A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos dirixidos á mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2011, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as.
Terán preferencia as seguintes iniciativas xuvenís:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas da xente nova na súa comunidade e contorno.
Destinatarios:
a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presentan non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Requisitos:
1. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, deberán estar inscritas no censo oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
2. Os grupos informais deberán estar formados por un mínimo de 5 mozos/as con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos no momento de presentar a solicitude, debidamente identificados/as, asumindo un deles o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Así mesmo, será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.
A contía máxima da axuda concedida será de 7.000 € e non poderá superar o 80% do orzamento total.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de marzo de 2011.
Máis información
no Teléfono Xove: 902 15 25 35
Mostrando entradas con la etiqueta INVESTIGACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta INVESTIGACIÓN. Mostrar todas las entradas
4 feb 2011
18 jun 2010
Bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca bolsas de estadías para investigadores de fóra de Galicia e a súa formación en proxectos de investigación no Centro Ramón Piñeiro.
prazo até 17-07-2010
Publicación:
DOG: 17-06-2010
prazo até 17-07-2010
Publicación:
DOG: 17-06-2010
1 jun 2010
Axudas para participar no programa Campus científicos de verán.
Axudas para participar no programa Campus científicos de verán con alumnos de ensino secundario e bacharelato.
Data:
prazo até 03-06-2010
Ministerio de Educación
http://www.educación.es
Publicación:
BOE: 27-05-2010
Data:
prazo até 03-06-2010
Ministerio de Educación
http://www.educación.es
Publicación:
BOE: 27-05-2010
11 may 2010
Premios «Moz@s Investigadores» para 2010.
Alumnos e Alumnas de Ensino Secundario Obrigatorio, Bacharelato e Formación Profesional e membros de distintas asociacións se tedes interés en mellorar a cultura científica , este pode ser o teu momento presentándose os
premio «Moz@s Investigadores».
Os obxectivos, requisitos e prazos podelos consultar en:
BOE do 3 de maio de 2010.
Os obxectivos, requisitos e prazos podelos consultar en:
BOE do 3 de maio de 2010.
3 mar 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)