Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MÚSICA. Mostrar todas las entradas

19 abr 2011

Obradoiro de iniciación "gravación edición e management"





Máis información na casa da mocidade de O Burgo 981.654588 ou por e-mail en zona.moza@culleredo.org

21 mar 2011

CONCERTO SOLIDARIO “En clave de solidariedade”


VENRES 25 DE MARZO ÁS 19.30H
Conservatorio de Música



Actúan:

alumnos e alumnas do Conservatorio



Interveñen :

ONGDS Asemblea de Cooperación pola Paz,

Cáritas de Vilaboa, Mestura, Mundo Cooperante ,

Terra de Homes e OMVOL de Culleredo.



Organizan: Conservatorio de Música e Concellaría de Mocidade e Voluntariad

9 feb 2011

4º CERTAME MÚSICA XOVE’11

CONVOCA: o departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela
OBXECTIVO: promover, impulsar e canalizar a creatividade musical da mocidade
UN POUCO DE HISTORIA: unha vez posto a disposición dos grupos musicais e solistas da cidade de Santiago de Compostela un local con dúas salas independentes para ensaios onde contan con material básico para a práctica musical, estase a desenvolver un labor de promoción e difusión das súas actividades e a realización de concertos, ben organizados polo servizo municipal do departamento de Xuventude do Concello de Santiago ou a través de colaboracións con outras institucións, colectivos, salas de concertos, empresas, entre outros axentes; sempre como acción que incida no obxectivo proposto.
Nesta liña de apoio á creatividade musical creouse este certame que, ademais de ter como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividad en Santiago, dá cabida a todas aquelas bandas e solistas que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Se queredes participar podedes ver as bases e a ficha de inscrición do certame en www.xuventude.eu

4 feb 2011

Iniciativa Xove: axudas a iniciativas xuvenís de asociacións e grupos informais

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as.

Terán preferencia as seguintes iniciativas xuvenís:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas da xente nova na súa comunidade e contorno.

Destinatarios:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.

Requisitos:
1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.
Máis información

no Teléfono Xove: 902 15 25 35


En Galicia o 2011 sona con notas propias:

Se che gusta a música non podes perder os actos preparados pola Consellería de Cultura e Turismo para a promoción da música en Galicia. As institucións públicas galegas, os centros de ensino, as asociacións e federacións culturais dependentes da Xunta de Galicia dedicarán unha parte da súa actividade a poñer de relevo esta manifestación contribuíndo, con iso, ao recoñecemento da música como instrumento para a promoción e a divulgación da cultura galega.

Máis información en http://culturaeturismo.xunta.es

3 feb 2011

IV Concurso de rock Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña convoca o IV Concurso de rock Deputación da Coruña. A inscrición neste concurso realizarase no modelo normalizado que se facilitará na páxina web da Deputación: www.dicoruna.es

Hai que entregar a seguinte documentación coa solicitude:

• Unha relación de compoñentes do grupo e instrumentos
• A acreditación de empadroamento na provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo.
• A descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario
• Unha breve biografía do grupo
• Un dossier fotográfico e de prensa
• O CD ou traballo discográfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo. Se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo. O material estará correctamente identificado cos datos do grupo.

Premios: Os premios son os seguintes:
1º clasificado: 3.000 €
2º e 3º clasificado: 1.500 €
4º e 5º clasificado: 1.000 €

Requisitos:
- Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
- Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.

Prazo: rematará o 15 de febreiro de 2011.
Información: Deputación da Coruña
Alférez Provisional nº 2, 15006 A Coruña. Tfno: 981 080300.
Páxina web http://www.dicoruna.es/

13 ene 2011

IX Premio de composición musical Andrés Gaos

Coa finalidade de recoñecer o nome de tan insigne músico e compositor coruñés e acrecentar a gran tradición musical da nosa provincia, a Deputación da Coruña convoca o IX Premio de composición musical Andrés Gaos,

- Poderán optar ao premio todos os compositores, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten obras inéditas e non premiadas con anterioridade.

- Establécese un premio único e indivisible, dotado con 6.500 €.

- As obras serán de tema e extensión libres.

- Nas bases aparece o modelo orquestral máximo para a execución das obras.

- Cada obra presentarase baixo o sistema de plica, polo que se enviará acompañada dun sobre aparte. No exterior do sobre figurará o título da obra e o lema ou seudónimo do seu autor. No interior incluirase unha copia do documento de identidade, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico e unha declaración expresa de que a obra é inédita e non foi premiada, ata a data de presentación, en ningún outro certame.

- O prazo de presentación de orixinais finalizará o 15 de febreiro de 2011.

Os orixinais enviaranse a Deputación da Coruña, avda. Alférez Provisional 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre: “IX Premio de composición musical Andrés Gaos”.

Podes consultar as bases no BOP do 28 de decembro de 2010.

23 ago 2010


O vindeiro xoves, 26 de agosto dende as 10.00h durante as 24 horas celebrarase na polideportiva ao aire libre, da parroquia de Castelo a Festa “E TI QUE DIS?” xunto co “Castelo music. Festival 2010.
Para que este proxecto sexa posible traballan conxuntamente a Asociación Castelo Deporte, unha das entidades sen ánimo de lucro que dirixen as súas actividades á mocidade e a Concellaría de Mocidade e Voluntariado deste Concello, que colabora de xeito activo no proxecto ETIQUEDIS, aportando ideas, materiais, traballo e moitas gañas.
ETIQUEDIS é unha festa feita por todos a través do proxecto que se desenvolveu dende o pasado mes de decembro onde por medio de enquisas e formularios que a asociación Castelo Deporte levou a cabo, recolléronse as inquedanzas da mocidade e serviron de base para o deseño desta festa.

Deste xeito, as actividades do evento están divididas en nove espazos: Espazo urbán, de lecer, espazo virtual, espazo de son , de deporte, espazo solidario, lounche, multimedia e espazo informativo. Nestes espazos agrúpanse as actividades que se desenvolverán durtante as 24 horas; actividadades “de mocidade para a mocidade” segundo o lema que respira esta festa e no que a “zona moza” da Concellaría de Mocidade e Voluntariado estará presente.
E da mesma maneira, a través da votación pola rede foron escollidos os grupos que participarán no Castelo Music Festival 2010: DJ Piñas & Ramón Gz., Strabismo, Hugo Torreiro, Maedi Visna, Marxe Eskerda e DJ Álvaro González entre outros. A duración do festival foi a que a mocidade a través da rede pedía: será o máximo que se ofrecía, oito horas, co que se comezará ás 21.00 horas para rematar ás 05.00 horas, logo haberá, tamén como a xente solicitou, unha chocolatada e bebidas máis baratas Para os que queiran durmir haberá acampada e almorzo de balde

2 ago 2010

Certame Galego de Creadores Novos 2010

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010
Data de inscrición:
ata o 31 de agosto de 2010

Xuventude Crea 2010. Música

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de música.
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
 Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
 Xunto coa documentación obrigatoria, e no mesmo sobre, os participantes presentarán:
-Maqueta en CD debidamente identificada, co pseudónimo e título, e gravada polos compoñentes inscritos, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección, e unha duración máxima de dez minutos. Valorarase positivamente a utilización do galego, e en calquera caso un dos temas deberá ser en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.
 Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Os gañadores farán dúas actuacións
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

9 jul 2010

O Mellor Jazz Galego no Burgo




Programación:

Venres 9 de xullo - ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples, actuará "ABE RÁBADE" (Zigurat)
Luns 12 de xullo - ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o "SEXTETO DE SAXOFÓNS DO Conservatorio de Culleredo" e "ART & SOUNDS MUSIC CLUB"
Martes 13 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuará o grupo "3AZOTEAS"
Mércores 14 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" actuación de: "ÁNGELES DORRÍO CUARTETO"
Xoves 15 de xullo ás 20:30 h. no Xardín Botánico "Ría do Burgo" "CARLOS CHILDE TROUPE"
Venres 16 de xullo ás 20:30 h. no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo, ocupan o escenario ROBERTO SOMOZA OCTETO - "THE VANGUARD"

Máis información: www.culleredo.es

22 jun 2010

DJ Goro, Strabismo, Hugo Torreiro e DJ Piñas & Ramón Gz. encabezarán o cartel do Castelo Music Festival 2010 do vindeiro 26 de agosto

O Castelo Music Festival 2010 comeza a coller forma logo de que este sábado, nun programa de radio especial que as asociacións Castelo Deporte e Sons de Base emitiron dende a praza de Europa (O Burgo), foron anunciados os gañadores do certame ETIQUEDIS, que dende o
mes de xaneiro procura a opinión de toda a mocidade galega para deseñar unha festa á medida de cada persoa.
Os gañadores do concurso, con máis de mil votos, foron os dj’s Piñas & Ramón Gz., seguidos polo cantautor coruñés Hugo Torreiro e Strabismo, un grupo procedente de Noia. Marxe Eskerda, Álvaro González e Maedi Visna completaron as seis primeiras posicións, que dan acceso ao evento.
A sorpresa foi a inclusión no cartel do evento dun dos deejays máis coñecidos de Galicia, Goro, que protagonizará a actuación estelar a noite do 26 de agosto na polideportiva de Castelo (Culleredo).
Máis de duascentas persoas seguiron o programa a través da rede en directo e ao redor de catrocentas presenciaron o evento na propia praza do Burgo ao longo das cinco horas que durou a emisión.

MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

16 jun 2010

FESTIVAL CULTURA QUENTE CALDA DE REIS 16 E 17 XULLO


Tricky, Johnny Winter, Ocean Colour Scene, The Sonics, the Raveonettes e moitas bandas máis
O festival Cultura Quente é unha manifestación singular de expresión e compromiso, impulsada polo Concello de Caldas de Reis para implicar a todos os sectores sociais nun proxecto de desenvolvemento local.
Un dos principais activos de Cultura Quente é o feito de tratarse dunha proposta innovadora, sen precedentes na contorna inmediata do municipio e en conxunto en Galicia. Por outra banda a interdisciplinaridade da proposta, con espazo para todo tipo de manifestacións estéticas, técnicas e artísticas, abre unha porta que non existía ata o momento.

FESTIVAL ORTIGUEIRA 2010




Cita ineludible do verán e un dos referentes mundiais do folk, o Festival Ortigueira tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de todo o estado. A súa magnitude excede xa o puramente musical, para consolidarse como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.
O esforzo nas súas últimas edicións pasa por reforzar as infraestruturas de servizos -autobuses gratuítos, aparcamentos vixiados, duchas, aseos, puntos de información- para facer máis cómoda a estancia dos milleiros de visitantes que ateigan a vila e a zona de acampada libre da praia de Morouzos, e coidar ao máximo a calidade da programación musical. As estrelas do folk elixen os palcos de Ortigueira para presentar os seus últimos traballos -escenario Estrella Galicia- e o certame eríxese ademais como catapulta de novas bandas -Escenario Runas-.
Mais Informacion
http://www.festivaldeortigueira.com/

18 may 2010

VAS SACAR NOTA?unha oportunidade para os grupos musicais organizado pola Radio Galega



A Radio Galega pon en marcha por vez primeira o seu certame musical Vas Sacar Nota? 2010. Un concurso destinado a fomenta-la creación musical dotado dun bo feixe de premios.

Para participar envía unha canción con letra en galego que non estea editada nin explotada comercialmente. O público seleccionará entre as que nos cheguen 15 finalistas. Haberá un gañador final escollido por profesionais da música que terá a oportunidade de gravar unha maqueta nas instalacións da Radio galega así como unha serie de premios dos que se irán informando a medida que transcorra o concurso.
Moi importante será tamén as notas que saquedes en tres materias fundamentais:
Frescura na letra: Cantas historias por contar e cantar! Localízaas e sorpréndenos.
Ritmo na música: A base dun bo tema está nas sensacións que transmite!
Imaxe impecable: Unha boa envoltura fala ben de ti! Ponte guapo para a foto!.

En breve teredes na web www.crtvg.es un sistema dinámico de subida de cancións para que poidades subir os vosos temas directamente na nosa rede. Pero xa podedes ir enviando, se tedes présa, as vosas cancións por correo electrónico (Audio comprimido cun bitrate mínimo de 256 kbps e formato MP3, MP2 ou WAV) acompañado dunha foto do grupo ou solista e unha minibiografía a:

vas-sacar-nota@radiogalega.es
Ou por correo nun CD de audio, tamén con foto e minibiografía a:
Concurso Vas Sacar Nota? 2010.
Programa Somos quen.
Radio galega. Bando. San Marcos. 15820
Santiago de Compostela.

12 abr 2010

Música Xove 10

3º Certame de Música Xove´10 organizado pola concellaría de Xuventude e Festas do Concello de Santiago.
Metal e pop-rock
Xoves 22 de abril e venres 7 de maio ás 21.30H, na Sala Capitol.
Máis información concellaría de xuventude e festas e www.xuventude.eu
Máis información
http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate