Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta SAÚDE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÚDE. Mostrar todas las entradas

24 feb 2011

Programa Noites Saudables para a Mocidade

Se tes entre 18 e 35 anos e resides na Comunidade Autónoma de Galicia, non podes perder a oportunidade de vivir o programa Noites Saudables para a Mocidade.

Este programa ten por finalidade que poidas gozar do termalismo e o ocio, con máis xente da túa idade, con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e do 8 ao 10 de abril, incluíndo dúas noites de estancia (venres e sábado) nun cuarto dobre en réxime de media pensión (dereito a cea) con dous tratamentos específicos, un o sábado e outro o domingo.

Haberá 500 prazas dispoñibles a repartir, entre oito establecementos de concellos galegos, durante 5 fins de semana. Debes saber que os tratamentos e estancias son un 50% máis baratos que se vas por libre.

Os prazos de inscrición comezan o día 14 de febreiro, tendo que chamar por teléfono para a reserva aos números 981 545822, 981541689, 981545937 e 981545702.

De luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.

1 dic 2010

Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización na loita contra o SIDA


Con motivo da celebración, o vindeiro 1 de decembro, do Día Mundial da Loita contra o SIDA, a asociación Castelo Deporte lanza unha campaña de sensibilización, dirixida a toda a sociedade, pero de xeito específico á mocidade. A entidade cullerdense, que de xeito habitual comproba a escasa información que recibe este sector acerca dunha das primeiras causas de mortalidade no mundo, aposta deste xeito por facer chegar á poboación dun xeito directo e claro a importancia da prevención como mellor remedio ante a problemática.

Baixo o lema ‘O mellor regate ao SIDA témolo que facer xuntos’, a asociación pretende distribuir cartaces a través da rede de centros sociais do Concello de Culleredo, e ubicará un deles, de maiores dimensións, no centro da parroquia de Castelo.
Ademais, a campaña será difundida a través das redes sociais, onde Castelo Deporte está en contacto diario con milleiros de persoas de toda a comarca que participan de xeito habitual nas actividades da asociación. Os seus responsables teñen previsto provocar unha cadea de mensaxes a través das redes máis populares para facer chegar os obxectivos da campaña ao maior número de persoas.
MÁIS INFORMACIÓN
prensa@castelodeporte.org
697.513.997 – 650.429.214
www.castelodeporte.org

3 ago 2010

Persoas voluntarias para o Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles


O Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles para o colectivo inmigrante, en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, leva once anos dando información sanitaria, sensibilizando e acompañando pacientes, tanto para acudir a citas sanitarias, como para xestións administrativas e garantindo un seguimento aos usuarios en tratamento
Duración:
Actividade puntual (unhas horas semanais)
Data:
Inscrición: durante todo o ano
Organizada por:
Ecos do Sur
Requisitos:
Buscamos a persoas que traballan no campo sanitario (enfermeir@s, matronas, medic@s) con experiencia, que poidan realizar a proba, e medir o resultado da mesma; cabe destacar a importancia da colaboración con persoal sanitario que poida aclarar calquera dúbida que o usuario/paciente poida ter.
Enlace:
http://www.ecosdosur.org/

18 may 2010

Accións de investigación-acción anti VIH/sida.

A Consellería de Sanidade convoca subvencións a proxectos de accións de investigación-acción que teñan relación co esforzo global anti VIH/sida. Estas axudas irán dirixidas a asociacións e concellos que desenvolvan actividades en Galicia.
En Mocidade serán subvencionables as seguinetes actividades:
Mozas e mozos non escolarizados ou pertencentes a grupos con elevada vulnerabilidade social (internas/os en centros tutelares de menores, minorías étnicas marxinadas, familias desestruturadas,
-Facilitación de medios preventivos.
-Información e divulgación sobre VIH/sida.
Programas dirixidos á mocidade escolarizada no ámbito da promoción de hábitos sexuais saudables.
-Educación para a prevención do VIH no contexto de programas de educación afectivo-sexual.
-Facilitación de preservativos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de xuño de 2010.
Máis información no DOG do 11 de maio de 2010


http://www.xuventude.net/web/xuventude/asociacions/financiamento/ordedesubvencions

20 abr 2010

HORTOS URBANOS




O Concello de Culleredo pon a disposición da poboación terreos axeitados para a súa explotación hortícola e asesorará aos interesados nas prácticas ecolóxicas e tradicionais de cultivo.
Esta iniciativa comezará a implantarse en Vila Melania na parroquia de Rutis, con 23 parcelas (de 50 m² cada unha aproximadamente) que contarán cunha normativa de uso e uns criterios de adxudicación flexibles.
A posta en marcha dos hortos farase logo dunha serie de accións formativas de carácter teórico-práctico que se desenvolverán nas instalacións de Vila Melania e servirán como primeira toma de contacto para os futuros hortelanos.

Criterios de adxudicación

Requisitos:
Estar empadroado no Concello dende fai máis de 6 meses.
Estar capacitado para coidar unha horta sen que supoña un risco para a súa saúde.
Non estar traballando outra horta particular, propia ou cedida.

Charla Informativa Xoves 22 abril 19 H. Villa Melania
Grupos de destinatarios:
Xubilados e maiores de 65 anos
Xente nova entre 18 e 35 anos
Poboación adulta en xeral (maiores de 36 anos)
Adxudicación:
Farase por sorteo dun número de parcelas proporcional entre os tres grupos de destinatarios.

MÁIS INFORMACIÓN: http://www.culleredo.es