Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





8 abr 2010

CONSELLO SECTORIAL DA MOCIDADE

É un espazo formal de participación da mocidade na vida municipal contemplado no regulamento xeral de participación cidadá.
A interlocución directa por parte do concello a fai a Concellaría de Mocidade e Voluntariado e concretamente a actual concelleira Beatriz Pérez Mosquera.
Os mozos e mozas de Culleredo están representados a través das asociacións xuvenís e outras entidades asociativas con interés en traballar pola mocidade.
A finalidade das reunións deste Consello sectorial de Mocidade e facer fluir recíprocamente a información e propostas de traballo entre todos os integrantes do mesmo, e dar participación as asociacións nos asuntos municipais, tanto no referido a temas especificos de xuventude como, a transmisión da visión xuvenil sobre outros aspectos da vida cullerdense.

QUE TIPO DE TEMAS SE PODEN PLANTEXAR NO CONSELLO?

a) Presentar iniciativas, suxestións e propostas para ser debatidas nas comisións municipais correspondentes.
b) Propoñer solucións a problemas especificos da mocidade.
c) Colaborar nos estudos e investigacións e na elaboración de programas, ou proxectos vinculados aos mozos e mozas de Culleredo.
d) Asesorar á concellería na elaboración do programas de actuación especiais, e coñecer o orzamento destinado a esta área .

As sesións do consello sectorial son convocadas pola presidenta do mesmo trimestralmente.

A cada un dos integrantes da comisión se lles remite con antelación unha orde do dia cos temas que se tratarán nesa reunión en concreto para que podan vir preparados, e por suposto sempre hai un punto de suxestións e preguntas fora da orde do día.

Composición actual do Consello de Mocidade:

PRESIDENTA
SECRETARIA
REPRESENTANTE DE CADA GRUPO POLITICO DE CULLEREDO
7 ASOCIACIÓNS XUVENÍS OU VINCULADAS A MOCIDADE:



CASA DA MOCIDADE
zona.moza@culleredo.org
981 654 588

Información mais detaiada en :
http://www.dicoruna.es/

Regulamento marco dos Consellos Sectoriais do Concello de Culleredo
Regulamento do Consello Xeral de Participación Cidadá do Concello de Culleredo
BOP Nº 29. luns, 4 de febreiro de 2008

No hay comentarios:

Publicar un comentario