Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





12 abr 2010

Directora para o Centro de Información á Muller de Curtis e Animador Cultural.

O Concello de Curtis publica as bases específicas para a contratación laboral temporal dunha directora para o Centro de Información á Muller e dun/dunha animador/a cultural para este concello. Requisitos:
As aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:
Ser muller.
Ter nacionalidade española ou ser cidadán dun Estado membro da Unión Europea.
Ter cumpridos os 18 anos.
Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións encomendadas.
Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas nin estar inhabilitado ou incurso en causa algunha de incompatibilidade ou incapacidade.
Licenciatura en dereito
Estar en posesión do permiso de conducir B1
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de abril de 2010.
Máis información no BOP da Coruña do 12 de abril de 2010
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/emprego/empregopublico/local

No hay comentarios:

Publicar un comentario