstas que, sendo xustificadas, repercutan na situación Socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida ou imprevista teña acontecido durante o ano 2010.
c) Estar matriculado, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes ao título de grao,licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico en calquera das universidades do sistema universitario de Galicia.
d) Ter fixada a súa residencia familiar en Galicia cun mínimo de tres anos consecutivos e anteriores á data de publicación desta convocatoria.
e) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2010, é dicir, 4.755,80 (396,31 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
f) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de outubro de 2010.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:
Publicar un comentario