Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta VIAXES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIAXES. Mostrar todas las entradas

17 mar 2011

XuvenTur - Turismo no rural

Que é?
É un programa con actividades de turismo deportivo e de aventura que se levará a cabo en diferentes establecementos rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo-TURGALICIA.
Ofrécense distintas alternativas de participación, entre os meses de abril a xuño, excluída a Semana Santa.
Quen pode participar?
Poderán participar aquelas mozas e mozos que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.
Obxectivos do programa
• Facilitar que as mozas e mozos galegos participantes coñezan a xeografía e patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, para promover o seu respecto.
• Proporcionar á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia.
• Promover a educación ambiental e o ocio saudable.
O programa inclúe
• Aloxamento en casas de turismo rural (noites de venres e sábado). O aloxamento será sempre en cuartos dobres (de unha ou dúas camas) e poderase escoller a persoa con quen compartilos. En caso de inscricións individuais asignarase un compañeiro/a.
• Manutención completa (venres:cea; sábado:almorzo, picnic e cea; e domingo:almorzo).
• Transporte das persoas que participan desde o aloxamento ata o lugar onde se realizarán as actividades.
• Programa de actividades, equipo de monitores, así como o material preciso para o seu desenvolvemento (no suposto de mal tempo levaranse a cabo actividades alternativas).
• O desprazamento ata os aloxamentos será por conta dos participantes, tanto para o día de incorporación como o día de remate da actividade.
• A incorporación realizarase o venres pola noite antes das 21.00 horas.
Condicións de participación
• Son viaxes en grupo e, polo tanto, terán que respectarse os horarios establecidos, tanto para as saídas programadas coma para os servizos opcionais.
• Durante a estancia nos aloxamentos, respectaranse as normas de organización interna en cada un deles.
• Os organizadores das actividades reservaranse o dereito a cambiar algunha parte do programa ou servizo,-incluso de cancelalo,- en caso de que sexa necesario por seguridade das persoas participantes.
• A realización e o desenvolvemento das actividades estará condicionada polas condicións meteorolóxicas.
• A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá cancelar calquera dos programas, en caso de que non exista un número mínimo de participantes.
• Se calquera dos participantes incumpre as normas xerais que alteren o desenvolvemento normal da viaxe, poderá ser expulsado da actividade correspondente.
• Será necesario levar a tarxeta sanitaria e o DNI durante a viaxe.
• A incorporación realizarase o venres pola tarde antes das 21.00 h, e a saída será ao remate da actividade que será sempre os domingos antes do xantar.
• A participación no programa supón a aceptación das condicións deste; noutro caso poderá excluírse do programa ao participante que as incumpra.

Material necesario
Útiles de aseo, roupa e zapatillas deportivas, prendas de abrigo e choiva, calzado forte e cómodo e mochila.
É importante que a roupa sexa axeitada ás actividades para as que se inscribe.
Prazas
O número máximo de persoas que poden participar en cada unha das opcións e fins de semana oscila ao redor de 22 prazas, en función da capacidade das casas de turismo rural correspondente.
Prezo
100 € por praza. As persoas que teñan Carné Xove (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Anulación
Só se procederá á devolución de taxas cando, por causas non imputables ás persoas interesadas, o servizo non se preste ou cando a administración anule a actividade (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto lexislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se ditan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).




Inscricións e Reservas
• A reserva de praza efectuarase unicamente por vía telefónica.
• Cada un dos programas ten asinado un número de teléfono, ao cal se debe de chamar para solicitar praza nese programa concreto.
Non se poderán facer reservas nun programa que non corresponda co número de teléfono asignado.
• Logo de confirmarse a adxudicación da/s praza/s na mesma chamada telefónica, haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a seguinte documentación:
1. Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participantes
2. Fotocopia escaneada do carné xove en vixencia (de ser o caso)
3. Fotocopia escaneada do DNI.
4. Fotocopia escaneada da solicitude de inscrición (que se pode descargar na web www.xuventude.net).
Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico indicado para cada programa concreto.
Nota: o envío incorrecto da documentación ocasionará a baixa automática do programa e as prazas quedarán dispoñibles para outros solicitantes.
Prazo de Inscrición
O prazo de inscrición comezará o día 18 de marzo ás 9.00 horas. O horario de atención ás chamadas, será de 9.00 h. a 14.00 h.
Adxudicación das Prazas
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das chamadas e asignaranse ata esgotar as dispoñibles por programa.
No formulario de solicitude, só se poderá elixir unha quenda.
ORGANIZA
Secretaría Xeral para o Turismo • TURGALICIA
Consellería de Cultura e Turismo
www.turgalicia.es
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Consellería de Traballo e Benestar
www.xuventude.net
18 19 20 21 22 23 24
25 ORGANIZA
CALENDARIO DOS PROGRAMAS

MES DE ABRIL:
Días 1, 2, 3 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Trabada, A Pontenova e Lourenzá); Programa 11 (Allariz).
Días 8, 9, 10 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Foz e Cervo); Programa 11 (Allariz).
Días 15, 16, 17 Programa 1 (Arzúa); Programa 6 (Foz e Barreiros); Programa 11 (Allariz)
Días 29, 30 Programa 2 (Rois e Padrón); Programa 7 (Bóveda, A Pobra de Brollón e O Incio); Programa 12 (Esgos e Pereiro de Aguiar);
e 1 Maio Programa 15 (Arbo)

MES DE MAIO:
Días 6, 7, 8 Programa 2 (Ames); Programa 7 (O Saviñao e Pantón); Programa 12 (Nogueira de Ramuín); Programa 15 (Gondomar e Baiona).
Días 13, 14, 15 Programa 2 (Padrón, Rianxo e Ribeira); Programa 7 (Pantón); Programa 13 (A Veiga); Programa 15 (O Porriño e Tomiño).
Días 20, 21, 22 Programa 3 (Monfero); Programa 8 (Cervantes); Programa 13 (A Veiga); Programa 17 (A Estrada).
Días 27, 28, 29 Programa 3 (Paderne e Miño): Programa 8 (Cervantes); Programa 16 (Covelo e A Cañiza); Programa 17 (A Estrada e Forcarei).

MES DE XUÑO
CDías 3, 4, 5 Programa 4 (Cariño); Programa 9 (Folgoso do Courel); Programa 14 (Lalín e Rodeiro); Programa 16 (Crecente); Programa 17 (A Estrada).
Días 10, 11, 12 Programa 4 (Ortigueira); Programa 5 (Cabana de Bergantiños); Programa 9 (Folgoso do Courel); Programa 14 (Silleda e Vila de Cruces).
Días 17, 18, 19 Programa 5 (Cee); Programa 10 (Ramirás e Celanova); Programa 14 (Vila de Cruces); Programa 18 (Sanxenxo e Meis).
Días 24, 25, 26 Programa 5 (Outes); Programa 10 (Rairiz de Veiga); Programa 18 (Vilagarcía de Arousa e Cambados).orreo-e:

11 mar 2011

ACCIÓN Dverán`11

dos 9 aos 17 anos CAMPAMENTOS
QUE É? Trátase de programas de actividades que terán lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, promovidos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
PROGRAMAS:
- 1. ACTIVIDADES QUE SE REALIZARÁN EN GALICIA:
A CORUÑA:
- ALBERGUE XUVENIL MARIÑA ESPAÑOLA (BERGONDO)
- ALBERGUE XUVENIL DE GANDARÍO (BERGONDO)
- CAMPAMENTO XUVENIL FURELOS (MELIDE)
- CAMPAMENTO XUVENIL VIRXE DE LORETO (PORTO DO SON)
- CAMPAMENTO XUVENIL ESPIÑEIRA (BOIRO)
LUGO:
- ALBERGUE XUVENIL AREA (VIVEIRO)
- ALBERGUE XUVENIL BENIGNO QUIROGA (PORTOMARÍN)
- CAMPAMENTO XUVENIL A DEVESA (RIBADEO)
- CAMPAMENTO XUVENIL OS CHACOTES (PALAS DE REIS)
- COMPLEXO RESIDENCIAL XUVENIL LUG (LUGO)
OURENSE
- CAMPAMENTO XUVENIL PENEDOS DE XACINTO (ENTRIMO)
- COLEXIO GUILLERME BROWN (O PEREIRO DE AGUIAR)
- CENTRO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL EQUAL (COLES)
- ALBERGUE XUVENIL VILAR DE ORDELLES (ESGOS)
PONTEVEDRA:
- CAMPAMENTO XUVENIL AS SINAS (VILANOVA DE AROUSA)
- CAMPAMENTO XUVENIL PONTEMARIL (FORCAREI)
- CAMPAMENTO XUVENIL A ILLA DE ONS (BUEU)

- 2. INTERCAMBIOS BILATERAIS CON OUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS: ÁLAVA, ARAGÓN, CASTELA e LEÓN, ESTREMADURA, MURCIA, NAVARRA e A RIOXA
- 3. CAMPOS DE TRABALLO EN GALICIA
- 4. CAMPOS DE TRABALLO NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
- 5. CAMPOS DE TRABALLO NO ESTRANXEIRO
MÁIS INFORMACIÓN EN:
- www.xuventude.net

- Na dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

- Nas oficinas locais de Xuventude, concretamente na Casa da Mocidade sita na rúa Alfonso VII, 1 15670 O Burgo Culleredo. Teléfono: 981654588, zona.moza@culleredo.org, http://zonamoza.blogspot.com
Se tes o carné xove obterás un 25% de desconto na cota a pagar.

24 feb 2011

Programa Noites Saudables para a Mocidade

Se tes entre 18 e 35 anos e resides na Comunidade Autónoma de Galicia, non podes perder a oportunidade de vivir o programa Noites Saudables para a Mocidade.

Este programa ten por finalidade que poidas gozar do termalismo e o ocio, con máis xente da túa idade, con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e do 8 ao 10 de abril, incluíndo dúas noites de estancia (venres e sábado) nun cuarto dobre en réxime de media pensión (dereito a cea) con dous tratamentos específicos, un o sábado e outro o domingo.

Haberá 500 prazas dispoñibles a repartir, entre oito establecementos de concellos galegos, durante 5 fins de semana. Debes saber que os tratamentos e estancias son un 50% máis baratos que se vas por libre.

Os prazos de inscrición comezan o día 14 de febreiro, tendo que chamar por teléfono para a reserva aos números 981 545822, 981541689, 981545937 e 981545702.

De luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.

9 feb 2011

PROGRAMA GALEGO DE MOBILIDADE

O programa galego de mobilidade “A Xuventude no Mundo” pretende que os mozos/as de Galicia poidan coñecer outros países e outras rexións distintas ás do seu medio natural. Todo isto a través da participación activa en actividades con outros rapaces doutros medios, adquirindo experiencia e coñecemento mediante unha educación non formal.
LUGARES DE REALIZACIÓN:
1- Italia, en Rimini do 2-8 de febreiro
2- Francia, en Noyant do 2-8 de febreiro
3- Hungría, en Hölloko, do 2-8 de febreiro
4- Colombia, en Barranquilla, Santa Marta e Cartagena de Indias do 3-9 de febreiro
5- Chile, en Santa Cruz do 16-23 de febreiro
6- Xapón, en Wakayama do 4-10 de febreiro
7- Italia, en Brolo do 9-16 de febreiro
8- República Checa, en Ceska Trebova do 14-17 de febreiro
9- Hungría, en Veszprem, do 16-23 de febreiro
10- Rusia, en Yaroslav do 21-28 de febreiro
11- Moldova, en Chisinau do 1-8 de marzo
12- Armenia, en Yerevan do 1-8 de marzo
13- Arxentina, en Iguaçú do 1-8 de marzo
14- Portugal, en Figueira da Foz do 8-16 de marzo
QUE TEÑO QUE FACER?
REQUISITOS A CUMPRIR PARA PARTICIPAR
- Ter entre 18 e 30 anos
- Enviar un correo electrónico á dirección mobilidadexuvenil@xunta.es e cubrir o formulario de inscrición que se atopa na páxina web www.xuventude.xunta.es
- De non recibir a comunicación de admisión no prazo de 5 días, entenderase que non se obtivo a praza
- Unha vez que se comunique por correo electrónico a admisión no programa, farase o ingreso nas 48 horas seguintes, enviando o xustificante por correo escaneado
- A xustificación da posesión do Carné Xove farase mediante o envío da fotocopia escaneada por correo electrónico nas 48 h seguintes á comunicación
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
www.xuventude.net
Tlf: 981 541 689
981 545 712/ 981 545 822

4 feb 2011

Xuventude polo mundo

Se che gusta viaxar, comeza a terceira edición do programa de mobilidade “A xuventude polo mundo” ao que poderán asistir 10 mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos de idade. Valo perder?

Neste intercambio usarase a fotografía e os medios audiovisuais como ferramenta para a difusión de actividades xuvenís.
Nesta terceira edición a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo:

• Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís.
• Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría.
• Cartaxena (Colombia) do 16 ao 23 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude.
• Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos .
• Ceska Trebova (Chequia) do 25 de marzo ao 1 de abril. Temática: Diversidade cultural.
• Santa Cruz (Chile) do 28 de marzo ao 4 de abril. Temática: Cultura, tradicións e costumes do campo chileno.
• Brolo (Italia) do 1 ao 8 de abril. Temática: Valor da cultura no futuro.
• Figueira da Foz (Portugal) do 9 ao 16 de abril. Temática: Estratexias de participación no combate contra a exclusión social.
• Chisinau (Moldova) do 2 ao 9 de maio. Temática: Mozos europeos con valores comúns.
• Yaroslav (Rusia) do 13 ao 20 de maio. Temática: Etnias minoritarias.
• Wakayama (Xapón) do 28 de maio ao 5 de xuño. Temática: Os valores orientais.
• Vezprem (Hungría) do 1 ao 8 de xullo. Temática: Pros e contras da globalización.
• Iguaçú (Arxentina) do 1 ao 24 de agosto. Temática: A preservación da selva na triple fronteira.
• Yeveran (Armenia) do 14 ao 21 de setembro. Temática: O emprego e a globalización.

As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net

Bolsas do Goberno Chinés para Universitarios e Titulados Superiores

Se es universitario ou titulado superior debes saber que o Ministerio de Educación da República Popular China convoca o seu concurso anual para o ano académico 2011-2012, con motivo da concesión de 12 bolsas totais e 3 bolsas parciais para cidadáns españois

Os solicitantes poden encontrar as informacións das universidades e centros docentes chineses que aceptan bolseiros estranxeiros na seguinte páxina de web:

http://en.csc.edu.cn/Lianhua/Default.aspx?cid=279


Requisitos: Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de licenciatura ou superior. O prazo de presentación de solicitudes de bolsa e ata o 10 de abril de 2011. En xullo comunicarase a concesión de bolsas na páxina web da embaixada.


Información: Sr.Wang Zhiwei
Oficina de Asuntos Educativos
Embaixada de la República Popular China en España
Dirección: C/Matías Turrión 28, 1B. 28043 Madrid
Telf : 913 88 39 88 Fax: 917 59 92 92
Correo electrónico: embajadachinaeducacion1@hotmail.com
Páxina web: http://www.embajadachina.es/esp/

3 feb 2011

Bolsas de estudos para bacharelato internacional

A Fundación Barrié dota con 45.000 euros unha bolsa para cursar estudos equivalentes ao 2º de Bacharelato nalgún dos colexios do mundo unido. As bases da convocatoria xeral e os impresos de solicitude poden descargarse na web da Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido, Praza das Salesas, 2-1º 28004 Madrid. Tel./Fax: 91 702 2424; correo electrónico: cmu@colegiosmundounido.es

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro de 2011 www.colegiosmundounido.es

13 sept 2010

Mergúllate en San Simón


Este programa de actividades consiste en cursos de iniciación ao mergullo sen bombona, a desenvolver durante dous días, coincidentes coa fin de semana, durante o período de outono do ano 2010, para xente moza de 18 a 35 anos.
Só tes que facer a reserva a través do teléfono, a partir do día 7 de setembro do 2010, nos seguintes números de teléfono, en horario das 9:00 ás 14:00 h de luns a venres:
981 545937 – 981 541689- 981 541688 e 981 545822
A cota de inscrición será de 100 €. Os/as posuidores/as do Carné Xove pagarán 75 €
Número de prazas: 20 persoas por grupo cada fin de semana.
Duración da actividade: Dous días (12 horas). Entrada o venres pola tarde e saída o domingo pola mañá.
Cobertura de actividades:
- Aloxamento en réxime de pensión completa e en cuarto de uso múltiple.
- Transporte no ámbito da actividade
- Actividade con monitores-guía e material para o seu desenvolvemento
Datas:
Grupo 1: 17, 18 e 19 de setembro.
Grupo 2: 10, 11 e 12 de outubro.
Grupo 3: 15, 16 e 17 de outubro.
Máis información en http://www.xuventude.net/

16 ago 2010

Coñece Europa




Coñece Europa a través de programas destinados únicamente á mocidade. Ben sexas asociado/a, como voluntario/a ou como estudante en prácticas, Europa está ao teu alcance, tan só tes que escoller a actividade que máis che interese!

Programa Galego de Mobilidade: Xuventude no Mundo, que se desenvolverá en 7 países diferentes.
O programa vai destinado a mozos e mozas galegos/as que teñan entre 18 e 30 anos, permite aos seus participantes coñecer ao longo dunha semana o país elixido e os seus medios de vida, diferentes aos que habitualmente están acostumados.
Os países que se ofertan son Italia, Francia, Grecia, Hungría, Romanía, Bulgaria e Portugal. En total, son nove programas a elixir en sete países. As prazas suman nesta edición 119 prazas

Programas e axudas para mozos emprendedores
A 'Guía de programas e axudas da Unión Europea para moz@s emprendedores' está incluída no proxecto 'Espazo Xuvenil'. A través desta publicación, o que se pretende é informar da oferta de programas e axudas que dende a Unión Europea se ofrece para toda a mocidade.


Mais información

http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html

12 ago 2010

VIAXETECA NA CASA DA MOCIDADE

Seguro que aínda estás pensando onde viaxar este verán…

Non sabes onde atopar toda a información clara e de forma cómoda???
Visita a nosa Viaxeteca!!!
Con un espazo cómodo para consulta.
Temos toda a información que precises.
Vén a Casa da Mocidade
O noso horario é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

3 ago 2010

Navegacións para o verán. Asociación Juan de Lángara

A Asociación Juan de Lángara participará en dúas das regatas da Sail Training International. Se tes entre 16 e 25 anos e queres compartir unha aventura inolvidable, enrólate.
Data: constará de 6 etapas do 16 de xullo ao 3 de setembro
Informacion
Asociación Juan de Lángara
MARINAUTICO
Peirao Arcebispo Gelmírez s/n - 15001 A Coruña
navegar@langara.org
www.langara.org

11 may 2010

Xornada Unha Europa para tí.

Universitarios e universitarias que queirades ver e aprender de outras culturas europeas non perdades de acudir a Xornada Unha Europa para ti ahí poderedes coñecer todos os programas europeos de mobilidade.
Lugar e data: 12 de maio de 2010.
Salón de Graos, Facultade de Dereito Campus de Elviña, A Coruña.
Máis información:

18 abr 2010

O CAMIÑO INGLÉS





O Camiño Inglés de peregrinación discorría entre os portos do Golfo Ártabro e Santiago, presentando varias rotas alternativas, entre elas o chamado "Camiño de Faro". Debe o nome ao seu punto de partida, o antigo arciprestado de Faro, que abranguía, fundamentalmente, os actuais concellos de A Coruña, Culleredo e Arteixo. Percorre a distancia entre A Coruña e Santiago polas terras do interior: Culleredo, Cambre, Carral, Val de Barcia, Hospital de Bruma, Poulo, Sigüeiro e Santiago.
Os principais portos de procedencia de peregrinos eran os situados no sur de Inglaterra, Irlanda e a costa occidental francesa; desde alí a travesía duraba arredor duns cinco días. Sen dúbida, foi esta unha razón de peso para que moitos escollesen esta opción, fronte á longa peregrinación terrestre, que como pouco requiría cinco ou seis meses.

A estratéxica situación atlántica propiciou a escala de barcos que navegaban entre o norte de Europa e o Mediterráneo, como as expedicións de cruzados que en varias ocasións fixeron porto na Coruña, desde onde se desprazaban a Santiago para encomendárense ao Apóstolo antes de proseguiren a súa rota. Entre elas destaca a que chegou á Coruña en 1217, composta por 350 navíos de cruzados alemáns, frisóns, noruegueses e flamengos. Ademais, a garantía da protección real aos barcos fomentou o desenvolvemento das relacións comerciais co Atlántico norte, e en definitiva con Europa.

No século XII aparece con forza na documentación o chamado Burgo de Faro, seguramente xa existente nos séculos IX e X. Importante núcleo urbano (tense dito que, a mediados do século XII, só as cidades episcopais, Allariz e o Burgo eran os únicos enclaves urbanos de Galicia), nel asentáronse os templarios, coa súa bailía de Faro, señores da metade do Burgo de Faro, a Catedral de Santiago, que señoreaba a outra metade, e o mosteiro de Sobrado, con moitas posesións en rendas, tanto do Burgo como do seu porto, que construiría os muíños de Acea de Ama, aínda existentes.


Ao Burgo de Faro chegaban barcos con mercadorías e peregrinos do norte de Europa. Foi moi protexido polos monarcas Afonso VII e Fernando II, así como polos Condes de Traba.
No século XII documéntase no Burgo a existencia da confraría de San Miguel, que agrupaba aos alfaiates.
A fundación da Coruña, a comezos do XIII, marcaría o comezo do declive do Burgo de Faro, aínda que os templarios seguírono potenciando ata a desaparición da Orde, en 1312.
O TRAZADO DO CAMIÑO INGLÉS EN CULLEREDO É O SEGUINTE:


Entra no municipio, procedente da Coruña, pola Avda. Miguel González Garcés, xirando, á esquerda, pola rúa Río de Quintas. Continúa por Eduardo Blanco Amor e enlaza con Jorge Guillén. Cruza a Avda. de Fonteculler no paso de peóns que dá ao colexio "A Ponte Pasaxe". Intérnase pola rúa Miramar e, ao chegar á urbanización "A Ría", baixa á dereita ata dar no Paseo Marítimo. Discorre polo Paseo Marítimo ao longo do carril-bici, e camiño empedrado paralelo, ata a ponte do Burgo.

Sube, á dereita, ata a igrexa de Santiago do Burgo, cruzando no paso de peón da Avda. da Coruña para seguir pola rúa Colina e Pablo Picasso ata a Avda. de Galicia.
Xira á esquerda por esta avenida e, na fonte dos Pelamios, sube pola rúa dos Pelamios, rúa de San Xiao (pasando fronte á igrexa de Almeiras), rúa da Choeira e rúa das Catas.

Colle logo, á esquerda, pola rúa Arcebispo Xelmírez, bordeando o castro de Alvedro, baixando pola cara sur do castro (norte do polígono industrial de Alvedro) ata a Avda. de Alvedro (N-550). Baixa paralelo á Avda. de Alvedro por un camiño de terra (provisional mentres non se acaben as obras do Parque Empresarial, e sinalizado con vallas), e, no lindeiro sur do polígono, torce á esquerda e cruza o río Valiñas pola ponte medieval da Xira para internarse no Concello de Cambre.

24 mar 2010

VIAXETECA




TEMPO PARA TI

SE VAS VIAXAR NON TE PERDAS!
Rompedoiros de cabeza para organizar a túa viaxe?

A VIAXETECA axudarache a que todo sexa máis doado. Dende a Casa da Mocidade recollemos toda a información para organizar a túa viaxe. Seguro que che resultará interesante: percorridos, mapas, guías de viaxe, revistas...

E para non te perderes polo mundo, na viaxeteca atoparás a información que necesitas. Poderás aclarar as túas dúbidas, pescudar e levarte a información á casa.

QUE AGARDAS? VEN XA!

LEVA AS GUÍAS DA VIAXETECA Á CASA!!!


Novo servizo de préstamos de guías !!!

NA CASA DA MOCIDADE
Alfonso VII 1
O Burgo – Culleredo
981654588
659908869
cipax@culleredo.org

De luns a vernes, de 11 h a 14:00 h.
e de 17:00 h. a 21:30 h

Na Viaxeteca tedes á vosa disposición guías que a través do servizo de autoconsulta, axudaranvos a preparar as vosas viaxes. Podedes consultar guías das principais cidades europeas, das comunidades, provincias e cidades españolas.
Tamén dispoñemos de follas informativas, así como de mapas, folletos e aloxamentos (enviados polas Oficinas de Informacion e turismo)