Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 feb 2011

Probas para obter certificados de lingua galega

Se non tes un certificado do teu nivel de galego, agora preséntase a túa oportunidade. A Secretaría de Política Lingüística convoca probas para a obtención do CELGA 1, 2 ,3 , e 4 no ano 2011.

Realizaranse dúas convocatorias en diferentes datas:

1º cxonvocatoria de xuño; para Galicia e resto do Estado Español:

- Celga 4: 18 de xuño de 2011.
- Celga 2: 19 de xuño de 2011.
- Celga 3: 25 de xuño de 2011.
- Celga 1: 26 de xuño de 2011.

2º convocatoria de outubro; só para América sendo destinatarios persoas maiores de 16 anos cumpridos antes do 2011 tanto nacionais como estranxeiros:

- Celga 4: 6 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 2: 6 de outubro de 2011, pola tarde.
- Celga 3: 7 de outubro de 2011, pola mañá.
- Celga 1: 7 de outubro de 2011, pola tarde.


En Galicia as probas realizaranse nas seguintes localidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo; na solicitude debes marcar en que lugar vas facer as probas.
En Europa: Alemaña (Berlín, Heidelberg, Kiel, Tubinga e Leipzig), Francia (París), Irlanda (Cork), Italia (Roma e Padua), Polonia (Varsovia), Portugal (Braga, Faro e Lisboa), Reino Unido (Bangor, Birmingham e Oxford), Croacia (Zadar).
En América: Arxentina (Bos Aires), Brasil (Rio de Xaneiro, Salvador de Baía e Sao Paulo), Chile (Santiago de Chile).

O prezo para Galicia e Europa será de 15,61 € , mentres que para América será de 5,61€.

O prazo de inscrición: para a convocatoria de xuño de 2011 en Galicia, Estado Español e Europa, ata o 29 de abril de 2011 inclusive. Mentres que para a convocatoria de outubro de 2011 en América será ata o 30 de xuño de 2011 inclusive.

www.xunta.es/linguagalega

No hay comentarios:

Publicar un comentario