Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta EMPRENDEMENTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMPRENDEMENTO. Mostrar todas las entradas

16 ago 2010

Coñece Europa




Coñece Europa a través de programas destinados únicamente á mocidade. Ben sexas asociado/a, como voluntario/a ou como estudante en prácticas, Europa está ao teu alcance, tan só tes que escoller a actividade que máis che interese!

Programa Galego de Mobilidade: Xuventude no Mundo, que se desenvolverá en 7 países diferentes.
O programa vai destinado a mozos e mozas galegos/as que teñan entre 18 e 30 anos, permite aos seus participantes coñecer ao longo dunha semana o país elixido e os seus medios de vida, diferentes aos que habitualmente están acostumados.
Os países que se ofertan son Italia, Francia, Grecia, Hungría, Romanía, Bulgaria e Portugal. En total, son nove programas a elixir en sete países. As prazas suman nesta edición 119 prazas

Programas e axudas para mozos emprendedores
A 'Guía de programas e axudas da Unión Europea para moz@s emprendedores' está incluída no proxecto 'Espazo Xuvenil'. A través desta publicación, o que se pretende é informar da oferta de programas e axudas que dende a Unión Europea se ofrece para toda a mocidade.


Mais información

http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html

7 jul 2010

Axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia

A Consellaría de Traballo e Benestar convoca axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para a garantía e mellora do dereito á conciliación da vida familiar e laboral en pequenas e medianas empresas (pemes).
Serán beneficiarias das axudas desta orde as pequenas e medianas empresas que teñan domicilio social en Galicia ou empresas con axencia, sucursal, delegación ou calquera outra representación en Galicia sempre que, pola súa vez, teñan contratado un mínimo dun 10% do seu persoal en Galicia e, cando menos, unha persoa.
As actuacións subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de actuación:
Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos eidos laborais ocupados de forma predominante por homes.
Liña III: axudas para os investimentos realizados polas empresas co fin de habilitar servizos de comedor, gardaría, lugares axeitados para o repouso das traballadoras embarazadas, salas de lactación e instalacións análogas para garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral.
O prazo para a presentación de solicitudes de axudas estará aberto ata o 2 de agosto de 2010.
Máis información para coñecer os requisitos, liñas de actuación subvencionables…
DOG do 30 de xuño de 2010
http://traballoebenestar.xunta.es

25 may 2010

CONCURSO DE IDEAS PARA APOIAR AOS MOZOS EMPRENDEDORES DE GALICIA E PORTUGAL DOTADO CON 20.000 EUROS

Xuventude porá en marcha nas próximas semanas tres iniciativas novidosas na Administración autonómica para apoiar aos mozos e mozas emprendedores de Galicia e o Norte de Portugal. Estes proxectos forman parte do plan Un espazo novo na axenda de Lisboa (Espazo Xuvenil), que se aprobou ao abeiro do Plan de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013. Na actualidade, trátase dunha iniciativa que lideran a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e o Instituto Portugués da Juventude.
En primeiro lugar, o Goberno galego convocará nuns días un concurso de ideas transfronteirizo que ten por obxectivo a creación e posta en marcha de novas empresas para incentivar novos filóns e novos empregos nas zonas emprazadas entre Galicia e o Norte de Portugal.
A contía dos premios é dun total de 20.000 euros. Así, o primeiro galardón estará dotado con 10.000 euros, o segundo con 6.000 e o terceiro con 4.000. No certame poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 18 e 30 anos e residan nos territorios ubicados en Galicia e o Norte de Portugal.
Todos os proxectos que se presenten ao concurso deberán ser viables técnica e financeiramente e, ademais, deberán estar deseñados para desenvolverse no ámbito xeográfico de Galicia e Norte de Portugal.
A guía de axudas
Así mesmo, terán que estar relacionados coa cultura, o turismo, o tempo libre, a animación sociocultural e o medio ambiente e Terán que ser necesariamente ideas propostas por un equipo integrado polo menos por un membro establecido na zona galega e outro no territorio portugués. Só se admitirá un proxecto empresarial por equipo e persoa.
En segundo lugar, Rodeiro presentou a ‘Guía de axudas e programas da Unión Europea para mozos emprendedores’que inclúe información "sinxela e sintética" sobre a amplía variedade de programas que Europa ofrece á mocidade.
O director xeral destacou que o libro elaborouse coa colaboración da Fundación Galicia Europa e remarcou que "o libro ten que ser entendido como unha síntese de contidos de rápida accesibilidade, máis non estaría completa sen as múltiples referencias a páxinas web que permiten complementar os datos da publicación".
A guía, en definitiva, o que pretende é facilitar un acceso máis fácil aos programas e axudas de apoio que as administracións pon a disposición da mocidade, sobre todo, nestes tempos de crise.
"Con esta publicación queremos e desexamos proporcionar un valor engadido que, sen dúbida, axudará á creación de novas empresas ou a apoiar actividades, como a participación en redes rendibles, a busca de produtos máis competitivos e a mellora do acceso á innovación e a cooperación transfronteiriza como impulso esencial para as empresas e os novos emprendedores", sinalou Rodeiro.
Prácticas en empresas
Para remarcar a aposta que a Xunta de Galicia está a facer pola mocidade nestes tempos de crise, Rodeiro engadiu que en terceiro lugar, o departamento que dirixe dará a oportunidade de realizar prácticas en diversas entidades aos mozos e mozas que se formaron o ano pasado a través deste proxecto.
En concreto, un total de dez mozos poderán resolver as dúbidas que teñan á hora de poñer en marcha a súa idea empresarial en diversas entidades a través dun asesoramento personalizado.

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/inicio

16 abr 2010

ORIENTA-T e FORMA-T

Que é Orienta-t e Forma-t?

É un Servizo que presta a Concellería de Mocidade e Voluntariado na Casa da Mocidade.
É unha orientación pre e post profesional persoalizada que che pode prestar o noso equipo técnico.

Para que sirve este servizo?

Se necesitas algún tipo de asesoramento en temas como:
- Orientación pre-profesional e de estudos
- Becas ou bolsas de estudo
- Achegamento ao emprego
- Emprendemento (creación de empresas)
- Cursos formativos
- Bolsas de traballo
- Investigación
- Aprendizaxe e práctica de idiomas
- Calquera outra relacionada coas metas que te plantexas

Non dubides en achegarte a Casa da Mocidade!!!

A que hora podo ir a pedir asesoramento?

A profesional encargada deste servizo atópala en horario de mañá, de 11 a 14h. Aínda que podes pasarte tamén pola tarde e consultar os nosos paneis informativos de 17 a 21 horas.
Tamén no mail da zona moza podes concertar unha cita

Seguro que hai algo interesante!!

8 abr 2010

REDE DE ASOCIACIONISMO




Qué é?

É un proxecto da Concellaría de Mocidade que pretende dar cabida ás iniciativas do tecido asociativo xuvenil do concello ou daquelas asociacións que de diferentes xeitos traballan nun momento dado con ou para os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos.

Para qué?

A rede pretende dar oportunidades , facilitar espazos e dar apoio técnico e material, na medida do posible, ás asociacións que teñan un proxecto interesante xa sexa grande ou pequeno.
Proxectos que en ocasións por si soas non poderían levar a cabo ou que deste xeito, pode ter mais trascendencia se o apoia o concello.
Doutra banda a concellaría, quere fomentar as relacións e a cooperación entre asociacións resolvendo obstáculos e afianzando a andaina cara a unha rede autoxestionada con personalidade propia que ao tempo respecte e potencie a diversidade dos seus integrantes.

Temos unha asociación e queremos formar parte da rede , que temos que facer?
En primeiro lugar debe estar inscrita no rexistro de asociacións do Concello de Culleredo e ter como unha das súas finalidades o traballo coa mocidade deste Concello.

Se cumpre este único “requisito” .....

...non tedes mais que poñeros en contacto connosco no mail da Zona Moza ou directamente na Casa da Mocidade . Xuntos e xuntas seguiremos tecendo na rede!