Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





20 abr 2010

Bolsas Fulbright de Comercio e Turismo dos Estados Unidos de América

O Ministerio de Industria, Turismo e Comerio, en colaboración coa Comisión Fulbright, convoca un máximo de dúas bolsas, dentro do Programa de Bolsas Comercio e Turismo/Fulbright para a realización de estudos de postgrao nos Estados Unidos de América.
A finalidade das bolsas Comercio e Turismo/Fulbright é contribuír ao financiamento dun proxecto de formación académica e perfeccionamento técnico-profesional nunha universidade estadounidense, seguindo un programa de estudos establecido para a obtención do grao de «Máster» ou outra titulación ou certificación profesional, un plan de acreditación académica sen obxectivo de titulación ou, un proxecto de investigación.
Os campos de estudo aos que se dá prioridade son:
Publicidade e Mercadotecnia Internacional.
Comercio, Economía e Finanzas Internacionais.
Dereito Mercantil Internacional.
Política Turística e Xestión de Calidade Turística.
Dirección de Organizacións do Sector Público.
Análise de Políticas Públicas.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes é de 30 días hábiles a partir do día seguinte ao da súa publicación no «Boletín Oficial do Estado», finalizando ás 14:00 horas do último día hábil.
INFORMACIÓN
BOE do 15 de abril de 2010.

Máis Información:
http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario