Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





26 abr 2010

Bolsas «Ministerio de Fomento-Fulbright» para o período 2010-2011.

O Ministerio de Fomento convoca, e en colaboración coa Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre ),un máximo de dúas bolsas para a realización de estudos e proxectos de formación e perfeccionamento profesional nos Estados Unidos de América.
BENEFICIARIOS
Para optar ás bolsas os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
Ser funcionario de carreira de corpos ou escalas do subgrupo A1 ou ser persoal laboral fixo do grupo profesional 1 e estar a prestar servizos no Ministerio de Fomento ou nos seus organismos autónomos.
Non poderán participar os que teñan a dobre nacionalidade, española e norteamericana, nin os destinados en Estados Unidos de América ou os que estivesen alí destinados nos últimos tres anos. Tampouco poderán ser beneficiarios destas axudas os solicitantes que gozasen previamente dunha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de postgrao.
Contar cunha experiencia de traballo na Administración Xeral do Estado non inferior a dous anos no momento de solicitar a bolsa.
Posuír un excelente coñecemento do idioma inglés, falado e escrito PRAZO
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 30 días naturais contado a partir da publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado»
INFORMACIÓN
BOE do 17 de abril de 2010
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario