Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





23 ago 2010


O vindeiro xoves, 26 de agosto dende as 10.00h durante as 24 horas celebrarase na polideportiva ao aire libre, da parroquia de Castelo a Festa “E TI QUE DIS?” xunto co “Castelo music. Festival 2010.
Para que este proxecto sexa posible traballan conxuntamente a Asociación Castelo Deporte, unha das entidades sen ánimo de lucro que dirixen as súas actividades á mocidade e a Concellaría de Mocidade e Voluntariado deste Concello, que colabora de xeito activo no proxecto ETIQUEDIS, aportando ideas, materiais, traballo e moitas gañas.
ETIQUEDIS é unha festa feita por todos a través do proxecto que se desenvolveu dende o pasado mes de decembro onde por medio de enquisas e formularios que a asociación Castelo Deporte levou a cabo, recolléronse as inquedanzas da mocidade e serviron de base para o deseño desta festa.

Deste xeito, as actividades do evento están divididas en nove espazos: Espazo urbán, de lecer, espazo virtual, espazo de son , de deporte, espazo solidario, lounche, multimedia e espazo informativo. Nestes espazos agrúpanse as actividades que se desenvolverán durtante as 24 horas; actividadades “de mocidade para a mocidade” segundo o lema que respira esta festa e no que a “zona moza” da Concellaría de Mocidade e Voluntariado estará presente.
E da mesma maneira, a través da votación pola rede foron escollidos os grupos que participarán no Castelo Music Festival 2010: DJ Piñas & Ramón Gz., Strabismo, Hugo Torreiro, Maedi Visna, Marxe Eskerda e DJ Álvaro González entre outros. A duración do festival foi a que a mocidade a través da rede pedía: será o máximo que se ofrecía, oito horas, co que se comezará ás 21.00 horas para rematar ás 05.00 horas, logo haberá, tamén como a xente solicitou, unha chocolatada e bebidas máis baratas Para os que queiran durmir haberá acampada e almorzo de balde

No hay comentarios:

Publicar un comentario