Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





23 ago 2010


O vindeiro xoves, 26 de agosto dende as 10.00h durante as 24 horas celebrarase na polideportiva ao aire libre, da parroquia de Castelo a Festa “E TI QUE DIS?” xunto co “Castelo music. Festival 2010.
Para que este proxecto sexa posible traballan conxuntamente a Asociación Castelo Deporte, unha das entidades sen ánimo de lucro que dirixen as súas actividades á mocidade e a Concellaría de Mocidade e Voluntariado deste Concello, que colabora de xeito activo no proxecto ETIQUEDIS, aportando ideas, materiais, traballo e moitas gañas.
ETIQUEDIS é unha festa feita por todos a través do proxecto que se desenvolveu dende o pasado mes de decembro onde por medio de enquisas e formularios que a asociación Castelo Deporte levou a cabo, recolléronse as inquedanzas da mocidade e serviron de base para o deseño desta festa.

Deste xeito, as actividades do evento están divididas en nove espazos: Espazo urbán, de lecer, espazo virtual, espazo de son , de deporte, espazo solidario, lounche, multimedia e espazo informativo. Nestes espazos agrúpanse as actividades que se desenvolverán durtante as 24 horas; actividadades “de mocidade para a mocidade” segundo o lema que respira esta festa e no que a “zona moza” da Concellaría de Mocidade e Voluntariado estará presente.
E da mesma maneira, a través da votación pola rede foron escollidos os grupos que participarán no Castelo Music Festival 2010: DJ Piñas & Ramón Gz., Strabismo, Hugo Torreiro, Maedi Visna, Marxe Eskerda e DJ Álvaro González entre outros. A duración do festival foi a que a mocidade a través da rede pedía: será o máximo que se ofrecía, oito horas, co que se comezará ás 21.00 horas para rematar ás 05.00 horas, logo haberá, tamén como a xente solicitou, unha chocolatada e bebidas máis baratas Para os que queiran durmir haberá acampada e almorzo de balde

16 ago 2010

Saída ao Aquapark de Cerceda


Vai rematar o verán e aínda non fuches ao Aquapark???
Esta é a túa oportunidade!!
O vindeiro 23 de agosto imos todos a Cerceda!!
Se tes entre 12 e 30 anos
corre a apuntarte na Casa da Mocidade do Burgo.
O horario da Casa para anotarse é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

Coñece Europa




Coñece Europa a través de programas destinados únicamente á mocidade. Ben sexas asociado/a, como voluntario/a ou como estudante en prácticas, Europa está ao teu alcance, tan só tes que escoller a actividade que máis che interese!

Programa Galego de Mobilidade: Xuventude no Mundo, que se desenvolverá en 7 países diferentes.
O programa vai destinado a mozos e mozas galegos/as que teñan entre 18 e 30 anos, permite aos seus participantes coñecer ao longo dunha semana o país elixido e os seus medios de vida, diferentes aos que habitualmente están acostumados.
Os países que se ofertan son Italia, Francia, Grecia, Hungría, Romanía, Bulgaria e Portugal. En total, son nove programas a elixir en sete países. As prazas suman nesta edición 119 prazas

Programas e axudas para mozos emprendedores
A 'Guía de programas e axudas da Unión Europea para moz@s emprendedores' está incluída no proxecto 'Espazo Xuvenil'. A través desta publicación, o que se pretende é informar da oferta de programas e axudas que dende a Unión Europea se ofrece para toda a mocidade.


Mais información

http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html

12 ago 2010

VIAXETECA NA CASA DA MOCIDADE

Seguro que aínda estás pensando onde viaxar este verán…

Non sabes onde atopar toda a información clara e de forma cómoda???
Visita a nosa Viaxeteca!!!
Con un espazo cómodo para consulta.
Temos toda a información que precises.
Vén a Casa da Mocidade
O noso horario é de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00h

5 ago 2010

Estás canso de xogar á Playstation ou á Wii ti só ???


Temos a solución!!!
Vén á nosa sala de audivisuais e xoga cos teus amigos/as.
Podémoste axudar a montar un campionato!!!
De Pro, de Fifa, de Singstart…
Trae os teus xogos e nós poñemos o resto.
Tamén dispoñemos dalgúns xogos aos que poderás xogar

Vén á Casa da Mocidade
O noso horario é de luns a venres de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30h

3 ago 2010

Navegacións para o verán. Asociación Juan de Lángara

A Asociación Juan de Lángara participará en dúas das regatas da Sail Training International. Se tes entre 16 e 25 anos e queres compartir unha aventura inolvidable, enrólate.
Data: constará de 6 etapas do 16 de xullo ao 3 de setembro
Informacion
Asociación Juan de Lángara
MARINAUTICO
Peirao Arcebispo Gelmírez s/n - 15001 A Coruña
navegar@langara.org
www.langara.org

Voluntariado de activación lingüística

O programa está deseñado para fomentar a participación social e práctica da lingua galega e favorecer o intercambio cultural
Requisitos:
Persoas que queren apostar polo desenvolvemento do galego como lingua de comunicación e persoas que están dispostas a aprender e pór en marcha as estratexias para a práctica da lingua galega.
Informacion
http://www.valingua.org

Persoas voluntarias para o Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles


O Programa de Control e Prevención de Enfermidades Transmisibles para o colectivo inmigrante, en colaboración coa Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, leva once anos dando información sanitaria, sensibilizando e acompañando pacientes, tanto para acudir a citas sanitarias, como para xestións administrativas e garantindo un seguimento aos usuarios en tratamento
Duración:
Actividade puntual (unhas horas semanais)
Data:
Inscrición: durante todo o ano
Organizada por:
Ecos do Sur
Requisitos:
Buscamos a persoas que traballan no campo sanitario (enfermeir@s, matronas, medic@s) con experiencia, que poidan realizar a proba, e medir o resultado da mesma; cabe destacar a importancia da colaboración con persoal sanitario que poida aclarar calquera dúbida que o usuario/paciente poida ter.
Enlace:
http://www.ecosdosur.org/

2 ago 2010

TI PODES VIR, EU SON




Quén pode ter o carné da Zona Moza?

Todos os mozos e mozas residentes no Concello de Culleredo que teñan entre 12 e 30 anos.

Para que sirve o carné da Zona Moza?

Para ter acceso e uso das instalacións ou actividades da Casa da Mocidade tanto dentro dela como en calquera dos Espazos Mozos promovidos desde ela en distintos puntos do concello .
Próximamente tamén permitirá acceder a outra serie de vantaxes en comercios e servizos de Culleredo.

Cómo se pode obter o carné da zona Moza?

Só tes que te achegar á Casa da Mocidade e cumprimentar a solicitude , firmar o teu compromiso de respetar o regulamento interno da Casa e presentar unha documentación básica identificativa:
- Fotocopia do DNI
- Foto Tamaño DNI
- Fotocopia tarxeta sanitaria
- Fotocopia dos informes médicos imprescindibles si o rapaz ou rapaza ten algún padecemento que deba ser obxecto de precaucións especiais por parte do persoal
- Fotocopia do DNI do pai/nai ou titor/a no caso de menores de idade
No caso dos menores de idade o regulamento terá que ser asinado polo mozo ou moza e polo pai/nai/ titor legal en proba de coñecemento da utilización dos distintos servizos de mocidade polo seu fillo ou filla .
Todos os datos persoais que se aportan así como as imaxes que se deriven das participación nas distintas actividades da Zona Moza serán protexidos pola lei Orgánica 15/1999, de 3 de decembro de Protección de Datos de carácter persoal (LOPD).

Certame Galego de Creadores Novos 2010

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, moda, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, deseño de xoias e monólogos

A quen vai dirixido?

Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade.
Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010
Data de inscrición:
ata o 31 de agosto de 2010

27º Certame de Pintura Concello de Cambre

Certame convocado polo Concello de Cambre.
Data de inscrición:
Do 13 De setembro o 30 De setembro, ambos os dous incluídos
Dotación:
1º premio: 8.000,00 euros
2º premio: 4.000,00 euros
Dous accésit
Información:
Biblioteca Municipal Central
r/ Samosteiro, núm. 4-B, 15660 CAMBRE (A Coruña).
Tels.: 695 107 351 – 981 613 193
info@certamepinturacambre.org
www.cambre.org

Premios Injuve para teses doutorais 2010

O Instituto da Mocidade convoca, un ano máis, os "Premios Injuve para teses doutorais", co obxectivo de premiar os traballos das teses doutorais que, versando sobre calquera tema relacionado coa mocidade, realicen estudantes universitarios.
Organizada por:
Instituto da Mocidade
Data de inscrición:
ata o 17 de agosto de 2010
Dotación:
1ºpremio: 6.000 euros
Dous accésit: 4.000 € cada un
Información:
Ministerio de Igualdade
Insituto da Mocidade
http://www.injuve.mtas.es
Publicación:
B.O.E. 08/07/2010

Xuventude Crea 2010. Teatro

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro.
Requisitos:
 Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos. En calquera caso, tanto os integrantes da dirección como o do equipo técnico non se verán afectados polo disposto no artigo 3º.1. desta disposición.
 As representacións serán en lingua galega.
 As obras poderán ser de autores ou autoras galegos, españois ou estranxeiros.
 Poderán presentarse obras orixinais.
 A duración da representación de cada obra non poderá exceder dunha hora e trinta minutos.
 A comisión poderá seleccionar para a fase final ata un máximo de seis grupos que serán os que representen as obras ante esta, no lugar e na data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que asumirá os gastos orixinados polas representacións por un importe máximo de 650 € por grupo.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Artes plásticas

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea nas especialidades de artes plásticas
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais,con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 Establécense as seguintes modalidades: pintura, escultura e fotografía.
 Para a exposición a comisión seleccionará as obras que acaden a maior calidade artística, que se exhibirán no lugar e na data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
 As obras presentadas serán orixinais.
 O tema e as técnicas serán libres.
 As pinturas deberán levar marco ou bastidor.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Moda

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de moda
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais,con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 As coleccións deben ser orixinais.
 Xunto coa documentación obrigatoria, e no mesmo sobre, os participantes presentarán:
-Unha colección coherente de cinco modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm × 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
-Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.
 Unha comisión seleccionará para a fase final dez participantes que confeccionarán a colección de cinco modelos obrigatorios.
 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado asumirá os gastos derivados da confección dos modelos por un importe máximo de 1.000 euros para cada un dos dez seleccionados.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Cada un dos tres premiados terá un premio complementario de 3.000 € para a súa formación no ámbito téxtil.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Música

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de música.
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
 Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
 Xunto coa documentación obrigatoria, e no mesmo sobre, os participantes presentarán:
-Maqueta en CD debidamente identificada, co pseudónimo e título, e gravada polos compoñentes inscritos, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección, e unha duración máxima de dez minutos. Valorarase positivamente a utilización do galego, e en calquera caso un dos temas deberá ser en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.
 Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Os gañadores farán dúas actuacións
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Relato Breve

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de relato breve.

Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
 O tema será libre.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Poesía

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de poesía

Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 A temática será libre, con textos en galego.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Videocreación

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de videocreación
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 A duración de cada obra non poderá exceder os 12 minutos.
 A realización das obras debe ser posterior ao 1 de xaneiro de 2009
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Banda deseñada

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade banda deseñada
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 A temática será libre, con textos en galego.
 A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Graffiti

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidades graffiti.
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010
 As obras serán orixinais, inéditas, e de ter texto, este estará en galego.
 O tema e a técnica serán libres.
 Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de tres membros.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Carteis

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de carteis
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 Os textos deben ser orixinais, inéditos e escritos en galego.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Deseño de xoias

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de deseño de xoias
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 O tema será libre.
 A colección debe ser orixinal e estará composta por tres xoias.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Xuventude Crea 2010. Monólogos

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades de monólogos.
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais,con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 Os textos dos monólogos deben ser orixinais, inéditos e escritos en galego.
 O tema será libre.
Data de inscrición:
ata o 31 de agosto de 2010
Dotación
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
O gañador fará dúas actuacións
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Requisitos:
 Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
 Residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
 Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou seren estes de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor.
 Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibisen esta axuda con anterioridade.
Data:
Ata o 31-10-2010.
Informacion
Consellería de Presidencia.
Secretaría Xeral da Igualdade
Edificio Adminsitrativo de Monelos. A Coruña.

Publicación:
DOG: 31-03-2010

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista, teña dificultades

O obxecto desta orde é regular o procedemento de concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico e arquitecto técnico, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos
Data:
Ata o 30 de outubro de 2010
Publicación:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
DOG 23-04-2010

Axudas de convocatoria aberta e permanente para actividades de cooperación e axuda ao desenvolvemento, correspondentes ao ano 2010

O obxecto das axudas é financiar proxectos ou actividades de iniciativa particular en materia de cooperación ao desenvolvemento, como poden ser a promoción económica e social, cultural, técnica, científica, profesional, asistencial, de sensibilización e difusión da cooperación internacional para o desenvolvemento, que poderán realizarse tanto en España como no estranxeiro. A finalidadade das subvencións é contribuír ao crecemento e ao progreso dos países en vías de desenvolvemento.
Data:
Ata o 07-09-2010
información:
AECID
Avda. Reyes Católicos, 4
28040 Madrid
http://www.aecid.es
Publicación:
BOE 30-04-2010

Prácticas HAC LUCE, programa Leonardo da Vinci.

A Universidade da Coruña en colaboración coa Deputación da Coruña convoca 95 estadías de prácticas, para titulados recentes da UDC en empresas de Alemaña, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Polonia e Bulgaria, dentro do programa Leonardo da Vinci "Prácticas HAC LUCE".
Requisitos:
 Ser titulado da UDC.
 Ter coñecementos de inglés e/ou do idioma do país seleccionado.
 Non ser beneficiaria/o do programa Leonardo da Vinci con anterioridade.

Enlace:
www.udc.es/saee
Data:
Para a 1ª resolución: ata o 15 de maio. Para a 2ª resolución: do 1 ao 30 de xuño. Para a 3ª resolución: do 1 de xuño ao 31 de outubro de 2010
información:
Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego dos Universitarios
Centro universitario de Riazor R/ Almirante Lángara, s/n15011- A Coruña
Tel.: 981 167 000 ext. 4382

Axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas para a FCT:
Modalidade A: Alumnado matriculado no último curso de ciclos formativos de grao medio e superior de FP, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e PCPI e que realice a FCT dentro do territorio español.
Modalidade B: Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de FP ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.
Data:
1º prazo: ata o 13-06-2010. 2º prazo: do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2010.

Informacion
Departamento Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Edif. Servicios Múltiples, 7ª R/ Salvador de Madaria, s/n 15008 A Coruña
Tel.: 981 18 47 01 http://www.edu.xunta.es/fp
Publicación:
DOG do 13 de maio de 2010.

Bolsas de estudos Capacitas

A Fundación Universia convoca 46 bolsas para persoas con discapacidade. As bolsas son de 3 tipos: de acceso, de progreso e de mobilidade.
Os formularios de solicitude poderanse obter nas oficinas de atención a estudantes con discapacidade ou descargarse na páxina www.fundacionuniversia.net

Requisitos:
Estudantes que estean matriculados ou estean en condicións de matricularse, por primeira vez, en ensinanzas oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo incluiranse as ensinanzas de plans de estudo antigos. As solicitudes serán unipersoais e só se admitirá unha solicitude por persoa.
Datas
 As solicitudes para as bolsas de mobilidade deberán ser presentadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010 ás 19.00.
 As solicitudes para as demais bolsas poderán ser remitidas entre o 15 de xuño e o 15 de novembro de 2010 ás 19.00.
Informacion
Fundación Universia
Avda. Cantabria s/n Edificio Arrecife, planta 00
28660 Boadilla del Monte (Madrid)
Teléfonos: 91 289 51 26/ 91 289 57 47 (Horario de luns a xoves de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00)
http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdade/bolsas/detalleProgramas-797.html
Publicación:
BOE: 02-06-2010

Axudas destinadas ao financiamento dos xuros de préstamos concedidos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 ao alumnado univer

O obxectivo e facilitar ao alumnado universitario galego créditos bancarios a baixos xuros para o financiamento dos seus estudos
Requisitos:
Procederá a concesión destas axudas a aqueles alumnos universitarios que foron beneficiarios dos préstamos nas convocatorias dos cursos académicos 2008-2009 ou 2009-2010 e que se matriculen no próximo curso 2010/2011 nos mesmos estudos para os cales se lles concedeu o crédito
Data:
Ata o 15 setembro do 2010
publicación:
DOG 07-07-2010

Bolsas e axudas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso 2010-2011, para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos posteriores ao ensino obrigatorio: Bacharelato, Formación Profesional, ensinos artísticos, ensinos deportivos, estudos de idiomas, programas de pualificación profesional Inicial
Data:
Do 5 de xullo ao 30 de setembro de 2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
información:
Teléfono.: 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Bolsas ao estudo de carácter xeral e de mobilidade, para o curso académico 2010-2011 para estudantes de ensinanzas universitarias

O Ministerio de Educación abriu o prazo de solicitude de bolsas para o curso 2010-2011 correspondentes aos estudos universitario.

Requisitos:
• Xerais: non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para obter un título académico do mesmo ou superior nivel que o dos estudos para os que se solicita a bolsa.
• Académicos: segundo un baremo sobre as notas.
• Económicos: que os ingresos, tanto en concepto de renda, como de patrimonio, obtidos pola unidade familiar non superen uns límites.
Data:
Do 5 de xullo ao 15 de outubro de 2010, ambos os dous incluídos, aínda que non coincida co prazo de matrícula

Enlace:
http://www.educacion.es/becas2010
publicación:
BOE do 3 de xullo de 2010.
máis información:
tel. 902 111 225 e no portal www.educacion.es/becas2010

Prazas de residencia nos centros residenciais docentes dependentes da Consellería do Mar.

Convocatoria de prazas de residencia nos centros residenciais docentes do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol para o curso académico 2010-2011
Requisitos:

Poderán ser beneficiarios das prazas de aloxamento e manutención todos os alumnos que durante o curso académico 2010/2011, realicen os seguintes estudos:
a) Marítimo-Pesqueiros.
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
b) Náutico-Pesqueiros.
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón local de pesca e mariñeiro pescador.
Prazos:
1. Os alumnos/as que inicien ou promocionen dentro dun mesmo ciclo só terán que realizar a reserva de praza, ante a secretaría do centro con anterioridade ao 15 de outubro de 2010.
2. Os alumnos/as que soliciten praza para os estudos deberán cubrir o impreso oficial dispoñible no centro, e presentalo 15 días antes do inicio do curso a que opta.

Información:
Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol
Publicación:
DOG: 21-07-2010

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros.

Axudas para estudos náutico e marítimo-pesqueiros, durante o curso académico 2009-2010, dependentes da Consellería do Mar.
Requisitos:
Os estudos para os que se poderán solicitar axudas no curso académico 2009/2010, son os seguintes:
1. Marítimo-pesqueiros:
-Ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica da familia profesional marítimo-pesqueira.
2. Náutico-pesqueiros:
-Capitán de pesca, patrón costeiro polivalente e patrón local de pesca.
Data:
prazo ata 22-08-2010.
Información:
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Coruña
Tfno.: 981 182 000
Publicación:
DOG: 21-07-2010

Subvencións a entidades para programas de acollida a poboación inmigrante e retornada a Galicia.

A Consellería de Presidencia convoca subvencións a entidades sen ánimo de lucro para desenvolver programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada en Galicia.
Data:
prazo ata 24-08-2010.
Información:
Secretaría Xeral da Emigración:
http://www.galiciaaberta.com/

Publicación:
DOG: 23-07-2010