Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta BECAS E BOLSAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BECAS E BOLSAS. Mostrar todas las entradas

3 jun 2011

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

CURSO ESCOLAR 2011/2012

A Xunta de Galicia convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda.

Para máis información:

(DOG nº 104 , Martes 31 de Maio de 2011.)

24 feb 2011

Bolsas para estudos artísticos

Se queres desenvolver a túa vea artística, a Deputación da Coruña convoca 18 bolsas para estudios artísticos fóra de Galicia, entre 2011 e 2012. As bolsas se reparten así:

- Área de artes plásticas: 3 bolsas
- Área de danza: 2 bolsas
- Área de interpretación: 4 bolsas
- Área de música: 6 bolsas
- Área de imaxe: 3 bolsas.

Poderás participar se naciches do 1 de xaneiro de 1981 en adiante e vives na provincia da Coruña. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de marzo de 2011.

www.dicoruña.es

21 feb 2011

Bolsas para deportistas da provincia da Coruña

Practicas deporte de maneira profesional? Se é así debes saber que a Deputación da Coruña convoca bolsas individuais para deportistas da provincia para o ano 2011. Establécense dous grupos dependendo da idade:

- Grupo A: de 14 a 17 anos cumpridos antes do 31 de decembro do 2011.
o Concederanse 10 bolsas de 2.000 euros cada unha.
- Grupo B: de 18 a 21 anos cumpridos antes do 31 de decembro de 2011.
o Concederanse 10 bolsas de 3.000 euros cada unha.
Dependendo dos criterios do tribunal cualificador poderase cambiar os bolseiros dun grupo A o grupo B.
Podes inscribirte a partir do 15 de marzo de 2011.
Máis información no BOP da Coruña do 8 de febreiro de 2011 e en www.dicoruna.es

9 feb 2011

PROGRAMA GALEGO DE MOBILIDADE

O programa galego de mobilidade “A Xuventude no Mundo” pretende que os mozos/as de Galicia poidan coñecer outros países e outras rexións distintas ás do seu medio natural. Todo isto a través da participación activa en actividades con outros rapaces doutros medios, adquirindo experiencia e coñecemento mediante unha educación non formal.
LUGARES DE REALIZACIÓN:
1- Italia, en Rimini do 2-8 de febreiro
2- Francia, en Noyant do 2-8 de febreiro
3- Hungría, en Hölloko, do 2-8 de febreiro
4- Colombia, en Barranquilla, Santa Marta e Cartagena de Indias do 3-9 de febreiro
5- Chile, en Santa Cruz do 16-23 de febreiro
6- Xapón, en Wakayama do 4-10 de febreiro
7- Italia, en Brolo do 9-16 de febreiro
8- República Checa, en Ceska Trebova do 14-17 de febreiro
9- Hungría, en Veszprem, do 16-23 de febreiro
10- Rusia, en Yaroslav do 21-28 de febreiro
11- Moldova, en Chisinau do 1-8 de marzo
12- Armenia, en Yerevan do 1-8 de marzo
13- Arxentina, en Iguaçú do 1-8 de marzo
14- Portugal, en Figueira da Foz do 8-16 de marzo
QUE TEÑO QUE FACER?
REQUISITOS A CUMPRIR PARA PARTICIPAR
- Ter entre 18 e 30 anos
- Enviar un correo electrónico á dirección mobilidadexuvenil@xunta.es e cubrir o formulario de inscrición que se atopa na páxina web www.xuventude.xunta.es
- De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 5 días, entenderase que non se obtivo a praza
- Unha vez que se comunique por correo electrónico a admisión no programa, farase o ingreso nas 48 horas seguintes, enviando o xustificante por correo escaneado
- A xustificación da posesión do Carné Xove farase mediante o envío da fotocopia escaneada por correo electrónico nas 48 h seguintes á comunicación
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.xuventude.net
Tlf: 981 541 689
981 545 712/ 981 545 822

4 feb 2011

Bolsas do Goberno Chinés para Universitarios e Titulados Superiores

Se es universitario ou titulado superior debes saber que o Ministerio de Educación da República Popular China convoca o seu concurso anual para o ano académico 2011-2012, con motivo da concesión de 12 bolsas totais e 3 bolsas parciais para cidadáns españois

Os solicitantes poden encontrar as informacións das universidades e centros docentes chineses que aceptan bolseiros estranxeiros na seguinte páxina de web:

http://en.csc.edu.cn/Lianhua/Default.aspx?cid=279


Requisitos: Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de licenciatura ou superior. O prazo de presentación de solicitudes de bolsa e ata o 10 de abril de 2011. En xullo comunicarase a concesión de bolsas na páxina web da embaixada.


Información: Sr.Wang Zhiwei
Oficina de Asuntos Educativos
Embaixada de la República Popular China en España
Dirección: C/Matías Turrión 28, 1B. 28043 Madrid
Telf : 913 88 39 88 Fax: 917 59 92 92
Correo electrónico: embajadachinaeducacion1@hotmail.com
Páxina web: http://www.embajadachina.es/esp/

Subvencións para a tradución e edición en linguas estranxeiras de obras literarias ou científicas

O Ministerio de Cultura convoca subvencións a favor de editores estranxeiros ou españois, para a tradución a unha lingua estranxeira dunha obra literaria, de pensamento ou científica escrita e publicada orixinariamente en español ou en calquera das linguas cooficiais españolas.
Beneficiarios:
Poderán solicitar estas subvencións as empresas do sector editorial, xa sexa persoas físicas ou xurídicas, españolas ou estranxeiras.
O prazo finalizará o 31 de marzo de 2011.
Información

http://www.boe.es/boe/dias/2011/01/18

22 oct 2010

Bolsas High School en Estados Unidos


CONVOCA: Fundación Amancio Ortega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza
DESTINATARI@S: alumnnado que desexe cursar un ano académico nun instituto de ensino público, "High School", de Estados Unidos.

Requisitos:
1. Ser alumn@ de 4º de ESO nun Centro de Ensino en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 1 de outubro ao 15 de novembro de 2010.
Máis información en www.becashighschool.org

2 ago 2010

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Requisitos:
 Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
 Residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
 Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.
 Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda con anterioridade.
Data:
Ata o 31-10-2010.
Informacion
Consellería de Presidencia.
Secretaría Xeral da Igualdade
Edificio Adminsitrativo de Monelos. A Coruña.

Publicación:
DOG: 31-03-2010

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades

O obxecto desta orde é regular o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos
Data:
Ata o 30 de outubro de 2010
Publicación:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
DOG 23-04-2010

Axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenvolvemento, correspondentes ao ano 2010

O obxecto das axudas é financiar proxectos ou actividades de iniciativa particular en materia de cooperación ao desenvolvemento, como poden ser a promoción económica e social, cultural, técnica, científica, profesional, asistencial, de sensibilización e difusión da cooperación internacional para o desenvolvemento, que poderán realizarse tanto en España como no estranxeiro. A finalidadade das subvencións é contribuír ao crecemento e ao progreso dos países en vías de desenvolvemento.
Data:
Ata o 07-09-2010
información:
AECID
Avda. Reyes Católicos, 4
28040 Madrid
http://www.aecid.es
Publicación:
BOE 30-04-2010

Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a FCT:
Modalidade A: Alumnado matriculado no último curso de ciclos formativos de grao medio e superior de FP, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e PCPI e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de FP ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.
Data:
1º prazo: ata o 13-06-2010. 2º prazo: do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2010.

Informacion
Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Edif. Servicios Múltiples, 7ª R/ Salvador de Madaria, s/n 15008 A Coruña
Tel.: 981 18 47 01 http://www.edu.xunta.es/fp
Publicación:
DOG do 13 de maio de 2010.

Bolsas de estudos Capacitas

A Fundación Universia convoca 46 bolsas para persoas con discapacidade. As bolsas son de 3 tipos: de acceso, de progreso e de mobilidade.
Os formularios de solicitude poderanse obter nas oficinas de atención a estudantes con discapacidade ou descargarse na páxina www.fundacionuniversia.net

Requisitos:
Estudantes que estean matriculados ou estean en condicións de matricularse, por primeira vez, en ensinanzas oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo incluiranse as ensinanzas de plans de estudo antigos. As solicitudes serán unipersoais e só se admitirá unha solicitude por persoa.
Datas
 As solicitudes para as bolsas de mobilidade deberán ser presentadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010 ás 19.00.
 As solicitudes para as demais bolsas poderán ser remitidas entre o 15 de xuño e o 15 de novembro de 2010 ás 19.00.
Informacion
Fundación Universia
Avda. Cantabria s/n Edificio Arrecife, planta 00
28660 Boadilla del Monte (Madrid)
Teléfonos: 91 289 51 26/ 91 289 57 47 (Horario de luns a xoves de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00)
http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdade/bolsas/detalleProgramas-797.html
Publicación:
BOE: 02-06-2010

Axudas destinadas ao financiamento dos xuros de préstamos concedidos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 ao alumnado univer

O obxectivo e facilitar ao alumnado universitario galego créditos bancarios a baixos xuros para o financiamento dos seus estudos
Requisitos:
Procederá a concesión destas axudas a aqueles alumnos universitarios que foron beneficiarios dos préstamos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 e que se matriculen no próximo curso 2010/2011 nos mesmos estudos para os cales se lles concedeu o crédito
Data:
Ata o 15 setembro do 2010
publicación:
DOG 07-07-2010

Bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso 2010-2011, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, ensinos artísticos, ensinos deportivos, estudos de idiomas, programas de pualificación profesional Inicial
Data:
Do 5 de xullo ao 30 de setembro de 2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
información:
Teléfono.: 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Bolsas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso académico 2010-2011 para estudantes de ensinanzas universitarias

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos universitario.

Requisitos:
• Xerais: non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título académico do mesmo ou superior nivel que o dos estudos para os que se solicita a bolsa.
• Académicos: segundo un baremo sobre as notas.
• Económicos: que os ingresos, tanto en concepto de renda, como de patrimonio, obtidos pola unidade familiar non superen uns límites.
Data:
Do 5 de xullo ao 15 de outubro de 2010, ambos os dous incluídos, aínda que non coincida co prazo de matrícula

Enlace:
http://www.educacion.es/becas2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
máis información:
tel. 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes dependentes da Consellería do Mar.

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol para o curso académico 2010-2011
Requisitos:

Poderán ser beneficiarios das prazas de aloxamento e manutención todos os alumnos que durante o curso académico 2010/2011, realicen os seguintes estudos:
a) Marítimo-Pesqueiros.
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros.
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.
Prazos:
1. Os alumnos/as que inicien ou promocionen dentro dun mesmo ciclo só terán que realizar a reserva de praza, ante a secretaría do centro con anterioridade ao 15 de outubro de 2010.
2. Os alumnos/as que soliciten praza para os estudos deberán cubrir o impreso oficial dispoñible no centro, e presentalo 15 días antes do inicio do curso a que opta.

Información:
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol
Publicación:
DOG: 21-07-2010

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros.

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros, durante o curso académico 2009-2010, dependentes da Consellería do Mar.
Requisitos:
Os estudos para os que se poderán solicitar axudas no curso académico 2009/2010, son os seguintes:
1. Marítimo-pesqueiros:
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
2. Náutico-pesqueiros:
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente e patrón local de pesca.
Data:
prazo ata 22-08-2010.
Información:
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Coruña
Tfno.: 981 182 000
Publicación:
DOG: 21-07-2010

1 jul 2010

Bolsas Leonardo dá Vinci. Prácticas profesionais na Unión Europea.

A Asociación cultural Integra convoca bolsas para prácticas profesionais en Alemaña, Italia e Portugal.

Requisitos:
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III. Alemaña (Ausburg) Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Medio Ambiente, Xestión Cultural e Social, Enxeñaría.
Ter un nivel B1 ou B2 en alemán.
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III: Italia (Vibo Valentia):
Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Medio Ambiente e desenvolvemento sustentable, Xestión cultural e social, Deseño de interiores.
 PROXECTO EGAT III - Europa Galicia Training III. Portugal (Viseu):
Ter unha formación previa (ciclo superior, diplomatura ou licenciatura) relacionada con Comunicación, Innovación empresarial e Tics, Xestión Cultural e Social.
 Residir ou ser orixinario de Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria e Andalucía.
Non participar con anterioridade no Programa Leonardo dá Vinci Mobilidade.
Data:
Prazo de solicitude até esgotar prazas
Informacion
Integra:
Travesía República Dominicana 6, baixo
15010 A Coruña
Tlf. 981 260 365/ 981 005 194
Web
http://www.integra.org.es

Subvención Faro Global.

Subvención para o fomento da mobilidade de estudantes de universidades españolas mediante un programa de prácticas formativas en empresas de Europa, Estados Unidos, Canadá e Asia (India, China, Singapura, Corea do Sur, entre outros) (programa Faro Global).
Requisitos:
Poderán acollerse á axuda prevista nesta convocatoria as universidades e entidades sen ánimo de lucro con personalidade xurídica propia
Data:
prazo ata 04-07-2010
Información:
Ministerio de Educación
R/ Los Madrazo, 15-17.
28071 Madrid
Publicación:
BOE: 19-06-2010

Prazas de colaboradores bolseiros nas residencias xuvenís.

A Consellería de Traballo e Benestar convoca prazas de colaboradores bolseiros nas residencias xuvenís dependentes da consellería.
Requisitos:
 Mozo/as españois, nacionais dalgún país membro da UE ou residentes en España no momento da solicitude.
 Idade mínima de 18 anos e non superar os 30 anos de idade.
 Cursar estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, ou ciclo formativo de grao superior que admitan, polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil.
 Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador por causa imputable ao solicitante.
 Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro.
Data:
prazo até 26-07-2010.

Informacion
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
Departamento Teritorial
/Enrique Mariñas s/n. Matogrande. A Coruña. Tfno. 881 881 236.
PUBLICACIÓN:
DOG do 25 de xuño 2010