Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





3 feb 2011

Curso presencial de formación actoral de teatro de rúa

Se o teu é o teatro debes saber que a Escola de Tempo Libre “Paspallás” vai realizar un curso gratuíto de 25 horas de duración de formación actoral de teatro na rúa.

Comezo: Venres 21

Prazas: 15

Lugar e horario: Centro Cívico do Casco Vello. Venres de 16.00 a 18.30 h.

Inscrición: Na AVC Casco Vello de 18.00 a 20.00. Ata o mércores 26, ás 20.00 h.

O obxectivo deste curso presencial de formación actoral de teatro de rúa é dar unha formación básica de técnica teatral de forma que desenvolvan por medio de improvisacións un personaxe do Vigo Vello, que guiará aos potenciais turistas de curta estancia pola historia da cidade. Desenvolverase a formación de actores, o deseño dramatúrxico e dirección de escena, para construír, sobre improvisacións propostas polos candidatos, os personaxes que guiarán aos turistas polo barrio histórico de Vigo. Personaxes como redeiras, cesteiros, latoeiros, conserveiras, salgadoras, tecelas..., estarán presentes ao longo deste percorrido histórico, introducindo aos espectadores nun espazo temporal que levará ao recordo. Impartiranse nocións básicas de interpretación, técnica vocal, mecanismos teatrais no teatro de rúa e seguirase o proceso de creación de cada un dos personaxes propostos polos participantes, traballando especialmente, a caracterización corporal e vocal, a creación dramatúrxica, e os mecanismos rítmicos asociados ao personaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario