Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 oct 2010

LXXI Premio Pérez Lugín 2010 de Periodismo


A Asociación da Prensa da Coruña, co patrocinio da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Comunicación,e do Excmo. Concello de A Coruña, convoca LXXI edición do Premio Alejandro Pérez Lugín.
Poderán participar no premio cantas persoas o desexen, cun traballo encadrado no tema periodístico.
O tema central dos traballos que opten ó premio versará sobre “Xacobeo, periodismo no Camiño”.
O prazo de recepción de orixinais finalizará o 29 de novembro de 2010.
Para máis información: Asociación de la Prensa da Coruña, tfnos: 981 223 486 ou 618 629 856. Correo electrónico: info@periodistascoruna.es

VIII Concurso de fotografía do INICO

Requisitos:
1.- O autor deberá ser maior de idade. Poderán participar fotógrafos de calquera nacionalidade.
2.- Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por participante.
3.- Os traballos deberán axustarse ao tema proposto "As persoas con discapacidade na vida cotiá", dedicándose unha Mención Especial á fotografía que mellor reflicta ás persoas con discapacidade na universidade.
4.- As fotografías enviaranse a través da seguinte páxina web:
http://inico.usal.es/concursofotografia/enviofotos.aspx
O prazo de recepción de traballos finaliza o 26 de outubro de 2010
Máis información en http://inico.usal.es/concursofotografia


Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010
1. Poderase conceder un máximo de 19 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 09.04.423A.480.1 cunha dotación global de 19.000 €.

Máis información no DOG do 1 de outubro de 2010 e en
http://www.edu.xunta.es/premiosbac

Bolsas High School en Estados Unidos


CONVOCA: Fundación Amancio Ortega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza
DESTINATARI@S: alumnnado que desexe cursar un ano académico nun instituto de ensino público, "High School", de Estados Unidos.

Requisitos:
1. Ser alumn@ de 4º de ESO nun Centro de Ensino en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 1 de outubro ao 15 de novembro de 2010.
Máis información en www.becashighschool.org