Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta AUTONOMÍA PERSOAL E VIVENDA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta AUTONOMÍA PERSOAL E VIVENDA. Mostrar todas las entradas

24 may 2011

CURSO: RECURSOS AUTNÓMICOS DE GALICIA EN MATERIA DE XUVENTUDE

"NON TE QUEDES ATRÁS!!! Adiántate a todas as vantaxes que podes ter en diferentes eidos e ónde atopalas

CÁNDO: xoves 23 de xuño de 12:00h a 14:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso Vii, nº1 O Burgo Culleredo

Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: CULLEREDO MOCIDADE

TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN

"AQUEL QUE TEÑA A PALABRA COMO UNHA ARMA SERÁ O MÁIS FORTE, SÓ HAI QUE SABER COMO UTILIZALA"

CÁNDO: xoves 14 de xullo de 17:00h a 19:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII, nº1, O Burgo Culleredo. Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR?: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis: animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: Culleredo Mocidade

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL

43% DE PARO XUVENIL
non crees que precisas ferramentas para buscar e atopar emprego?:
- Habilidades: para as entrevistas, as chamadas...
- Técnicas: para planificar a busca, para facer o currículum, as cartas de presentación...
- FERRAMENTAS PARA MANTER O EMPREGO
O Obradoiro realizarase o 16 de xuño de 17:00h a 19:00h na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII nº1 o Burgo Culleredo
Para máis información podes consultar:
zona.moza@culleredo.org
http://zonamoza.blogspot.com
www.culleredo.org

6 abr 2011

IV FEIRA EUROPEA DE EMPREGO “A CHAVE DO TEU FUTURO”

ÓNDE?: no Campus de Elviña A Coruña
CÁNDO?: 11-12 de abril de 2011
Máis información: www.feiraeuropeadeemprego.eu
A INSCRIPCIÓN é GRATUÍTA

8 feb 2011

Plan Renove de equipos de iluminación interior:

O obxectivo deste plan é mellorar a eficiencia enerxética, a través da renovación de instalacións existentes, de equipamentos de iluminación interior por outras máis eficientes, reducindo así o consumo de enerxía.

Considéranse actuacións elixibles:

- A substitución de luminarias, lámpadas ou reactancias existentes por luminarias de maior rendemento, lámpadas de maior eficiencia e reactancias electrónicas regulables, sempre e cando permitan reducir a potencia instalada en iluminación, polo menos, nun 30%.

- A instalación de sistemas de control por presenza e regulación do nivel de iluminación segundo o aporte de luz natural, axustándose ás necesidades do usuario sempre e cando permitan conseguir un aforro enerxético de, polo menos, un 20%, anual respecto a instalacións en control ou regulación.

- O investimento mínimo para que a actuación sexa elixible deberá ser de 500 €.
A contía máxima de subvención será o 25% do custo elixible da nova instalación de luminación.

O plan rematará o día 30 de xullo de 2011.
Máis información en www.inega.es

4 feb 2011

Axudas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero:

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:

a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.

b) Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.

c) Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia..

d) Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2011.

Máis información en http://igualdade.xunta.es

11 nov 2010

XORNADA DE EMANCIPACIÓN E INFORMACIÓN XUVENIL

ORGANIZA: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE e VOLUNTARIADO
DATA: 25 novembro 2010
LUGAR: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid. Santiago de Compostela
PERSOAS DESTINATARIAS: informador@s xuvenís, asociacións xuvenís, universitarios e estudantes principalmente de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social e maxisterio.
LUGAR e PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 11 de novembro na páx.: www.xuventude.net "xornada de emancipación e información xuvenil"
Certificado de asistencia expedido pola EGAP

2 ago 2010

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Requisitos:
 Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
 Residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
 Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.
 Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda con anterioridade.
Data:
Ata o 31-10-2010.
Informacion
Consellería de Presidencia.
Secretaría Xeral da Igualdade
Edificio Adminsitrativo de Monelos. A Coruña.

Publicación:
DOG: 31-03-2010

11 may 2010

Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia.

Se estás interesado/a en mercar ou alugar unha vivenda protexida, apúntate no rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia.
Se estás inscrito no rexistro antes do 22 de xaneiro do 2010 deberás actualizar os datos da túa inscrición antes do 22 de maio nas oficinas do IGVS da túa provincia.
Máis información :