Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





9 feb 2011

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO MEDIO e SUPERIOR

Accédese directamente á formación profesional de grao medio estando en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao medio aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulacións ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007)
• Título de técnico ou de técnico auxiliar.
• Segundo curso de Bacharelato Unificado Polivalente (BUP).
• Segundo curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias.
• Das ensinanzas de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos, terceiro curso do plan de 1963 ou segundo de comúns experimental.
• Outros estudos declarados equivalentes para efectos académicos con algún dos anteriores.



No caso de que non se posúa algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao medio anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administraciós educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao medio requerirase ter, como mínimo, dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao medio quedando exentos da proba aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

ACCESO CICLOS FORMATIVOS GRAO SUPERIOR
Accédese directamente á formación profesional de grao superior estando en posesión do título de bacharel.
Tamén poden acceder á formación profesional de grao superior aquelas persoas que estean en posesión dalgunha das seguintes titulaciós ou estudos, de acordo co regulado no Decreto 1538/2007, de 15 de decembro, polo que se establece a ordenación xeral da Formación Profesional do Sistema Educativo (B.O.E. do 3 de xaneiro 2007):
• Segundo curso de calquera modalidade de Bacharelato Experimental.
• Curso de Orientación Universitaria (COU) ou Preuniversitario (PREU).
• Técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
• Titulación universitaria ou equivalente.

No caso de non posuír algún dos requisitos de acceso a ciclos formativos de grao superior anteriormente citados, as persoas aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas administracións educativas das comunidades autónomas que, de superarse, terá validez en todo o territorio nacional.
Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requerirase ter, como mínimo, dezanove anos cumpridos no ano de realización da proba ou dezaoito se se acredita estar en posesión dun título de técnico relacionado con aquel ao que se desexa acceder.
Permítese ademais cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos da proba a aqueles aspirantes que teñan superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

CONVALIDACIÓNS E EQUIVALENCIAS
O modelo de Formación Profesional constitúese nunha formación capaz de acoller a calquera alumno/a sexa cal sexa o seu punto de partida, fomentando a formación ao longo da vida
Por isto, e co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer ben a formación adquirida con anterioridade por vías formais baixo plans de estudo do antigo ou do vixente sistema educativo, ben as competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías de formación non formais.
Estes procedementos quedan establecidos mediante as equivalencias, convalidacións e acreditacións correspondentes.
A equivalencia é o recoñecemento de que un título (ou un conxunto de estudos superados pola persoa interesada) ten os mesmos efectos académicos e/ou profesionais que outro, se ben non dá dereito ao interesado á obtención do título co que se establece a equivalencia.
A convalidación consiste na confirmación de que unha formación a cursar está superada cunha formación achegada e superada polo persoa interesadaa, sempre co obxecto de continuar estudos no sistema educativo español.
A acreditación realízase con respecto ás competencias profesionais que se adquiriron. Aqueles alumnos/as que non superen na súa totalidade as ensinanzas dun dos ciclos formativos recibirán un certificado académico dos módulos superados que terá efectos de acreditación parcial acumulable.
Igualmente, estase a traballar nun procedemento que permita acreditar a calquera cidadán as súas competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional ou por vías non formais de formación.
PROBAS LIBRES
As probas para a obtención dos títulos de Formación Profesional do sistema educativo ofértanse como unha vía alternativa para obter as titulacións de técnico ou técnico superior sen necesidade de cursar as ensinanzas de ciclos formativos de grao medio e grao superior.
As administraciós educativas das distintas comunidades autónomas son as responsables de organizar e convocar, polo menos unha vez ao ano, estas probas.
As convocatorias das mesmas incluirán os centros docentes públicos designados para a celebración destas probas, así como o período de matriculación e as datas de realización.
A avaliación realizarase por módulos profesionais e os contidos das probas referiranse aos currículos dos ciclos formativos vixentes.
Para poder presentarse a estas probas, os aspirantes deben cumprir os seguintes requisitos:

Para o título de técnico
• Ter dezaoito anos como mínimo.
• Estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obligatoria ou equivalente para efectos académicos.

Para o título de Técnico Superior
• Ter como mínimo vinte anos ou dezanove anos se o aspirante xa posúe o título de técnico.
• Estar en posesión do título de bacharel ou equivalente para efectos académicos.
As persoas aspirantes a estas probas poden solicitar as respectivas convalidacións de módulos profesionais achegando estudos con validez académica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario