Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





3 feb 2011

Cursos de galego gratuítos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca, de forma gratuíta, cursos de lingua galega para preparar as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2011. Convócanse un total de 140 cursos.

Dirixidos aos seguintes destinatarios:

a) Particulares que desexen participar nalgún dos cursos que figuran no anexo III desta convocatoria.
b) Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos de lingua galega e que conten cun mínimo de 20 persoas preinscritas para participar nos cursos.

Os cursos terán unha duración de 75 horas lectivas en sesións de dúas horas ou de dúas horas e media cada día.

Prazo: a data límite de entrega de solicitudes será o 28 de febreiro de 2011, tanto para os particulares que desexen participar nos cursos programados directamente pola Secretaría Xeral de Política Lingüística como para os colectivos, entidades e asociacións que organicen cursos.

Máis información no DOG do 19 de xaneiro de 2011 e en www.xunta.es/linguagalega

No hay comentarios:

Publicar un comentario