Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





Mostrando entradas con la etiqueta ESTUDOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ESTUDOS. Mostrar todas las entradas

3 jun 2011

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

CURSO ESCOLAR 2011/2012

A Xunta de Galicia convoca axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado, no curso escolar 2011/2012, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, en 1.º, 2.º, 5.º e 6.º de educación primaria, 1.º e 3.º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

As axudas serán solicitadas polos pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado. Por cada alumno ou alumna só se concederá unha axuda.

Para máis información:

(DOG nº 104 , Martes 31 de Maio de 2011.)

24 feb 2011

Probas para obter certificados de lingua galega

Se non tes un certificado do teu nivel de galego, agora preséntase a túa oportunidade. A Secretaría de Política Lingüística convoca probas para a obtención do CELGA 1, 2 ,3 , e 4 no ano 2011.

Realizaranse dúas convocatorias en diferentes datas:

1º cxonvocatoria de xuño; para Galicia e resto do Estado Español:

- Celga 4: 18 de xuño de 2011.
- Celga 2: 19 de xuño de 2011.
- Celga 3: 25 de xuño de 2011.
- Celga 1: 26 de xuño de 2011.

2º convocatoria de outubro; só para América sendo destinatarios persoas maiores de 16 anos cumpridos antes do 2011 tanto nacionais como estranxeiros:

- Celga 4: 6 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 2: 6 de outubro de 2011, pola tarde.
- Celga 3: 7 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 1: 7 de outubro de 2011, pola tarde.


En Galicia as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo; na solicitude debes marcar en que lugar vas facer as probas.
En Europa: Alemaña (Berlín, Heidelberg, Kiel, Tubinga e Leipzig), Francia (París), Irlanda (Cork), Italia (Roma e Padua), Polonia (Varsovia), Portugal (Braga, Faro e Lisboa), Reino Unido (Bangor, Birmingham e Oxford), Croacia (Zadar).
En América: Arxentina (Bos Aires), Brasil (Rio de Xaneiro, Salvador de Baía e Sao Paulo), Chile (Santiago de Chile).

O prezo para Galicia e Europa será de 15,61 € , mentres que para América será de 5,61€.

O prazo de inscrición: para a convocatoria de xuño de 2011 en Galicia, Estado Español e Europa, ata o 29 de abril de 2011 inclusive. Mentres que para a convocatoria de outubro de 2011 en América será ata o 30 de xuño de 2011 inclusive.

www.xunta.es/linguagalega

11 feb 2011

LET´S GO INTERNATIONAL COURSES 2011

CURSOS DE VERÁN EN INGLATERRA E ESTADOS UNIDOS

QUEN PODE PARTICIPAR?
Mozos/as de idades comprendidas entre os 14 e os 20 anos

ONDE PODO INFORMARME?
Na páxina web : www.letsgonet.com ou ben no Tlf.: 93 368 73 75 (de 10:00 a 20:00 h, de luns a venres)

9 feb 2011

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO MEDIO e SUPERIOR

Accédese directamente á formación profesional de grao medio estando en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao medio aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007)
• Título de técnico ou de técnico auxiliar.
• Segundo curso de Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
• Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
• Das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.
• Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.



No caso de que non se posúa algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administraciós educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao medio requerirase ter, como mínimo, dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao medio quedando exentos da proba aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
Accédese directamente á formación profesional de grao superior estando en posesión do título de bacharel.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao superior aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulaciós ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007):
• Segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato Experimental.
• Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
• Técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
• Titulación universitaria ou equivalente.

No caso de non posuír algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administracións educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requerirase ter, como mínimo, dezanove anos cumpridos no ano de realización da proba ou dezaoito se se acredita estar en posesión dun título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos da proba a aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

CONVALIDACIÓNS E EQUIVALENCIAS
O modelo de Formación Profesional constitúese nunha formación capaz de acoller a calquera alumno/a sexa cal sexa o seu punto de partida, fomentando a formación ao longo da vida
Por isto, e co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer ben a formación adquirida con anterioridade por vías formais baixo plans de estudo do antigo ou do vixente sistema educativo, ben as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías de formación non formais.
Estes procedementos quedan establecidos mediante as equivalencias, convalidacións e acreditacións correspondentes.
A equivalencia é o recoñecemento de que un título (ou un conxunto de estudos superados pola persoa interesada) ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais que outro, se ben non dá dereito ao interesado á obtención do título co que se establece a equivalencia.
A convalidación consiste na confirmación de que unha formación a cursar está superada cunha formación achegada e superada polo persoa interesadaa, sempre co obxecto de continuar estudos no sistema educativo español.
A acreditación realízase con respecto ás competencias profesionais que se adquiriron. Aqueles alumnos/as que non superen na súa totalidade as ensinanzas dun dos ciclos formativos recibirán un certificado académico dos módulos superados que terá efectos de acreditación parcial acumulable.
Igualmente, estase a traballar nun procedemento que permita acreditar a calquera cidadán as súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou por vías non formais de formación.
PROBAS LIBRES
As probas para a obtención dos títulos de Formación Profesional do sistema educativo ofértanse como unha vía alternativa para obter as titulacións de técnico ou técnico superior sen necesidade de cursar as ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e grao superior.
As administraciós educativas das distintas comunidades autónomas son as responsables de organizar e convocar, polo menos unha vez ao ano, estas probas.
As convocatorias das mesmas incluirán os centros docentes públicos designados para a celebración destas probas, así como o período de matriculación e as datas de realización.
A avaliación realizarase por módulos profesionais e os contidos das probas referiranse aos currículos dos ciclos formativos vixentes.
Para poder presentarse a estas probas, os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

Para o título de técnico
• Ter dezaoito anos como mínimo.
• Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente para efectos académicos.

Para o título de Técnico Superior
• Ter como mínimo vinte anos ou dezanove anos se o aspirante xa posúe o título de técnico.
• Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente para efectos académicos.
As persoas aspirantes a estas probas poden solicitar as respectivas convalidacións de módulos profesionais achegando estudos con validez académica.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E DE GRAO SUPERIOR

ANO 2011
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO: DO 28 DE FEBREIRO AO 11 DE MARZO
• PRAZO PARA OS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR: DO 24 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO
ONDE SE PRESENTA A SOLICITUDE DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS DE ACCESO?
PRESENTARASE POR DUPLICADO NA SECRETARÍA DE CALQUERA INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OU CENTRO INTEGRADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL ONDE SE IMPARTAN CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
DATAS DOS EXAMES
PARA OS CICLOS DE GRAO MEDIO: O 3 DE XUÑO DE 2011
PARA OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR: O 2 DE ABRIL DE 2011

MÁIS INFORMACIÓN NO DOG DO 20 DE XANEIRO DE 2011 E EN www.edu.xunta.es/fp

4 feb 2011

Bolsas do Goberno Chinés para Universitarios e Titulados Superiores

Se es universitario ou titulado superior debes saber que o Ministerio de Educación da República Popular China convoca o seu concurso anual para o ano académico 2011-2012, con motivo da concesión de 12 bolsas totais e 3 bolsas parciais para cidadáns españois

Os solicitantes poden encontrar as informacións das universidades e centros docentes chineses que aceptan bolseiros estranxeiros na seguinte páxina de web:

http://en.csc.edu.cn/Lianhua/Default.aspx?cid=279


Requisitos: Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de licenciatura ou superior. O prazo de presentación de solicitudes de bolsa e ata o 10 de abril de 2011. En xullo comunicarase a concesión de bolsas na páxina web da embaixada.


Información: Sr.Wang Zhiwei
Oficina de Asuntos Educativos
Embaixada de la República Popular China en España
Dirección: C/Matías Turrión 28, 1B. 28043 Madrid
Telf : 913 88 39 88 Fax: 917 59 92 92
Correo electrónico: embajadachinaeducacion1@hotmail.com
Páxina web: http://www.embajadachina.es/esp/

3 feb 2011

Bolsas de estudos para bacharelato internacional

A Fundación Barrié dota con 45.000 euros unha bolsa para cursar estudos equivalentes ao 2º de Bacharelato nalgún dos colexios do mundo unido. As bases da convocatoria xeral e os impresos de solicitude poden descargarse na web da Fundación Comité Español dos Colexios do Mundo Unido, Praza das Salesas, 2-1º 28004 Madrid. Tel./Fax: 91 702 2424; correo electrónico: cmu@colegiosmundounido.es

O prazo de presentación de solicitudes remata o 18 de febreiro de 2011 www.colegiosmundounido.es

22 oct 2010

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2009-2010
1. Poderase conceder un máximo de 19 premios extraordinarios.
2. Cada premio estará dotado con 1.000 €, con cargo á partida orzamentaria 09.04.423A.480.1 cunha dotación global de 19.000 €.

Máis información no DOG do 1 de outubro de 2010 e en
http://www.edu.xunta.es/premiosbac

Bolsas High School en Estados Unidos


CONVOCA: Fundación Amancio Ortega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza
DESTINATARI@S: alumnnado que desexe cursar un ano académico nun instituto de ensino público, "High School", de Estados Unidos.

Requisitos:
1. Ser alumn@ de 4º de ESO nun Centro de Ensino en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 1 de outubro ao 15 de novembro de 2010.
Máis información en www.becashighschool.org

2 ago 2010

Premios Injuve para teses doutorais 2010

O Instituto da Mocidade convoca, un ano máis, os "Premios Injuve para teses doutorais", co obxectivo de premiar os traballos das teses doutorais que, versando sobre calquera tema relacionado coa mocidade, realicen estudantes universitarios.
Organizada por:
Instituto da Mocidade
Data de inscrición:
ata o 17 de agosto de 2010
Dotación:
1ºpremio: 6.000 euros
Dous accésit: 4.000 € cada un
Información:
Ministerio de Igualdade
Insituto da Mocidade
http://www.injuve.mtas.es
Publicación:
B.O.E. 08/07/2010

Prácticas HAC LUCE, programa Leonardo da Vinci.

A Universidade da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña convoca 95 estadías de prácticas, para titulados recentes da UDC en empresas de Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Polonia e Bulgaria, dentro do programa Leonardo da Vinci "Prácticas HAC LUCE".
Requisitos:
 Ser titulado da UDC.
 Ter coñecementos de inglés e/ou do idioma do país seleccionado.
 Non ser beneficiaria/o do programa Leonardo da Vinci con anterioridade.

Enlace:
www.udc.es/saee
Data:
Para a 1ª resolución: ata o 15 de maio. Para a 2ª resolución: do 1 ao 30 de xuño. Para a 3ª resolución: do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2010
información:
Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego dos Universitarios
Centro universitario de Riazor R/ Almirante Lángara, s/n15011- A Coruña
Tel.: 981 167 000 ext. 4382

Axudas destinadas ao financiamento dos xuros de préstamos concedidos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 ao alumnado univer

O obxectivo e facilitar ao alumnado universitario galego créditos bancarios a baixos xuros para o financiamento dos seus estudos
Requisitos:
Procederá a concesión destas axudas a aqueles alumnos universitarios que foron beneficiarios dos préstamos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 e que se matriculen no próximo curso 2010/2011 nos mesmos estudos para os cales se lles concedeu o crédito
Data:
Ata o 15 setembro do 2010
publicación:
DOG 07-07-2010

Bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso 2010-2011, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, ensinos artísticos, ensinos deportivos, estudos de idiomas, programas de pualificación profesional Inicial
Data:
Do 5 de xullo ao 30 de setembro de 2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
información:
Teléfono.: 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Bolsas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso académico 2010-2011 para estudantes de ensinanzas universitarias

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos universitario.

Requisitos:
• Xerais: non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título académico do mesmo ou superior nivel que o dos estudos para os que se solicita a bolsa.
• Académicos: segundo un baremo sobre as notas.
• Económicos: que os ingresos, tanto en concepto de renda, como de patrimonio, obtidos pola unidade familiar non superen uns límites.
Data:
Do 5 de xullo ao 15 de outubro de 2010, ambos os dous incluídos, aínda que non coincida co prazo de matrícula

Enlace:
http://www.educacion.es/becas2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
máis información:
tel. 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes dependentes da Consellería do Mar.

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol para o curso académico 2010-2011
Requisitos:

Poderán ser beneficiarios das prazas de aloxamento e manutención todos os alumnos que durante o curso académico 2010/2011, realicen os seguintes estudos:
a) Marítimo-Pesqueiros.
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros.
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.
Prazos:
1. Os alumnos/as que inicien ou promocionen dentro dun mesmo ciclo só terán que realizar a reserva de praza, ante a secretaría do centro con anterioridade ao 15 de outubro de 2010.
2. Os alumnos/as que soliciten praza para os estudos deberán cubrir o impreso oficial dispoñible no centro, e presentalo 15 días antes do inicio do curso a que opta.

Información:
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol
Publicación:
DOG: 21-07-2010

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros.

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros, durante o curso académico 2009-2010, dependentes da Consellería do Mar.
Requisitos:
Os estudos para os que se poderán solicitar axudas no curso académico 2009/2010, son os seguintes:
1. Marítimo-pesqueiros:
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
2. Náutico-pesqueiros:
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente e patrón local de pesca.
Data:
prazo ata 22-08-2010.
Información:
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Coruña
Tfno.: 981 182 000
Publicación:
DOG: 21-07-2010

7 jul 2010

Ensinanzas Deportivas en Galicia

Convócanse probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2010-2011 (DOG do 2 de xullo de 2010).
1. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en Educación Secundaria e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en Educación Secundaria deberá ter 17 anos e superar a proba de madurez, ademais da correspondente proba específica.
c) A proba de madurez poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Requisitos de acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madurea, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
c) A proba de madurez poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
O prazo para inscribirse nas probas estará aberto ata o día 31 de xullo de 2010.
Máis información no DOG do 2 de xullo e en www.edu.xunta.es/ea
Máis información: http://www.xuventude.net/web/xuventude/ensino

1 jul 2010

Probas para a obtención dos certificados de lingua galega.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4 para o ano 2010. 3 convocatorias: Convocatoria de maio para Galicia, Convocatoria de outubro para América e Convocatoria de novembro para Galicia, España e Europa,
información
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Gabinete Provincial
Edificio Administrativo de Monelos

Enlace:
http://www.xunta.es/linguagalega/

Publicación:
DOG: 08-02-2010

Probas de selección para gardas particulares do campo e as súas especialidades.

Prazo de inscrición nas probas: Convocatoria 2010/11: até o 02 de marzo de 2010. Convocatoria 2010/2012: do 1 ao 15 de setembro de 2010.

información
Servizo de Protección e Seguridade. Dirección Xeral da policía e da Garda Civil.
C/ de Guzmán o Bo, 110
28003. MADRID.
Publicación:
BOE do 15 de febreiro de 2010