Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





4 feb 2011

Xuventude polo mundo

Se che gusta viaxar, comeza a terceira edición do programa de mobilidade “A xuventude polo mundo” ao que poderán asistir 10 mozos e mozas galegos de entre 18 e 30 anos de idade. Valo perder?

Neste intercambio usarase a fotografía e os medios audiovisuais como ferramenta para a difusión de actividades xuvenís.
Nesta terceira edición a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta un total de 140 prazas en 14 intercambios con destino a 12 países, onde se abordarán diferentes temáticas de traballo:

• Rimini (Italia) do 21 ao 28 de febreiro. Temática: A fotografía como medio de difusión das actividades xuvenís.
• Hungría (Holloko) do 2 ao 9 de marzo. Temática: O patrimonio cultural e natural de Hungría.
• Cartaxena (Colombia) do 16 ao 23 de marzo Temática: Incidencia da cultura na formación da xuventude.
• Noyan (Francia) do 21 ao 28 de marzo. Temática: Patrimonio, cultura e historia dos pobos .
• Ceska Trebova (Chequia) do 25 de marzo ao 1 de abril. Temática: Diversidade cultural.
• Santa Cruz (Chile) do 28 de marzo ao 4 de abril. Temática: Cultura, tradicións e costumes do campo chileno.
• Brolo (Italia) do 1 ao 8 de abril. Temática: Valor da cultura no futuro.
• Figueira da Foz (Portugal) do 9 ao 16 de abril. Temática: Estratexias de participación no combate contra a exclusión social.
• Chisinau (Moldova) do 2 ao 9 de maio. Temática: Mozos europeos con valores comúns.
• Yaroslav (Rusia) do 13 ao 20 de maio. Temática: Etnias minoritarias.
• Wakayama (Xapón) do 28 de maio ao 5 de xuño. Temática: Os valores orientais.
• Vezprem (Hungría) do 1 ao 8 de xullo. Temática: Pros e contras da globalización.
• Iguaçú (Arxentina) do 1 ao 24 de agosto. Temática: A preservación da selva na triple fronteira.
• Yeveran (Armenia) do 14 ao 21 de setembro. Temática: O emprego e a globalización.

As prazas teñen un custo que varía entre os 250 euros e os 1.000 euros e serán adxudicadas por orde de inscrición, que se fará mediante o correo electrónico a través do apartado programas europeos da web www.xuventude.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario