Quén pode ter o carné da Zona Moza?
Todos os mozos e mozas residentes no Concello de Culleredo que teñan entre 12 e 30 anos.
Para que sirve o carné da Zona Moza?
Para ter acceso e uso das instalacións ou actividades da Casa da Mocidade tanto dentro dela como en calquera dos Espazos Mozos promovidos desde ela en distintos puntos do concello .
Próximamente tamén permitirá acceder a outra serie de vantaxes en comercios e servizos de Culleredo.
Cómo se pode obter o carné da zona Moza?
Só tes que te achegar á Casa da Mocidade e cumprimentar a solicitude , firmar o teu compromiso de respetar o regulamento interno da Casa e presentar unha documentación básica identificativa:
- Fotocopia do DNI
- Foto Tamaño DNI
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Fotocopia dos informes médicos imprescindibles si o rapaz ou rapaza ten algún padecemento que deba ser obxecto de precaucións especiais por parte do persoal
- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor/a no caso de menores de idade
No caso dos menores de idade o regulamento terá que ser asinado polo mozo ou moza e polo pai/nai/ titor legal en proba de coñecemento da utilización dos distintos servizos de mocidade polo seu fillo ou filla .
Todos os datos persoais que se aportan así como as imaxes que se deriven das participación nas distintas actividades da Zona Moza serán protexidos pola lei Orgánica 15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD).
Todos os datos persoais que se aportan así como as imaxes que se deriven das participación nas distintas actividades da Zona Moza serán protexidos pola lei Orgánica 15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD).
No hay comentarios:
Publicar un comentario