A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) fai unha convocatoria para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego.
Modalidades de proxectos:
Modalidade A: escrita individual de guión. Subvencións para proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias, para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A contía máxima por proxecto será de 12.000 €.
Modalidade B: curtametraxe en soporte dixital. Subvencións para a produción de proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega -ficción, animación ou documental- cunha duración inferior a 30 minutos. As subvencións terán unha contía máxima de 6.000 €.
Modalidade C: curtametraxes experimentais. Subvencións para a produción de curtametraxes innovadoras ou experimentais. Serán obxecto desta modalidade aqueles proxectos e obras experimentais de decidido contido artístico e cultural. A axuda máxima por proxecto ascende a 10.000 €.
Modalidade D: longametraxes en soporte dixital. Producións audiovisuais gravadas en soporte dixital de duración superior a 60 minutos, de baixo orzamento, que polas súas especiais características creativas se consideren de difícil financiamento. A axuda máxima por proxecto será de 30.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 24 de maio de 2010.
Máis información no DOG do 23 de abril de 2010 e en www.agadic.info
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/lecerecultura
26 abr 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario