Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





26 abr 2010

Oferta formativa da Escola de Tempo Libre TEMPUS do mes de abril de 2010

Curso de Iniciación á Lingua de Signos. Impartirao Iria Márquez Covelo, intérprete de gran prestixio na Comarca de Ferrol.
Realizaranse dúas quendas de 30 horas cada un: un deles impartirase en dous fins de semana e o outro en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres. Aquelas persoas que superen este primeiro nivel, poderán acceder ao nivel intermedio que se impartirá en setembro deste ano.
- Obradoiro de Svarowsky e abelorios. Taller de 10 horas de duración que se impartirá o domingo 25 de abril en horario de mañá e tarde para aprender a realizar pezas de bixutería con abelorios e cristais de svarowsky.
- Obradoiro de Coiro. Taller de iniciación ao traballo con coiro, de 20 horas de duración. Realizarase os martes e xoves, de 16:00 a 18:30. Aprenderase a realizar pulseiras con diferentes tipos de trenzado, pequenas pezas como carteiras, moedeiros, fundas de lentes, pitilleras, llaveros, fundas de axendas, ... así como unha peza máis elaborada como traballo de fin de curso
como un pequeno bolso ou unha bombonera.
Á finalización de todos os cursos expedirase un diploma acreditativo co nome do curso e as horas realizadas.
Para calquera dúbida ou para ampliar a información, poden chamar aos teléfonos 881 933 797 ó 657 926 913.
Aquelas persoas que teñan o carné xove terán un 5% de desconto no prezo de cada curso.
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/escolasdetempolibre

No hay comentarios:

Publicar un comentario