Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta DISCAPACIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DISCAPACIDADE. Mostrar todas las entradas

22 oct 2010

VIII Concurso de fotografía do INICO

Requisitos:
1.- O autor deberá ser maior de idade. Poderán participar fotógrafos de calquera nacionalidade.
2.- Poderán presentarse un máximo de 5 fotografías por participante.
3.- Os traballos deberán axustarse ao tema proposto "As persoas con discapacidade na vida cotiá", dedicándose unha Mención Especial á fotografía que mellor reflicta ás persoas con discapacidade na universidade.
4.- As fotografías enviaranse a través da seguinte páxina web:
http://inico.usal.es/concursofotografia/enviofotos.aspx
O prazo de recepción de traballos finaliza o 26 de outubro de 2010
Máis información en http://inico.usal.es/concursofotografia


2 ago 2010

Bolsas de estudos Capacitas

A Fundación Universia convoca 46 bolsas para persoas con discapacidade. As bolsas son de 3 tipos: de acceso, de progreso e de mobilidade.
Os formularios de solicitude poderanse obter nas oficinas de atención a estudantes con discapacidade ou descargarse na páxina www.fundacionuniversia.net

Requisitos:
Estudantes que estean matriculados ou estean en condicións de matricularse, por primeira vez, en ensinanzas oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo incluiranse as ensinanzas de plans de estudo antigos. As solicitudes serán unipersoais e só se admitirá unha solicitude por persoa.
Datas
 As solicitudes para as bolsas de mobilidade deberán ser presentadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010 ás 19.00.
 As solicitudes para as demais bolsas poderán ser remitidas entre o 15 de xuño e o 15 de novembro de 2010 ás 19.00.
Informacion
Fundación Universia
Avda. Cantabria s/n Edificio Arrecife, planta 00
28660 Boadilla del Monte (Madrid)
Teléfonos: 91 289 51 26/ 91 289 57 47 (Horario de luns a xoves de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00)
http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdade/bolsas/detalleProgramas-797.html
Publicación:
BOE: 02-06-2010

18 jun 2010

Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O Ministerio de Educación convoca para o curso 2010-2011: Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta; subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas; axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
prazo ata 30-06-2010
Informacion
Ministerio de Educación
http://www.educacion.es
Publicación:BOE: 05-06-2010

4 may 2010

Integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego

A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións coa finalidade de promover a integración laboral das persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia
Podes consultar os diferentes programas e os prazos de solicitud polas seguintes vías:
No DOG do 3 de maio de 2010
En http://traballo.xunta.es

Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego

Integración laboral das persoas con discapacidade

A Consellería de Traballo oferta subvención as empresas ordinarias para diferentes modos de contratacións de persoas con discapacidade.
A finalidade deste programa é favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral mediante a súa contratación en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes e os anexos dos programas están dispoñibles na páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://traballo.xunta.es.
O prazo para presentar solicitudes está aberto ata o 1 de xuño de 2010.

Máis información no DOG do 30 de abril de 2010 e en http://traballo.xunta.es

Campamentos de Verán 2010 para persoas con discapacidade

As mozas e os mozos, cunha discapacidade igual ou superior ao 33% xa poden solicitar a participación en campamentos para este verán
Terán prioridade:
- As persoas que non participaran en anos anteriores.
- As persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria para a participación nas quendas de integración e aquelas persoas con maior necesidade de apoio nas quendas específicas.