A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de música.
Requisitos:
Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010. Admitirase que ata un 25% dos compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos participantes que se presenten como solistas.
Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
Xunto coa documentación obrigatoria, e no mesmo sobre, os participantes presentarán:
-Maqueta en CD debidamente identificada, co pseudónimo e título, e gravada polos compoñentes inscritos, con dous temas, que serán os que avaliará a comisión de selección, e unha duración máxima de dez minutos. Valorarase positivamente a utilización do galego, e en calquera caso un dos temas deberá ser en galego, agás que se trate de pezas instrumentais.
Os temas serán de creación propia e nunca antes editados comercialmente.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Os gañadores farán dúas actuacións
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

No hay comentarios:
Publicar un comentario