Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 may 2011

Barha Party XIV 2011

ÓNDE: CENTRO COMERCIAL OS ROSALES A CORUÑA
CÁNDO: VENRES 21 OUTUBRO ÁS 18:00H-22 OUTUBRO ÁS 19:30H
ANÍMATE

CURSO: RECURSOS AUTNÓMICOS DE GALICIA EN MATERIA DE XUVENTUDE

"NON TE QUEDES ATRÁS!!! Adiántate a todas as vantaxes que podes ter en diferentes eidos e ónde atopalas

CÁNDO: xoves 23 de xuño de 12:00h a 14:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso Vii, nº1 O Burgo Culleredo

Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: CULLEREDO MOCIDADE

TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN

"AQUEL QUE TEÑA A PALABRA COMO UNHA ARMA SERÁ O MÁIS FORTE, SÓ HAI QUE SABER COMO UTILIZALA"

CÁNDO: xoves 14 de xullo de 17:00h a 19:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII, nº1, O Burgo Culleredo. Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR?: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis: animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: Culleredo Mocidade

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL

43% DE PARO XUVENIL
non crees que precisas ferramentas para buscar e atopar emprego?:
- Habilidades: para as entrevistas, as chamadas...
- Técnicas: para planificar a busca, para facer o currículum, as cartas de presentación...
- FERRAMENTAS PARA MANTER O EMPREGO
O Obradoiro realizarase o 16 de xuño de 17:00h a 19:00h na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII nº1 o Burgo Culleredo
Para máis información podes consultar:
zona.moza@culleredo.org
http://zonamoza.blogspot.com
www.culleredo.org

23 may 2011

Barha Party

Publicada no DOG a orde de subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades enmarcadas no programa Servizo de Vol

Orde do 12 de abril de 2011 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.
Data de publicación: DOG núm.89, do 9 de maio de 2011.

A Consellería de Traballo e Benestar e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado consideran de máximo interese colaborar na promoción de actividades no ámbito do voluntariado, actuacións que necesariamente
deberán influír no desenvolvemento comunitario.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a concellos e mancomunidades de municipios no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2011.

Este programa consiste en incorporar ás entidades de acción voluntaria e aos concellos e mancomunidades de municipios inscritos no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia a mozos e mozas galegos/as para a súa colaboración como voluntarias/os na realización dos proxectos de voluntariado que se presenten ao abeiro desta convocatoria e dentro das áreas prioritarias a que se refire o parágrafo 3 deste artigo.

Serán subvencionables os proxectos de acción voluntaria presentados por entidades de acción voluntaria e concellos e mancomunidades de municipios sempre que a esta acción voluntaria se desenvolva por mozos/as de idades comprendidas entre os 18 e 30 anos e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas:

–Actividades relacionadas co Camiño de Santiago.
–Actividades de recuperación da cultura/arte/tradicións populares galegas.
–Actividades con colectivos en situación de risco.
–Actividades xuvenís.
–Actividades ambientais.
–Actividades relacionadas co Ano Europeo do Voluntariado.
–Actividades relacionadas coa igualdade de xénero.

Prazo para a presentación das solicitudes: ata o 10 de xuño do 2011.

Prazo para a realización das actividades:do 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2011.

Remate do prazo para xustificar: ata o 15 de outubro de 2011

3 may 2011

Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

•Entidade: Dirección Xeral de Xuventude. Xunta de Galicia
• Modalidad: En liña
• Data límite de inscrición: 05-maio-11
• Data inicio: 07-maio-11
• Data fin: 25-xuño-11
• Descrición:
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o curso de organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas dirixido a mozos de entre 18 a 30 años que non sexan persoal ao servizo das administracións públicas.
Modalidade: a distancia
Horas: 110
Prazas: 20
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.
Teléfono: 881 99 76 07 (de 15 a 20 horas).