Benvidos e benvidas ao blog da Zona Moza do Concello de Culleredo





22 jun 2010

Xornada de Multiaventura

O Club Xuvenil da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos organiza para o sábado 26 de xuño unha Xornada de Multiaventura.
O vindeiro 26 de xuño a partir das 11:00 e ata 20:30 horas podedes participar nunha Xornada de Multiaventura nas instalacións da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos.
Neste día podes aventurarte a ir na tirolina, pasar a ponte mono, lanzar no tiro con arco e escalar o rocódromo.
Tes de prazo de inscrición ata o 24 de xuño.
E para máis información envíalles un correo electrónico a arcostilos@arcostilos.org ou chama o teléfono 981 81 95 01.

No hay comentarios:

Publicar un comentario