Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





2 ago 2010

Bolsas de estudos Capacitas

A Fundación Universia convoca 46 bolsas para persoas con discapacidade. As bolsas son de 3 tipos: de acceso, de progreso e de mobilidade.
Os formularios de solicitude poderanse obter nas oficinas de atención a estudantes con discapacidade ou descargarse na páxina www.fundacionuniversia.net

Requisitos:
Estudantes que estean matriculados ou estean en condicións de matricularse, por primeira vez, en ensinanzas oficiais de grao e de posgrao impartidas por universidades españolas e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior ao 33%. Así mesmo incluiranse as ensinanzas de plans de estudo antigos. As solicitudes serán unipersoais e só se admitirá unha solicitude por persoa.
Datas
 As solicitudes para as bolsas de mobilidade deberán ser presentadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro de 2010 ás 19.00.
 As solicitudes para as demais bolsas poderán ser remitidas entre o 15 de xuño e o 15 de novembro de 2010 ás 19.00.
Informacion
Fundación Universia
Avda. Cantabria s/n Edificio Arrecife, planta 00
28660 Boadilla del Monte (Madrid)
Teléfonos: 91 289 51 26/ 91 289 57 47 (Horario de luns a xoves de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 19.00)
http://www.fundacionuniversia.net/programas/igualdade/bolsas/detalleProgramas-797.html
Publicación:
BOE: 02-06-2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario