Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





3 feb 2011

Subvencións a asociacións para equipamento e a mellora de locais

A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións destinadas á mellora dos locais das asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro. Poderán gozar destas subvencións as asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro, que teñan sede en Galicia, para o seu equipamento e mellora, sempre que realicen actividades culturais de promoción da cultura galega e desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.

Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades:

a) Fundacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

b) Asociacións con local en propiedade: acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario.

c) Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos: poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.

Prazo: ata o 25 de febreiro de 2011.

Máis información en http://culturaeturismo.xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario