Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSOS. Mostrar todas las entradas

24 may 2011

CURSO: RECURSOS AUTNÓMICOS DE GALICIA EN MATERIA DE XUVENTUDE

"NON TE QUEDES ATRÁS!!! Adiántate a todas as vantaxes que podes ter en diferentes eidos e ónde atopalas

CÁNDO: xoves 23 de xuño de 12:00h a 14:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso Vii, nº1 O Burgo Culleredo

Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: CULLEREDO MOCIDADE

TÉCNICAS DE ORATORIA E COMUNICACIÓN

"AQUEL QUE TEÑA A PALABRA COMO UNHA ARMA SERÁ O MÁIS FORTE, SÓ HAI QUE SABER COMO UTILIZALA"

CÁNDO: xoves 14 de xullo de 17:00h a 19:00h

ÓNDE: na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII, nº1, O Burgo Culleredo. Tf: 981654588

QUÉN PODE ACUDIR?: mozos e mozas menores de 30 anos e ademáis: animadores/as xuvenís, técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local, asociacións xuvenís e en xeral todos aqueles colectivos e profesionais interesados na xuventude

ORGANIZA: Culleredo Mocidade

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL

43% DE PARO XUVENIL
non crees que precisas ferramentas para buscar e atopar emprego?:
- Habilidades: para as entrevistas, as chamadas...
- Técnicas: para planificar a busca, para facer o currículum, as cartas de presentación...
- FERRAMENTAS PARA MANTER O EMPREGO
O Obradoiro realizarase o 16 de xuño de 17:00h a 19:00h na casa da mocidade sita na rúa Alfonso VII nº1 o Burgo Culleredo
Para máis información podes consultar:
zona.moza@culleredo.org
http://zonamoza.blogspot.com
www.culleredo.org

3 may 2011

Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas

•Entidade: Dirección Xeral de Xuventude. Xunta de Galicia
• Modalidad: En liña
• Data límite de inscrición: 05-maio-11
• Data inicio: 07-maio-11
• Data fin: 25-xuño-11
• Descrición:
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o curso de organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas dirixido a mozos de entre 18 a 30 años que non sexan persoal ao servizo das administracións públicas.
Modalidade: a distancia
Horas: 110
Prazas: 20
Máis información:
Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia.
Teléfono: 881 99 76 07 (de 15 a 20 horas).

6 abr 2011

IV FEIRA EUROPEA DE EMPREGO “A CHAVE DO TEU FUTURO”

ÓNDE?: no Campus de Elviña A Coruña
CÁNDO?: 11-12 de abril de 2011
Máis información: www.feiraeuropeadeemprego.eu
A INSCRIPCIÓN é GRATUÍTA

24 feb 2011

Cursos actuación para socorristas

Se o teu é o socorrismo, atende! Dirixido a socorristas titulados, servizos de emerxencias e publico en xeral. Ofrécese:

- Actualización de novos protocolos de actuacións de RCP.
- Actualización en manobras de soporte vital básico e primeiros auxilios.
Os lugares elixidos son A Coruña, Pontevedra, Carballo e Ribeira.
E as datas son:

- Pontevedra 26/02/2011
- Carballo 26/03/2011
- Ribeira 09/04/2011
- A Coruña (por determinar)

A duración será de 8 horas.
Prezo: se tes licenza federativa, 50 €; se non tes licenza federativa, 70 €.

Mais información na Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (rúa Hábitat nº8 baixo izq 15172 Perillo-A Coruña. Teléfono: 981977120

11 feb 2011

LET´S GO INTERNATIONAL COURSES 2011

CURSOS DE VERÁN EN INGLATERRA E ESTADOS UNIDOS

QUEN PODE PARTICIPAR?
Mozos/as de idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos

ONDE PODO INFORMARME?
Na páxina web : www.letsgonet.com ou ben no Tlf.: 93 368 73 75 (de 10:00 a 20:00 h, de luns a venres)

9 feb 2011

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR

ANO 2011
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: DO 28 DE FEBREIRO AO 11 DE MARZO
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR: DO 24 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO
ONDE SE PRESENTA A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO?
PRESENTARASE POR DUPLICADO NA SECRETARÍA DE CALQUERA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OU CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ONDE SE IMPARTAN CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
DATAS DOS EXAMES
PARA OS CICLOS DE GRAO MEDIO: O 3 DE XUÑO DE 2011
PARA OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR: O 2 DE ABRIL DE 2011

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG DO 20 DE XANEIRO DE 2011 E EN www.edu.xunta.es/fp

3 feb 2011

Curso presencial de formación actoral de teatro de rúa

Se o teu é o teatro debes saber que a Escola de Tempo Libre “Paspallás” vai realizar un curso gratuíto de 25 horas de duración de formación actoral de teatro na rúa.

Comezo: Venres 21

Prazas: 15

Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 h.

Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ata o mércores 26, ás 20.00 h.

O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa é dar unha formación básica de técnica teatral de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia pola historia da cidade. Desenvolverase a formación de actores, o deseño dramatúrxico e dirección de escena, para construír, sobre improvisacións propostas polos candidatos, os personaxes que guiarán aos turistas polo barrio histórico de Vigo. Personaxes como redeiras, cesteiros, latoeiros, conserveiras, salgadoras, tecelas..., estarán presentes ao longo deste percorrido histórico, introducindo aos espectadores nun espazo temporal que levará ao recordo. Impartiranse nocións básicas de interpretación, técnica vocal, mecanismos teatrais no teatro de rúa e seguirase o proceso de creación de cada un dos personaxes propostos polos participantes, traballando especialmente, a caracterización corporal e vocal, a creación dramatúrxica, e os mecanismos rítmicos asociados ao personaxe.

Cursos de galego gratuítos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, de forma gratuíta, cursos de lingua galega para preparar as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2011. Convócanse un total de 140 cursos.

Dirixidos aos seguintes destinatarios:

a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos.

Os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.

Prazo: a data límite de entrega de solicitudes será o 28 de febreiro de 2011, tanto para os particulares que desexen participar nos cursos programados directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como para os colectivos, entidades e asociacións que organicen cursos.

Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2011 e en www.xunta.es/linguagalega

24 nov 2010

SEMINARIO FORMATIVO "PROXECTO DESIGUALDADES"



PARA PARTICIPAR DE MANEIRA VOLUNTARIA
COMO MONITOR/A DO PROXECTO
26 de novembro, de 17.00h a 20.00h
27 de novembro ,de 10.00h a 14.00h e de 15.00h a 19.00h
Casa de Mocidade ( O Burgo )
Inscrición de balde Tel 692 178 960 (Rosa López)

18 nov 2010

Curso de Formación no Voluntariado 2010





Luns 22 de novembro de 16.00h a 18.00h



Oficina Municipal de Voluntariado

Rúa Alfonso VII (O Burgo) 981 654 588

Inscrición de balde

11 nov 2010

XORNADA DE EMANCIPACIÓN E INFORMACIÓN XUVENIL

ORGANIZA: DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE e VOLUNTARIADO
DATA: 25 novembro 2010
LUGAR: Escola Galega de Administración Pública. Rúa Madrid. Santiago de Compostela
PERSOAS DESTINATARIAS: informador@s xuvenís, asociacións xuvenís, universitarios e estudantes principalmente de socioloxía, pedagoxía, psicoloxía, educación social, traballo social e maxisterio.
LUGAR e PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 11 de novembro na páx.: www.xuventude.net "xornada de emancipación e información xuvenil"
Certificado de asistencia expedido pola EGAP

Novidades na zona moza





18 jun 2010

Cursos de veran 2010

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o os seguintes cursos,
Curso de formación en emancipación xuvenil e orientación laboral
Curso de formación en estudos sobre a xuventude, metodoloxía para a produción e análise de datos
Curso de formación en modelos teóricos para a compresión da mocidade.
Curso da temporalidade na xuventude:lecer, tempo libre, consumo e condutas de risco
Dirixido a:
Dirixidos ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, así como titulados universitarios en pedagoxía, psicoloxía, socioloxía, educación social, traballo social, maxisterio e Formación profesional en TASOC.
información:
www.xuventude.net

Curso de monitor de tempo libre

A Escola de Tempo libre Aldebarán organiza un curso de monitor de tempo libre
Data:
do 1 de xullo e o 9 de agosto de 2010
De luns a venres de 9:00 a 15:00 horas
Prezo:
250 euros.
Informacion
Escola de Tempo Libre Aldebarán
Rúa Ramón María Aller 10-12.
15010 A Coruña
Tlf. 981 270 168 / 981 270 163
centro@tomasbarros.com

Xornadas anuais de cooperación.

VI Xornadas anuais de cooperación. A cooperación galega perante a crise económica e os desastres naturais.
Destinatarios:
Administracións galegas.
Data:
Venres 25 de xuño, de 10 a 15 horas.
Informacion
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
http://www.fondogalego.org
info@igadi.org
Tel./Fax: 986 357 238

1 jun 2010

Curso multimedia de chinés

Este proxecto, denominado "CHIESECOM Competencias en chino - elemental - como medio para mellorar a competitividade das empresas no marco da Unión Europea , está financiado pola Unión Europea dentro do marco dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) - Actividade Clave 2 - Proxectos Multilaterais.

información
http://www.chinesecom.eu/

Cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas oficiais de idiomas.

Cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia. Os cursos impartiranse en dúas quendas: a primeira comezará en febreiro/marzo de 2010 e a segunda en outubro de 2010, en horario de mañá

Información:
consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Publicación:
DOG: 03-02-2010

Cursos en Ciberalia

Obra Social Caixa Galicia organiza novos cursos sobre novas tecnoloxías no seu centro Ciberalia da Coruña durante os meses de maio a xullo de 2010. Con esta programación achegamos as novas tecnoloxías á poboación en xeral e axudamos a reducir a brecha.

Cursos:
- Achégate ao mundo da informática.
- Achégate a internet.
- Curso de Microsoft Access.
- Curso de Excel.
- Taller de Powerpoint. Taller de Microsoft Word.
- Taller de Blog.
- Taller de Retoque Dixital. Curso de Deseño Web. Apúntate! Prazas limitadas.

Información:
Ciberalia
Avda. Finisterre, 109 - baixo
981 279 323 - ciberalia@caixagalicia.es
http://www.obrasocialcaixagalicia.org