Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





2 ago 2010

Xuventude Crea 2010. Moda

A Dirección Xeral de Xuventude convoca o o Programa Xuventude Crea na especialidade de moda
Requisitos:
 Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais,con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2010.
 As coleccións deben ser orixinais.
 Xunto coa documentación obrigatoria, e no mesmo sobre, os participantes presentarán:
-Unha colección coherente de cinco modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm × 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
-Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.
 Unha comisión seleccionará para a fase final dez participantes que confeccionarán a colección de cinco modelos obrigatorios.
 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado asumirá os gastos derivados da confección dos modelos por un importe máximo de 1.000 euros para cada un dos dez seleccionados.
Dotación:
Un primeiro premio de 3.000 €.
Un segundo premio de 1.500 €.
Un terceiro premio de 1.000 €.
Cada un dos tres premiados terá un premio complementario de 3.000 € para a súa formación no ámbito téxtil.
Información:
http://www.xuventude.net
Publicación:
D.O.G. 15/07/2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario