Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





26 abr 2010

Proxectos audiovisuais en lingua galega

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o Desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.
Serán obxecto de subvencións as seguintes modalidades de proxectos:
a) Longametraxes de ficción: proxectos de longametraxe de imaxe real ou de animación cunha duración superior aos 60 minutos.
b) Longametraxes documentais: proxectos de longametraxes documentais cunha duración superior aos 50 minutos.
c) Películas para televisión: telefilmes para TV cunha duración de entre 75 e 90 minutos. No caso de películas de animación para TV, a duración mínima será de 60 minutos.
d) Formatos innovadores para televisión. Combinación única de elementos para crear un programa de televisión orixinal. Comprende o contido do programa ou serie de programas, ademais das indicacións técnicas para producilo, os elementos artísticos, avances orzamentarios (orzamento base) e know-how dos produtores.
e) Pilotos de series de animación para TV.
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, con sucursal ou oficina permanente polo menos dous anos, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Os beneficiarios deberán ter un acordo ou contrato, como mínimo, cun autor ou guionista.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de maio de 2010.
Máis información no DOG do 20 de abril de 2010 e en www.agadic.info
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/lecerecultura

No hay comentarios:

Publicar un comentario