Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





24 feb 2011

Programa Noites Saudables para a Mocidade

Se tes entre 18 e 35 anos e resides na Comunidade Autónoma de Galicia, non podes perder a oportunidade de vivir o programa Noites Saudables para a Mocidade.

Este programa ten por finalidade que poidas gozar do termalismo e o ocio, con máis xente da túa idade, con estancias de fins de semana durante o mes de marzo (agás a fin de semana do 18 ao 20 de marzo) e as fins de semana do 1 ao 3 e do 8 ao 10 de abril, incluíndo dúas noites de estancia (venres e sábado) nun cuarto dobre en réxime de media pensión (dereito a cea) con dous tratamentos específicos, un o sábado e outro o domingo.

Haberá 500 prazas dispoñibles a repartir, entre oito establecementos de concellos galegos, durante 5 fins de semana. Debes saber que os tratamentos e estancias son un 50% máis baratos que se vas por libre.

Os prazos de inscrición comezan o día 14 de febreiro, tendo que chamar por teléfono para a reserva aos números 981 545822, 981541689, 981545937 e 981545702.

De luns a venres en horario de 09:00 a 14:30 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario