Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





2 ago 2010

Xuventude Crea 2010. Teatro

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea nas especialidades de teatro.
Requisitos:
 Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre 14 e 16 anos. En calquera caso, tanto os integrantes da dirección como o do equipo técnico non se verán afectados polo disposto no artigo 3º.1. desta disposición.
 As representacións serán en lingua galega.
 As obras poderán ser de autores ou autoras galegos, españois ou estranxeiros.
 Poderán presentarse obras orixinais.
 A duración da representación de cada obra non poderá exceder dunha hora e trinta minutos.
 A comisión poderá seleccionar para a fase final ata un máximo de seis grupos que serán os que representen as obras ante esta, no lugar e na data que determine a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que asumirá os gastos orixinados polas representacións por un importe máximo de 650 € por grupo.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario