Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





12 abr 2010

Axudas a universitarios para ir a congresos, simposios ou seminarios

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia no curso 2009/2010, destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados pola asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2010.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de abril de 2010.
Máis información no DOG do 30 de marzo de 2010 e en www.edu.xunta.es
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario