Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES DA ZONA MOZA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES DA ZONA MOZA. Mostrar todas las entradas

19 abr 2011

Obradoiro de iniciación "gravación edición e management"





Máis información na casa da mocidade de O Burgo 981.654588 ou por e-mail en zona.moza@culleredo.org

23 sept 2010

ACTIVIDADES OUTUBRO














Máis información na casa da mocidade de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30 ou no 981.65.45.88

23 ago 2010


O vindeiro xoves, 26 de agosto dende as 10.00h durante as 24 horas celebrarase na polideportiva ao aire libre, da parroquia de Castelo a Festa “E TI QUE DIS?” xunto co “Castelo music. Festival 2010.
Para que este proxecto sexa posible traballan conxuntamente a Asociación Castelo Deporte, unha das entidades sen ánimo de lucro que dirixen as súas actividades á mocidade e a Concellaría de Mocidade e Voluntariado deste Concello, que colabora de xeito activo no proxecto ETIQUEDIS, aportando ideas, materiais, traballo e moitas gañas.
ETIQUEDIS é unha festa feita por todos a través do proxecto que se desenvolveu dende o pasado mes de decembro onde por medio de enquisas e formularios que a asociación Castelo Deporte levou a cabo, recolléronse as inquedanzas da mocidade e serviron de base para o deseño desta festa.

Deste xeito, as actividades do evento están divididas en nove espazos: Espazo urbán, de lecer, espazo virtual, espazo de son , de deporte, espazo solidario, lounche, multimedia e espazo informativo. Nestes espazos agrúpanse as actividades que se desenvolverán durtante as 24 horas; actividadades “de mocidade para a mocidade” segundo o lema que respira esta festa e no que a “zona moza” da Concellaría de Mocidade e Voluntariado estará presente.
E da mesma maneira, a través da votación pola rede foron escollidos os grupos que participarán no Castelo Music Festival 2010: DJ Piñas & Ramón Gz., Strabismo, Hugo Torreiro, Maedi Visna, Marxe Eskerda e DJ Álvaro González entre outros. A duración do festival foi a que a mocidade a través da rede pedía: será o máximo que se ofrecía, oito horas, co que se comezará ás 21.00 horas para rematar ás 05.00 horas, logo haberá, tamén como a xente solicitou, unha chocolatada e bebidas máis baratas Para os que queiran durmir haberá acampada e almorzo de balde

16 ago 2010

Saída ao Aquapark de Cerceda


Vai rematar o verán e aínda non fuches ao Aquapark???
Esta é a túa oportunidade!!
O vindeiro 23 de agosto imos todos a Cerceda!!
Se tes entre 12 e 30 anos
corre a apuntarte na Casa da Mocidade do Burgo.
O horario da Casa para anotarse é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

12 ago 2010

VIAXETECA NA CASA DA MOCIDADE

Seguro que aínda estás pensando onde viaxar este verán…

Non sabes onde atopar toda a información clara e de forma cómoda???
Visita a nosa Viaxeteca!!!
Con un espazo cómodo para consulta.
Temos toda a información que precises.
Vén a Casa da Mocidade
O noso horario é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

5 ago 2010

Estás canso de xogar á Playstation ou á Wii ti só ???


Temos a solución!!!
Vén á nosa sala de audivisuais e xoga cos teus amigos/as.
Podémoste axudar a montar un campionato!!!
De Pro, de Fifa, de Singstart…
Trae os teus xogos e nós poñemos o resto.
Tamén dispoñemos dalgúns xogos aos que poderás xogar

Vén á Casa da Mocidade
O noso horario é de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30h

2 ago 2010

TI PODES VIR, EU SON




Quén pode ter o carné da Zona Moza?

Todos os mozos e mozas residentes no Concello de Culleredo que teñan entre 12 e 30 anos.

Para que sirve o carné da Zona Moza?

Para ter acceso e uso das instalacións ou actividades da Casa da Mocidade tanto dentro dela como en calquera dos Espazos Mozos promovidos desde ela en distintos puntos do concello .
Próximamente tamén permitirá acceder a outra serie de vantaxes en comercios e servizos de Culleredo.

Cómo se pode obter o carné da zona Moza?

Só tes que te achegar á Casa da Mocidade e cumprimentar a solicitude , firmar o teu compromiso de respetar o regulamento interno da Casa e presentar unha documentación básica identificativa:
- Fotocopia do DNI
- Foto Tamaño DNI
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Fotocopia dos informes médicos imprescindibles si o rapaz ou rapaza ten algún padecemento que deba ser obxecto de precaucións especiais por parte do persoal
- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor/a no caso de menores de idade
No caso dos menores de idade o regulamento terá que ser asinado polo mozo ou moza e polo pai/nai/ titor legal en proba de coñecemento da utilización dos distintos servizos de mocidade polo seu fillo ou filla .
Todos os datos persoais que se aportan así como as imaxes que se deriven das participación nas distintas actividades da Zona Moza serán protexidos pola lei Orgánica 15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD).

15 jul 2010

CIBER -aula


CIBER aula

Na CASA DA MOCIDADE

NON TES CONEXIÓN NA TÚA CASA?

SÍNTESTE DESCONECTADO???

CONÉCTATE NO NOSO CIBER!!!


Este espazo da Casa da Mocidade está destinado no modo de “acceso libre” a todos os rapaces e rapazas do Concello de Culleredo en idades comprendidas entre os 14 e 30 anos.
Tamén, de maneira puntual, a determinadas actividades con monitoraxe, poderán ter acceso rapaces entre os 12 e 14 anos.

Está equipado con varios ordenadores con conexión a internet de banda ancha.

Do mesmo xeito, en todas as salas da Casa hai conexión Wi-Fi, así que tamén podes traer o teu portátil.
Só precisas ser soci@ da Zona Moza, e para ver como obtelo simplemente pincha no carné da portada do blog

Carné e ciber son de balde!!!

HORARIO

MAÑÁ: 11:00 A 14:00 h

TARDE: 17:00 A 21:00 h

13 jul 2010

OBRADOIRO DE COCIÑA

NON SABES FRITIR NIN UN OVO???

GUSTARÍACHE VALERTE POR TI MESMO???

Tes entre 12 e 30 anos???

Apúntate xa no Obradoiro de Cociña e vida independente!!!
Deixaras alucinada á túa xente con toda clase de pratos!!!
Todos os venres de 17:30 a 20:00 na cociña da Escada.
Anótate na Casa da Mocidade (O Burgo)
De luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00.

ESPERÁMOSTE!!!

8 jul 2010

RECORDA QUE NA CASA DA MOCIDADE…

Podes participar en moitas actividades!!!

Este verán, non te aburras e ven a:

- Taller de vídeos musicais: os mércores de 18:30 a 20:00
- Teatro mozo: os martes de 18:30 a 20:00
- Zona de Baile-Batuka: os xoves de 17:30 a 19:00
- Obradoiro de cociña: 0s venres de 17:30 a 20:00

NON O PODES PERDER!!!
TODO MOI PRETO DE TI!!!

NA CASA DA MOCIDADE DO BURGO!!!

25 may 2010

30 abr 2010

E si non estou asociado e quero participar?


Ademais destes espazos mais formais de participación a través das entidades xuvenís hai outros canles de participación individual ou grupal se estas interesado@ en participar e achegar novas ideas que fagan que o concello sexa algo voso:

- Os foros xuvenís nos centros escolares e centros sociais
- Os buzóns de suxestións na Casa da Mocidade e en todos os edificios municipais
- O blog da ZONA MOZA e as redes sociais
- O mail zona.moza@culleredo.org
- A web do concello http://www.culleredo.es/
- A Rede de SMX ou mensaxeiros da ZONA MOZA nos centros escolares e outras entidades do concello