Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





20 abr 2010

Bolsas FARO de prácticas para estudantes universitarios

O programa de bolsas FARO Global promove a mobilidade de estudantes de últimos cursos de todas as universidades españolas mediante a realización de prácticas formativas de calidade en empresas radicadas en Europa, Asia, Estados Unidos e Canadá. O obxectivo último do programa é facilitar a súa inserción profesional mediante a mellora das súas competencias, aptitudes e actitudes.
Para o estudante constitúe un primeiro contacto coa realidade profesional do seu sector nun contexto internacional, o que lle permite adquirir novos coñecementos e habilidades. Para a empresa supón contar cun colaborador cualificado potenciando dese modo a súa relación con outros mercados.
PRAZO
As bolsas concédense de forma continua durante a vixencia do programa, sendo o 31 de Decembro de 2010 a data límite de finalización e regreso do último bolseiro. A duración media de cada bolsa é de 7 meses.
Este programa está financiado polo Ministerio de Educación, sendo a Fundación Xeral da Universidade de Valladolid a entidade que o promove e xestiona a nivel nacional.
Información:www.becasfaro.es/home.php

Máis Información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino/bolsaseaxudas

No hay comentarios:

Publicar un comentario