Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 nov 2010

SEMINARIO FORMATIVO "PROXECTO DESIGUALDADES"



PARA PARTICIPAR DE MANEIRA VOLUNTARIA
COMO MONITOR/A DO PROXECTO
26 de novembro, de 17.00h a 20.00h
27 de novembro ,de 10.00h a 14.00h e de 15.00h a 19.00h
Casa de Mocidade ( O Burgo )
Inscrición de balde Tel 692 178 960 (Rosa López)

18 nov 2010

Curso de Formación no Voluntariado 2010





Luns 22 de novembro de 16.00h a 18.00h



Oficina Municipal de Voluntariado

Rúa Alfonso VII (O Burgo) 981 654 588

Inscrición de balde

11 nov 2010

XORNADA DE EMANCIPACIÓN E INFORMACIÓN XUVENIL

ORGANIZA: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE e VOLUNTARIADO
DATA: 25 novembro 2010
LUGAR: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid. Santiago de Compostela
PERSOAS DESTINATARIAS: informador@s xuvenís, asociacións xuvenís, universitarios e estudantes principalmente de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social e maxisterio.
LUGAR e PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 11 de novembro na páx.: www.xuventude.net "xornada de emancipación e información xuvenil"
Certificado de asistencia expedido pola EGAP

Novidades na zona moza





Invernízate con nós, actividades na natureza no albergue xuvenil de Gandarío

Invernízate con nós é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.
De entre as actividades nas que se poderá participar, destacan:
•Recoñecemento de estrelas
•Orientación nocturna
•BTT
•Tiro con arco
•Corda tirolesa
•Iniciación ao rapell
•Orientación …
Nel poderán participar aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.As solicitudes cubertas entregaranse na oficina de información xuvenil do concello onde os demandantes teñan a súa residencia. No caso de que o concello non teña OMIX, será o departamento competente en materia de xuventude o encargado de recibir e tramitar as solicitudes
Máis información en www.xuventude.net

Anomar. VIII Concurso de poesía para rapaces e rapazas

A Asociación Recreativa Cultural Os Tilos convoca o VIII Concurso de poesía para rapaces e rapazas: ANOMAR
1. Quen pode participar?
Poden participar todos os rapaces e rapazas que están incluídos nas seguintes categorías:
Categoría 1ª.- Rapaces e rapazas de 10 a 14 anos.
Categoría 2ª.- Rapaces e rapazas de 14 a 18 anos.
2. Como teñen que ser os poemas?
Cada rapaz ou rapaza poderá enviar un ou dous poemas, preferiblemente mecanografados (a máquina ou ordenador) ou senón escritos a man con boa letra.Os poemas poderán ocupar, como máximo, 100 versos e como mínimo 20 versos.O tema dos poemas é completamente libre, aínda que deberán ter un título.A lingua dos poemas deberá ser o galego.
3. Como enviar os poemas e cando?
Cada poema escrito debe enviarse, sen poñer o nome do rapaz ou rapaza, dentro dun sobre grande onde se indicará a categoría na que participa. Dentro do mesmo sobre grande, irá ademais un sobre pequeno, no interior do cal aparecerá unha folla cos seguintes datos: título do poema; nome do rapaz ou rapaza; enderezo, teléfono.
Despois hai que enviar o sobre grande (cos poemas e mais o sobre pequeño dentro), sen datos de quen o remite, ao seguinte enderezo:
VIII CONCURSO DE POESÍA ‘Anomar’ Asociación Recreativa e Cultural ‘Os Tilos’
Rúa Ameneiro núm.8 (baixos parroquiais)
(15894) Os Tilos - TEO
Os poemas enviaranse antes do 30 de novembro de 2010.
Máis información:
Teléfono: 981 819 501
arcostilos@arcostilos.org
www.arcostilos.org